Fulvia Degl’Innocenti, escritora italiana e Anna Forlati, marabillosa ilustradora, elaboraron un conto ilustrado baseado na vida de Malala Yousafzai, activista pakistaní quen no ano 2014 recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa defensa da educación infantil, os dereitos das mulleres e a dignidade das persoas.
Clica na foto para saber máis deste libro e porqué hai que lelo.
A profe Iria preparou unha presentación do libro en Power Point para que tod@s puidesen disfrutar das ilustracións e o alumnado de 4º fixo a lectura do conto.
Por cada exemplar vendido deste título Amnistía Internacional recibe 50 céntimos para seguir a traballar pola Paz.
Clica no texto para acceder a máis información sobre este libro.
E aquí tedes un anaquiño do momento da lectura:
Ningún comentario:
Publicar un comentario