Amosando publicacións coa etiqueta Expresión plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Expresión plástica. Amosar todas as publicacións

sábado

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROASALÍA DE CASTRO


O Día de Rosalía, convertiuse nos últimos anos, nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que se celebra o 23 de febreiro, coicidindo co nacemento da autora.

No noso cole, homenaxeamos á poetisa coa elaboración dun mural e o recitado dun do seus poemas. 


As flores do mural, foron elaboradas nas sesións de plástica, se queredes ver como o fixemos clicade no seguinte video.


venres

AS VOSAS IMPRESIÓNS SOBRE O GUERNICA

 O prometido é débeda.

Os voso escritos sobre a impresión que os causou o cadro e as figuras e elementos que percibistes están aquí, acompañadas dos vosos debuxos.

Son unha xoia, e só falta encuadernalas para que pasen a formar parte dos fondos da nosa biblio.

PARABÉNS!


martes

AS NOSAS CASAS ECOLÓXICAS

 En 5º e 6º, dentro do proxecto anual "Planeta sostible, necesario e posible" elaboraron por equipos unhas maquetas de vivendas sostibles utilizando o material da biblioteca creativa e outro proporcionado polo cole.

Deseñaron, construíron e decoraron estas marabillosas construccións ás que nos iriamos a vivir sin ningunha dúbida.

Disfrutádeas!


luns

TENDA DE NADAL

O alumnado de 5º e 6º montaron esta fermosa tenda de Nadal coa finalidade de recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.
Elaboraron os adornos de Nadal nas clases de plástica e nas casas, utilizando, na maioría deles, materiais de refugallo.
Tamén nas casas elaboraron doces para a tenda.
Tiveron moito éxito en venderon un montón.
Agradecen moito a todas as familias que colaboraron con el@s mercando na tendiña.

sábado

MÁQUINAS SIMPLES CON MATERIAL DE REFUGALLO

 Este foi un traballo realizado polo alumnado de 3º e 4º na área de sociais e imbricado coa educación plástica.

O alumnado levou a súa máquiña a casa para ensinar o seu traballo pero debería volver a traelo para facer esta reportaxe e non puido ser....

Así que só vos podemos ensinar unha delas, pero xa di o refrán, "que para mostra un botón".

Mirade que chulada!



mércores

SEGUIMOS A TRABALLAR COA PINTURA GALEGA

Este é o traballo que se están a facer o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

Fixeron unha escolma de pintoras e pintores galegos e cadaquén escolleu o cadro que máis lle gustaba para versionar.

Co cadro na pantalla do ordenador foron facendo a súa réplica. Posteriormente póñenlle un marco de cartón ondulado á súa creación desenvolvendo así outras habilidades plásticas e xeométricas (esquinas).  Aínda non están todos acabados porque isto leva o seu tempo pero xa vos podemos ofrecer unha pequena mostra.

martes

NAS CLASES DE PLÁSTICA TAMÉN TRABALLAMOS SOBRE A PINTURA GALEGA

 En 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria realizaron diferentes actividades plásticas relacionadas co Proxecto Anual "Isto pinta ben!". un dos traballos de máis envergadura foi o de reproducir colectivamente a obra de Luís Seoane "Cada cabeza unha cor"



Para iso repartíronse entre o alumnado os diferentes cadriños da obra, e mediante fotocopias pasaron o deseño a cartulinas que logo recortaban e pegaban reproducindo o máis fielmente posible a deseño inicial.
Aquí os tedes traballando en 6º:










E así foi o resultado final:


Mirade esta comparativa entre as súas obras

Tod@s quedaron tremendamente satisfeit@s do resultado final. Incluso alumnado que ata ese momento pensaba que era torpe para a plástica cambiou de actitude cando disfrutou do resultado.
Quedou tan tan tan bonito que levámolo a enmarcar e agora decora o corredor da planta baixa rodeado doutros cadriños que tamén elaboraron e non foron dentro do cadro.




domingo

ENTÉRATE!

 Promovida pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Mugardos para a celebración do Día da Muller levouse a cobo no cole esta actividade.

O Concello de Mugardos puxo en marcha esta campaña de sensibilización á cidadanía mugardesa co obxectivo de educar e concienciar en materia de educación afectivo sexual, relación sans de parella, violencias de xénero e violencias sexuais partindo do protagonismo das súas rapazas e rapaces que actúan como axentes reais de cambio.

Logo de desenvolver diversos obradoiros nos centros educativos do concello, o alumnado saiu ás rúas para sensibilizar ao comercio, ás empresas locais  e á cidadanía sobre a prevención e identificación da violencia de xénero. 

A imaxe da campaña son 4 cartaces deseñados polo alumnado, nos que figuran os valores da igualdade e os teléfonos aos que se pode acudir para denunciar ou solicitar información sobre violencia de xénero, ciberseguridade, violencia contra a infancia, e Diversidade sexual (LGTBI).

Esta campaña publicitaria enmárcase dentro da programación de prevención da violencia de xénero financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. e foi realizada integramente polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO dos centros de ensino mugardeses. 

O noso alumnado de 5º e 6º recibiu dúas sesións de obradoiros nos que ademais deseñaron carteis que o pasado 27 de maio pegaron polos comercios e tendas da contorna.











xoves

ADORNOS E MERENDA DO NADAL 2022

Así decoramos o cole polo Nadal.

Creamos unha árbore singular, pois tratábase dunha rama seca á que lle iamos colgando diferentes adornos elaborados polo alumnado desenvolvendo así moitas habilidades manuais e plásticas. Papiroflexia, recortado, pegado... son algunha das técnicas utilizadas.

Tamén elaboramos estrelas de Nadal utilizando os ganchos que traen as mascarillas uníndoas cun encuadernador, aprendendo desta maneira máis sobre a reutilización tan importante na reciclaxe. As colocamos xunto aos Reis Magos que conservamos do curso anterior nas ventás do corredor do 1º piso.

Ademais decoramos as portas das aulas de xeito moi artístico, pero non temos fotos de todas (sentímolo).





Tamén no último día antes das vacacións a ANPA  e recibimos a visita de Papá Noel, que recolleu as nosas cartas e repartiunos unhas chuches de agasallo.








luns

DESEXOS DE NADAL

 En 3º e 4º propuxemos dibuxar e redactar desexos de Nadal. En ningún momento se condicionou o tipo de desexo a escoller. A única premisa foi a de que escolleran un desexo que de verdade lles importase moito.

Co resultado editamos un pequeno libro cunha "maquetación" especial que pasou a formar parte dos fondos propios da biblioteca.