Os grupos estiveron guiados por unha profesional da Intervención Social, con coñecementos de educación para a saúde e xénero e experiencia en programas de educación afectivo-sexual, así como na dinamización de grupos adolescentes.
Os talleres leváronse a cabo en tres sesións de 2 horas cada unha de duración, dentro do horario lectivo os días 15, 22 e 29 de xaneiro.
Ao longo dos obradoiros reflexionouse cos nenos e nenas sobre as súas actitudes e coñecementos acerca da sexualidade e tamén traballouse a través de diferentes dinámicas e actividades a parte máis emocional e afectiva, tendo en conta tamén os coñecementos teóricos e prácticos que xa posuían.
Centrámonos nos aspectos afectivos e de relación dende unha perspectiva de xénero e tamén repasamos os fisiolóxicos, aclarando as dúbidas e curiosidades que mostraron durante as sesións.
Tódolos contidos foron tratados dende unha perspectiva de xénero e tendo en conta a diversidade persoal, familiar e sexual.
A metodoloxía utilizada nas sesións foi participativa e activa, baseándose na “aprendizaxe significativa”, é dicir, partindo dos seus coñecementos previos, favorecendo a súa reflexión e posibilitando a transformación dos mesmos.
(Texto extraído da memoria presentada pola propia asociación)
GRAZAS AO CONCELLO E A ATALAIASOCIAL POR ESTA FORMACIÓN TAN NECESARIA PARA AS NOSAS NENAS E OS NOSOS NENOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario