Amosando publicacións coa etiqueta Valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valores. Amosar todas as publicacións

mércores

OS CANS NON SON XOGUETES

 Con motivo da campaña de Nadal para concienciar sobre a responsabilidade que supón ter un can (ou calquera outra mascota) ademais de carteis informativos e traballar sobre o tema nas aulas contamos coa presenza de CA.SA.GA. (Unidade canina de rescate Cans de Salvamento de Galicia).



Alejandro Barreiro, membro do corpo de bombeiros de Ferrol e ademais presidente de CA.SA.GA. impartiu o oabradoiro acompañado do seu fillo Sergio e dos seus cans Tor e Anka. 

Ambos cans fixeron as ledicias de tod@s coas súas mostras de obediencia e rescate atopando ao alumnado agochado dentro de contenedores. 

Anka foi gañadora absoluta na séptima edición dos European Police&Fire Games, celebrados entre o 21 e o 29 de setembro de 2018, en Algeciras.

Aprendimos moito e pasámolo en grande.


sábado

TI ES....

Fixemos un mural colectivo polo Día da Paz 2020.
Unha bolboreta por alumn@ na que escribir cualidades positivas doutr@ compañeir@. Recortar, decorar e pegar no mural da entrada.
Este foi o resultado. PRECIOSO!!!
GRAZAS A TOD@S!!

domingo

VIÑERON OS REIS!!!!!

Un ano máis os Reis visitaron o cole nas vacacións de Nadal e deixaron unha chea de paquetes na biblioteca. Tamén sentaron a Pulpi no "trono dos contos" coa estrela de Nadal do baile dos máis pequenos no festival.
Todo isto no escenario, porque a biblio quedou sen recoller despois do festival.
Xuntámonos tod@s para abrir paquetes e disfrutar do seu contido. E déronse situacións moi, moi, moi especiais.
E se non me credes, mirade o vídeo:


mércores

COMO REMATA A GALIÑA AZUL?

A galiña azul de Lorenzo é condenada polas autoridades porque nin "fala" nin é da mesma cor cás demais, pero o pobo non está disposto a que o algalde se saia coa súa e apoia ao seu veciño e á galiña.
@s nen@s de 6º, na área de "Valores sociais e cívicos" escoitaron o conto de CArlos Casares mentres vían as ilustracións en Kamishibai.
Despois idearon distintos finais para esta historia inconclusa.

Cal escolledes vós?


venres

MAÑÁS LITERARIAS

Este ano puxemos en marcha unha nova actividade de Lecturas Compartidas.
Trouxo a idea a profe Susana e a verdade é que é estupenda.

Unha vez toca o timbre de entrada unha nena ou un neno (ou un pequeno grupo) le aos demais un pequeno texto.
Para que se lle vexa ben súbese a un banquiño (e agora a un taburete-escaleira que mercamos para tal fin) e para que se lle oia ben utilizamos un micro con amplificador portátil.
Mediante esta pequena actividade tod@s volvemos á calma antes de entrar ao cole e para non rompela aplaudimos sirando as nosas mans no aire, sen facer ruído, para non perder a maxia do momento.

Como non podía ser doutro modo, este ano no que o Lema das Bibliotecas Escolares é o de Poesías diversas na Biblioteca Escolar, comenzamos lendo poesía.
Cando rematou a ronda (todas as alumnas e alumnos do cole, agás E. Infantil, leron algún poema) comenzamos outra nova ronda de relato curto.

Que vos parece?




luns

HORA DO CONTO NO DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR


Marilar Aleixandre, poeta, narradora, traductora, profesora e académica que destaca na Literatura Infantil e Xuvenil agasallou cun poema ás Bibliotecas Escolares de Galicia para a edición dun díptico de difusión deste día.

É un fermoso poema que reivindica os valores da lectura como necesaria para a liberdade. A cuestionalo todo para tomar as nosas propias decisións, a interrogalo todo para non quedar con dúbidas, a "mirar con outra lente" para descubrir novas ideas..... A lectura indispensable e urxente!!!!





Imaxe extraída da wikipedia
Se clicades na imaxe poderedes ver todos os libros desta magnífica escritora que temos na nosa biblio.

martes

CARREIRA SOLIDARIA. DÍA DA PAZ

Esta ano tampouco podiamos faltar á cita de Save The Children e organizamos de novo a Carreira Solidaria.

Cada nena e cada neno participante ten unha tarxeta de patrocinadores que se comprometen a "pagar á corredora ou corredor"" a cantidade que queira por cada Kilómetro que @ participante percorra. No noso cole os kilómetros son reemplazados por voltas enteiras á pista do cole.
A ONG manda os materiais de  necesarios para o desenvolvemento da actividade, incluíndo unha unidade didáctica para traballar nas aulas e coñecer máis sobre a desnutrición infantil debida á pobreza.

O día da carreira vaise facendo por cursos e o profesorado vai anotando as voltas de cada corredor/a.
Apúntanselle na tarxeta e aportan os cartos recadados ao cole. Todo o recadado ingrésase na conta desta ONG.

Se clicas na imaxe saberás máis da actividade.

Esta é o vídeo promocional da actividade:




E as nosas corredoras e corredores de 5º e 6º antes e durante a carreira:

















venres

PROGRAMA AFECTIVO-SEXUAL EN 6º DE PRIMARIA

A proposta do Concello o alumnado de 6º participou neste obradoiro impartido por Atalaia social.

Os grupos estiveron guiados por unha profesional da Intervención Social, con coñecementos de educación para a saúde e xénero e experiencia en programas de educación afectivo-sexual, así como na dinamización de grupos adolescentes.

Os talleres leváronse a cabo en tres sesións de 2 horas cada unha de duración, dentro do horario lectivo os días 15, 22 e 29 de xaneiro.

Ao longo dos obradoiros reflexionouse cos nenos e nenas sobre as súas actitudes e coñecementos acerca da sexualidade e tamén traballouse a través de diferentes dinámicas e actividades a parte máis emocional e afectiva, tendo en conta tamén os coñecementos teóricos e prácticos que xa posuían.

Centrámonos nos aspectos afectivos e de relación dende unha perspectiva de xénero e tamén repasamos os fisiolóxicos, aclarando as dúbidas e curiosidades que mostraron durante as sesións.

Tódolos contidos foron tratados dende unha perspectiva de xénero e tendo en conta a diversidade persoal, familiar e sexual.


A metodoloxía utilizada nas sesións foi participativa e activa, baseándose na “aprendizaxe significativa”, é dicir, partindo dos seus coñecementos previos, favorecendo a súa reflexión e posibilitando a transformación dos mesmos.

(Texto extraído da memoria presentada pola propia asociación)


GRAZAS AO CONCELLO E  A ATALAIASOCIAL POR ESTA FORMACIÓN TAN NECESARIA PARA AS NOSAS NENAS E OS NOSOS NENOS!!

CINENSINO

Empezamos o programa Cinensino para 5º e 6º de Primaria.

Trátase dunha actividade na que se visionan ao longo do curso 3 películas escollidas para tratar temáticas do interés do alumnado. De cada película que cada alumn@ cubre un caderno de actividades que reforzan os contidos traballados na película.

O programa deste ano deixámovolo aquí:


luns

AS NENAS E OS NENOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imitando un coñecido vídeo que circulou moito polas redes sociais, o alumnado de 3º e 4º, xunto as profes Bego e Iria, fixeron este fermoso vídeo, que foi amosado aos seus compañeiros e compañeiras na "Hora do conto" do Día 24 de novembro.

Parabéns por este fermoso traballo!!!!!


xoves

MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN

Un ano máis solicitamos acudir como público á Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, e un ano máis fomos admitidos. Esta mostra ten como obxetivo principal actúar como axente socializador, permitindo o aceso de novos públicos ao mundo das artes escénicas.

Así,  Educación Infantil acudiu o día 17 de outubro ao espectáculo Contacreques, da Compañía Eme 2.

Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.
Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de “xigantes”.
O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.
O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.
Nos transporta a un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques.

Estes contos forman parte dos fondos da nosa biblioteca e os días seguintes á representación foron levados á aula de infantil para recordar a súa historia


E o alumnado de E. Primaria acudiu o 7 de novembro á representación da obra "Lúa", de Teatro dos Ghazafelhos. 

Na obra  tratan das relacións que temos as personas do noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia a través dunha analoxía entre o fantástico e o máxico. Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes na representación.

O texto de Pepablo Patinho e Nuria Díaz, integrantes da compañía, temén está editado en conto por Edicións Embora.

 Se clicades na imaxe veredes o vídeo de promoción
Se clicades na imaxe veredes o vídeo promocional da representación.



sábado

A TROPA DE TRAPO EN MUGARDOS


Convidados polo Concello, e a través do seu concerto co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, 3º,4º,5º e 6º de EP asistiron á representación da Compañía “A Tropa de Trapo” da súa obra “Ti tamén contas” no CEIP. Unión Mugardesa.  A través das historias de 'O home feliz', 'A pelota' ou 'Tumbé', que introducen cuestións coma o materialismo, o traballo infantil ou as catástrofes naturais, póñense de relevo a relación entre a abundancia e a felicidade, o consumo responsable ou a importancia da cooperación.