xoves

LAS AVENTURAS DE LA SILLA DE LOS DESEOS

 Teo recoméndanos este libro de Enid Blyton publicado pola Editorial Susaeta e tamén a súa segunda parte ( Nuevas aventuras de la silla de los deseos).

Sabías que Enid Blyton escribiu ao longo da súa vida 762 obras dirixidas ao público infantil e os seus títulos foron traducidos a 40 idiomas? Debía de pasar os días escribindo sen parar!

Aquí tedes a Teo coa súa recomendación.



LOS UNICORNIOS

 A Emma lle encantan los unicornios, así que, además de recomendarnos o libro de "Pequeños Monstruos" do que nos fixo un marabilloso dibuxo, agora nos recomenda estoutro a través dun vídeo.

Trátase dun "libro linterna" de editorial Susaeta. Para ver ben as ilustracións e atopar as cousas que nos piden que busquemos temos que utilizar unha "linterna" de cartón que xa trae o libro.

Mellor que a vexades a ela contárvolo!



mércores

PEQUEÑOS MONSTRUOS

 Este libriño da nosa biblioteca é o escollido por Emma como o recomendado por ela.

Emma o escolleu porque di que é moi divertido e que os monstros "saen do libro". E é que é un libro "pop-up" escrito e creado por Jan Pieńkowski, polaco que escribiu, ilustrou e deseñou libros para nenas e nenos e foi publicado no noso país pola editorial Parramón.

Seguro que o coñecedes porque soe estar enriba da estantería. Aquí tedes unha foto do libro e tamén o precioso debuxo que nos fixo Emma.




BENXAMÍN, O CACHALOTE QUE QUERÍA SER GOLFIÑO

 Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía. Benxamín quere ser coma os golfiños que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Benxamín o intenta só a sua amiga, a tartaruga Minerva, que ainda que lle chaman boba é moi lista, o escoita e lle sorrí.

Un día, Benxamín enferma de tristura e todos os animais que viven nas Illas Ons, intentan argallar un plan para que volte a sorrir e non desapareza a sua espécie.

Diso vai o libro de contos preferido por Alejandro. 

Publicado por Trinqueta Verde Editora, escrito por Paula Carballeira (actriz e escritora de Fene, veciña nosa!) e ilustrado por Blanca Millán (ilustradora tamén galega). A historia transcurre na Illa de Ons, na provincia de Pontevedra, así que podemos dicir que é un libro galego por excelencia.




luns

QUE FIXEMOS POLO 25 N?

 Un ano máis participamos nas actividades que dende a Fanpa Ferrolterra (Federación de Anpas) propoñen aos centros educativos da zona.

Son as Vº Xornadas Escolares de Ferrolterra pola Eliminación da Violencia de Xénero. Nesta ocasión tratábase de dar a coñecer a todo o alumnado a mensaxe de "Sos silencioso" e ademais encher unha "mans" de cartolina coas nosas mensaxes co noso  rexeitamento desta violencia sobre as mulleres que parece que nunca acaba.

As mans de cartolina serán recollidas para ser expostas nos comercios de Ferrol.

Aquí vos deixamos uns vídeos da Federación que explican a actividade e unhas fotos da nosa participación.







Así o celebramos nós.




E así luce a nosa entrada ao cole.




LECTURA PARA O 25 N

 O venres 24 reunímonos tod@s na biblioteca para unha lectura compartida do libro "Artur e Clementina", da Amelia Turín e Nella Bosnia da editorila Kalandraka,

Da sonada colección "A favor de las niñas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.

Neste conto dáse unha das formas de violencia máis dañina entre as parellas…aquela que a través da descalificación e da falta de valoración do outro vai diminuíndo e  liquidando a autoestima. Aprender a detectala e saber evitala é fundamental para as nosas nenas e nenos.

Agardamos ter contribuído a que así sexa.




MARTINA DE CANGURO

 "Martina de canguro" é o libro que nos recomenda Samira. Publicado pola editorial Casterman, pertence a unha colección de contos que teñen a Martina como  protagonista de diferentes historias. Son máis de 50 títulos que foron traducidos a multitude de idiomas. O seu autor es Gilbert Delahayer  de Francia e os primeiros títulos da coleción apareceron en 1954. Ilustrados Marcel Marlier, ilustrador belga especializado en ilustración para nenos e nenas. Ademais tamén creou a súa propia serie de libros para nenos "Jean-Lou et Sophie".



domingo

COLOR CARNE

 Ibrahim recoméndanos a lectura deste libro da Editorial Penguin Kids , escrito por Desirée Bela Lobedde (escritora y educadora antiracista) e ilustrado por Lidia Mba (ilustradora y narradora afroespañola).

Como se di no libro:  “hay tantos colores de piel como personas hay en el mundo y que solo un color no sirve para representar a tanta gente”.

Ibrahim e este libro teñen moita razón. E xa hai varias marcas que venden caixas de 24 cores especialmente diseñadas para representar a persoas de todo o mundo”. 




sábado

LOS PLANETAS

 Da Editorial Jaguar, Ángela nos recomenda este libro ideal para aprender o nome de todos os planetas do Sistema Solar e ademais en verso. É dicir, para pasalo bomba aprendendo.

Escrito por Margarita del Mazo ( escritora da que temos varios libros na nosa biblio) e ilustrado por Cecilia Moreno.



EL GRAN LIBRO DE LA NATURALEZA

 Darío recoméndanos esta lectura que, como di na súa presentación, trata sobre animais, plantas e minerais e rochas.

"El gran libro de la Naturaleza" da Editorial Larousse, traducido por Jordi Trilla Segura e Ilustrado por Mauro Mazarri. As súas páxinas son impactantes e aprenderán moitas cousas que non atoparás noutros libros (montañas con sombreiro en Turquía, canicas xigantes en Nova Zelanda, unha chuvia vermella en Kerala, na India....




xoves

BUSCA CÓMO SALVAR EL PLANETA

 Cambio climático, calentamiento global, a contaminación, os residuos, a diferencia entre tempo  clima e moito máis neste libro que nos recomenda Irene.

"Busca cómo salvar el planeta"  é un libro da Editorial susaeta que segura que che fará pasar un rato divertido ademais de aprender moitas cousas. A Irene lle encantou!



mércores

HOOKY

 Aquí tedes a recomendación de Florinda, de 6º.

Hooky, cómic de Miriam Bonastre Tur que empezó publicando semanalmente nunha web e que chegou a formato papel... e xa vai saír o volume 3"

Eu estou a punto de ir mercar o libro.





luns

LA FEA DURMIENTE

 Luna repite nesto das recomendacións e segue con títulos da mesma colección.

Nesta ocasión trátase de "La fea durmiente", unha princesa que ocupa o seu tempo en ler e aprender. 




EL OSO CANSADO

 Melissa tamén nos recomenda a lectura de "El oso cansado" de Concha López Narváez e nos dibuxou a portada do libro obra do ilustrador Rafael Salmerón que ademais tamén é escritor gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 2022. 




PENÉLOPE DETECTIVE

 Mila, da clase de E. Infantil, recomenda a lectura deste libro de Pamela Butchart e ilustrado por Christine Roussey

Para facelo disfrazouse da protagonista da historia. Non vola perdades!





LA ESTRELLA VIAJERA

Melissa  fainos esta recomendación de Rafael Ordóñez Cuadrado, escritor e contacontos galardoado cun feixe de premios.




DANIELA PIRATA

 A Luís encántalle recomendar libros e nesta ocasión ademais de facelo moi ben, ambientou a escea con moito acerto.

Recomenda a lectura do conto "Daniela pirata", un conto de Susana Isern que atoparedes na nosa biblioteca.



EL PATITO BELLO

Luna, de 1º, recomenda a lectura de este conto tan divertido da colección "Había otra vez" da editorial Everest. Escrito en verso (como toda a colección) e dándolle a volta aos clásicos contos infantís.
Como indica Luna na súa recomendacióne está escrito por Yanitzia Canetti, escritora y traductora cubana. 

 





 

EL HADA AMAPOLA

 Chloe, de 1º, recomienda "El hada Amapola" .

 


OLIVIA SALVA EL CIRCO

 Luís, de 4º, recoméndanos a lectura deste marabilloso conto de Ian Falconer.