venres

LETRAS GALEGAS 2018

Colocamos os carteis enviados pola Consellería nos corredores do Centro, e visitámolos por curso.  A actividade consistiu na lectura dos carteis e charla coloquio sobre o tema durante a visita a cargo das titorías.

Tamén e a  proposta do EDL e repartindo o traballo entre os “antiguos Ciclos”,  seguimos a completar o Libro de Biografías de Homenaxead@s  polas  Letras, así como unha manifestación plástica de cada un dos escollidos. Este ano, ademáis de Mª Victoria Moreno, homenaxeada no 2018, os autores cos que traballamos foron Xosé Mª Álvarez Blázquez e Eduardo Pondal.



LETRAS GALEGAS 2018 by Slidely Slideshow


Ademais proxectamos na "Hora do conto" o vídeo que fixeron os nenos e nenas de 2º de E. Primaria sobre o conto "As ás de Xenoveva", lectura que realizaran na clase durante este trimestre.
Eles mesmos fixeron os decorados, os personaxes aos que lles deron vida cos seus movementos e a súa voz.

FENOMENAL TRABALLO, CHIC@S!!!!!!




Aquí tedes unha foto do momento da presentación do seu traballo:


Ademais, en 3º, están preparando un vídeo sobre "A festa no faiado", conto escrito por Mª Victoria Moreno. Para iso traballaron co material ofrecido polo Seminario Galén, que tiñan pasado a teatro este conto tan doce de Mª Victoria.
Está a piques de rematar. Tan pronto saia do forno volo poñeremos no blog.





PROXECTO PILOTO E-LBE.2


Este curso o noso Centro foi  seleccionado como  participante deste Proxecto Piloto que tenta  fomentar a lectura dixital na comunidade educativa. A Consellería de Educación, Cultura e Formación Universitaria seleccionou un total de 50 Centros de toda Galicia, aos que dotou cunha partida económica para a adquisición de dispositivos de lectura dixital para a Biblioteca Escolar.
Esta iniciativa está enmarcada no Plan LIA 2016/2020, a folla de ruta que se marcou a Consellería para continuar co seu traballo a prol das Bibliotecas escolares e o fomento da lectura nese 4 anos.
O Proxecto E-LBE.2 pon a nosa disposición un novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha selección de recursos en formato dixital a través dunha plataforma de empréstito gratuíto de fondos dixitais (ODILO) para @s participantes no Proxecto.




Podes acceder a esta plataforma clicando na imaxe que colocamos na marxe dereita do blog e podes consultar os fondos dos que dispoñemos.


Se eres usuario da plataforma (alumnado, profesorado e familiares que así o solicitaron) poderás descargar en ordenadores, tablets, móbiles e e-readers ("libros electrónicos") o empréstito seleccionado e disfrutar da súa lectura (ou audición, xa que tamén conta con audiolibros).
Atoparás fondos en Galego, castelán e inglés.

Para facilitar aos usuarios unha correcta descarga e un uso axeitado da plataforma editamos un folleto explicativo que tamén podedes ver na columna da dereita do blog.

No Centro, coa achega económica recibida mercamos 8 tablets cunhas fundas personalizadas cun logo deseñado para a ocasión. Optamos pola compra destes dispositivos porque ademais da lectura destes fondos dixitais, nos permitirán utilizar outros recursos na nosa tarefa educativa (apps educativas, educar nas Tics ao alumnado...). 





A que é chulo?
Xa vos iremos contando como marcha este proxecto e que facemos coas tablets.

martes

A FESTA DOS MAIOS


A Asociación cultural Apelón, coma o curso pasado, ofertounos unha celebración da Festa dos Maios. 

Eles encargaríanse de proporcionar as estructuras que entre tod@s adornaríamos e traerían un grupo folclórico galego para amenizar a festa (por cortesía do concello). 
A proposta da biblioteca escolar e da profesora de música o cole preparou unha copla dos maios cantada por tod@s e unha danza de paus interpretada por 6º, despois de documentarse axeitadamente.

Finalmente a colpla cantada por todo o cole consistiu nun poema de Álvaro Cunqueiro ao que lle encaixamos a música dunha panxoliña tradiconal.
Elaboramos os paus serrando paus de escobas dos grosos (gracias Alberto!!) aos que lle colocamos fitas de cores nun dos extremos.

A celebración ía ser ao aire libre, nunha praciña cerca do cole,  pero por mal tempo tivo que ser no patio cuberto.

Primeiro, acompañados por un grupo de música tradiconal por cortesía do Concello de Mugardos decoramos entre tod@s dous maios ben bonitos (un con forma de cono e outro con forma de hórreo). 


ADORNANDO OS MAIOS by Slidely Slideshow

Logo cantamos tod@s xunt@s a nosa copla. Así de ben o fixemos:




E despois de cantar, o alumnado de 6º (xunto á profe de música porque faltou un participante) bailaron a danza de paus que montaran.


sábado

IAGO CONTACONTOS


Un ano máis e por cortesía da editorial Anaya recibimos a visita de Iago contacontos
Nesta ocasión contounos co seu bo facer o título “A axente Riciños”, libro que forma parte da colección de fondos da biblioteca. 
E tamén coma sempre engaiolou ao público (de E. Infantil ata 4º de EP), de certo, empezada a súa actuación escoitouse a Mario de 2º dicir, "es buenísimo!!".
Todo un crítico artístico!!!






 
IAGO CONTACONTOS by Slidely Slideshow

venres

ABRIL, MES DOS LIBROS

Como cada ano convidamos a pais/nais/avós/avoas... a que viñeran contar un conto á biblioteca.
Podían escoller eles o conto aceptar a proposta da biblioteca, podían escoller o agrupamento ao que querían coma público e o días para vir.

Estas foron as distintas intervencións que tivemos.

Ana, nai de Xan.

 
ABRIL MES DOS LIBROS by Slidely Slideshow

Francisco. Avó de Miguel:



AVÓ DE MIGUEL abril 2018 by Slidely Slideshow

Laura. Nai de Aitor e Sandra.



LAURA, NAI DE AITOR E SANDRA. ABRIL MES DOS LIBROS by Slidely Slideshow

María, nai de Alonso.


MARÍA, NAI DE ALONSO by Slidely Slideshow

Patricia, nai de Manuel e Juan.


PATRICIA, NAI DE MANUEL E JUAN by Slidely Slideshow


Patricia, nai de Candela.


PATRICIA, NAI DE CANDELA by Slidely Slideshow



DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. HORA DO CONTO

Nesta data a profe Carmen leu na "hora do conto" dous títulos moi significativos.
"Si yo fuese un libro"  , porque un libro é máxico e ten o poder de cambiar as nosas vidas, e "Nicolás vai á biblioteca", porque é o mellor sitio onde se poden atopar moitos deses libros poderosos dos que falabamos.





Día do libro by Slidely Slideshow

xoves

OS NOSOS LIBROS PREFERIDOS. DÍA DO LIBRO 2018

A proposta do EDL e en colaboración coa biblioteca, cada nen@ dibuxou e escribiu nunha planilla proporcionada a portada do seu libro favorito e con eles fixemos un mural na entrada do colexio que era frecuentemente visitado e espertaba a curiosidade d@s nen@s sobre os libros preferidos pol@s seus/súas compañeir@s.




OS NOSOS LIBROS PREFERIDOS by Slidely Slideshow

sábado

CANDO OS PROFES TAMÉN SON ALUMNOS PARA ENSINAR MELLOR

Todo o Calustro de profesores do Centro participa nun PFPP (Proxecto de Formación en Centros) para, entre outros aprendizaxes,  iniciarse no método de ensino das matemáticas ABN.
As siglas que compoñen o nome significan "Aberto Baseado en Números" e a súa metodoloxía é unha alternativaao ensino tradiconal das matemáticas.

O método foi creado por Jaime Martínez Montero. Aplicouse por primeira vez no curso 2008/2009 nun grupo de 1º de Primaria dun colexio da provincia de Cádiz. E a partir de ahí foise extendendo a todas as etapas educativas, en todas as comunidades autónomas e incluso en outros países.

Tras investigacións e análisis da aplicación do método resáltanse como vantaxes:
- O alumnado aprende máis rápido e mellor.
- Mellora a capacidade do cálculo mental e estimación.
- Incrementa a capacidade de resolución de problemas.
- Emplea os seus propios procedementos e estratexias de resolución.
-Cada un realiza os cálculos cos pasos que son necesarios.
- Desaparecen todas as dificultades e obstáculos do método tradicional.
- Mellora a actitude do almnado cara as matemáticas.


Se buscades en internet atoparedes un montón de información sobre este método.

E por suposto unha parte fundamental do Proxecto de Formación é a aplicación práctica co alumnado.
Para facilitar o traballo 3º e 4º traballan o ABN na biblioteca escolar de xeito sistematizado (os mércores e con tres grupos diferentes para respectar os ritmos individuais do alumnado), sen perxuicio do que poidan traballar nas aulas.

Aprendendo mates co ABN by Slidely Slideshow


Así traballan en segundo de Primaria.
















Ademáis en E. Infantil elaboraron un panel para utilizar este método onde a base do mesmo é unha versión do noso “Pulpi”, que como vedes sempre está presente en todo o que se fai no cole.







VESPAS VELUTINAS. GES DE MUGARDOS

O 16 de marzo recibimos aos GES de Mugardos que viñeron a dar unha charla sobre as Vespas Velutinas e un obradoiro de construcción de trampas.

Así o recollen eles mesmos no seu Faceboock:




E así o recollemos nós:






xoves

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Polo Día da muller traballadora o alumnado de 5º e 6º, traballando en grupos mixtos recabaron información sobre 8 mulleres salientables da cultura. As mulleres escollidas foron: Rosalía de Castro, Mª Victoria Moreno, Frida Kahlo, Helen Keller, Coco Chanel, Marie Curie, Malala e Ana Frank.
Coa información recolleitada e debidamente tratada,  fixeron uns vídeos nos que presentaron a información de maneira ben inxeniosa. Ademais elaboraron uns carteis coa foto de cada muller, o seu nome e un código QR que ao escanealo dirixe directamente ao vídeo correspondente.
Foi un amplo traballo no que mixturaron a búsqueda e tratamento da información coa utilización
das TICs, cun resultado verdadeiramente maravilloso.

Aquí vos deixamos os códigos QR de cada unha das mulleres. A que esperades para velos?

Frida Kahlo
Anna Frank
Helen Keller
Malala
Mª Victoria Moreno
Marie Curie
Rosalía de Castro

Coco Chanel



Vale!!! Se non tes lector de QR deixo aquí os vídeos!!




  


 




 


 




 



E así foi como traballaron para conseguir facer este traballo tan, tan chulo!!






TRABALLANDO SOBRE A MULLER TRABALLADORA by Slidely Slideshow

domingo

CONSTRUÍNDO OS NOSOS PROPIOS PANEIS PARA OS ESCORNABOTS

Como actividade polo Día da Muller Traballadora en 5º emprenderon o desafío de elaborar un panel para os escornabots con esta temática.
Escolleron tres escritoras galegas que foron homenaxeadas polo Día das Letras Galegas, títulos das súas obras e ano no que foron homenaxeadas e construíron este panel que logo propuxeron a outros alumnos e alumnas.
Tanto o alumnado que elaborou o panel como o que o resolveu tivo que buscar a información precisa para ser quen de realizar axeitadamente a súa tarefa.
Foi unha actividade divertida e moi motivadora.



mércores

ROBÓTICA NO COLE. ESCORNABOTS.

Todo o profesorado do Centro participan este curso nun  PFPP (Plan formativo proposto polo propio centro). Aprendemos a traballar co método ABN (metodoloxía destinada ao cálculo Aberto Basado en Números que é unha alternativa ao ensino tradicional das matemáticas) e  iniciámosos tamén coa robótica.
Mercáronse 6 escornabots, 2 dos cales pasarán a formar parte do recanto de trebellos da biblioteca escolar (os outros 4 gardaranse aparte para garantir que sempre temos algún operativo).
Escornabot é proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades que nos pode ofertar.
Unha vez que aprendimos os profes, mostrámosllos aos nenos e neas que disfrutaron moito da novidade!!!












Cando o alumnado xa aprendeu a “xogar” cos escornabots plantexáronselles paneis que para a súa resolución tiñan que realizar unha búsqueda de información. E outra actividade na que eles mesmos elaboraron paneis.
 Porque a robótica ten un lugar especial na biblioteca escolar. E o curso que vén contará cun espazo nun recanto especial de trebellos varios. Seguro que haberá cola para usalo.


martes

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018

Este ano para conmemorar esta data tan importante para nós aceptamos a proposta da Asociación Cultural Apelón, asociación do noso Concello que está a realizar unha grande labor promovendo a nosa lingua, cultura e patrimonio.

A proposta consistiu en traballar nos diferentes cursos unha unidade didáctica sobre Rosalía na que traballaba o léxico referido a lugares e edificios típicos da nosa terra e presentes en calquera ladea de Galicia.

Invitaba tamén á realización dun roteiro visitando eses lugares que aparecían na unidade didáctica (fonte, igrexa, lavadoiro....) e recitando os da unidade didáctica nos que aparecen eses mesmos lugares na poesía de Rosalía.

A idea pareceunos marabillosa e puxémonos mans á obra.
Ata buscamos información en internet para atopar a localización exacta deses lugares e dibuxar axeitadamente o reoteiro que fariamos despois.

aquí tedes as fotos de como o fixemos acompañadas da canción "Adiós ríos, adiós fontes" interpretada polo alumnado do Centro hai xa 5 anos.





Día de Rosalía de Castro by Slidely Slideshow



luns

PORTAS NOVAS!

Estamos moi, pero que moi contentas. E Pulpi tamén. Porque grazas a un Obradoiro de Carpinteiría do Concello a nosa bilioteca ten unha falmantes portas novas de corredeira.
Quedaron presiosas, tanto que agora xa non poñemos as cortiñas que "tapaban" as portas vellas. Esas de atrás que daban ao antiguo laboratorio.

Mirade, mirade que chulas!!





domingo

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DE FERROL E ÁS MENINAS DE CANIDO



1º, 2º e 3º de E. Primaria o 21 de febreiro e 4º,5º e 6º o 22, visitaron o Museo de Historia Natural de Ferrol. A exposición, que conta con seccións únicas, como a de mamíferos mariños e a de pezas de restos óseos, é unha das coleccións máis importantes da Península Ibérica. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) mantén unhas normas éticas que non permiten que forme parte da mostra nada procedente de animais capturados ilegalmente, feridos ou sacrificados. A súa colección de cetáceos fósiles do Atlántico norte é a máis completa de Europa y unha das máis importantes do mundo.
Aproveitaron a saída a Ferrol, e ao barrio para visitar "As Meninas de Canido". Unha mostra de como a arte pode cambiar a morfoloxía dunha área urbán esquecida. Con esta intervención á que acuden pintores de moitos rincóns do mundo e na que se implican vecinos e outros artistas de diversas disciplinas artísticas, o barrio convertiuse nun referente internacional do arte urbán

Dende o comenzo da acción de As Meninas de Canido no ano 2008, uns mil douscentos artistas pasaron por el barrio para deixar o seu legado. @s pintores encheron de cor aqueles muros abandoados e grises. E teñen un espazo reservado para Bansky.




MUSEO DE HISTORIA NATURAL FERROL by Slidely Slideshow



VISITA ÁS MENINAS DE CANIDO by Slidely Slideshow