Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta familias. Amosar todas as publicacións

mércores

ESCOLA DE FAMILIAS

 Dentro das actividades pensadas para celebrar en familia, recibimos a visita dun contacontos en colaboración coa librería A lenda do gato de Mugardos

A xornada consistiu primeiramente na xuntanza do alumnado nun tempo de tarde para poder compartir no espazo da biblioteca lectura e diversión. 

Desenvolveron unha xincana literaria na que os alumnos/as divididos en dous equipos tiña que atopar por diferentes espazos do centro o primeiro exemplar escollido para a lectura. 

Unha vez atopado o libro, o xogo consistía en descubrir unha serie de pistas para completar o texto e que o conto puidese continuar. 

Foi unha xornada chea de diversión  e o obxectivo principal foi que en tempo de ocio as familias achegaran os nenos/as a nosa biblioteca. 



luns

15 DE MAIO: FESTA DOS MAIOS

Despois de varias datas programadas xa que o tempo non acompañou, o pasado 15 de maio, celebramos no cole, a Festa dos Maios. 

Foi unha xornada moi alegre e familiar, chea de cor, de baile e de música tradicional. 

Na seguinte presentación mostrámosvos o ben que o pasamos. 

os maios

Esta festa non sería posible sen a axuda de todas as familias e da Asociación Cultural Apeloneducacion, que nos agasallou coa merenda. Coma sempre, GRAZAS. 

venres

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Un ano máis, no noso centro puxemos en marcha a actividade das mochilas viaxeiras, unha iniciativa que parte da biblioteca escolar e que busca achegar a lectura aos nen@s e familias dun xeito lúdico e motivador.

Cada mochila está preparada con coidado, incluíndo unha selección de libros adaptados ás diferentes idades do alumnado. Para a súa elección téñense en conta aspectos como o contido, a calidade das ilustracións, o formato e o atractivo xeral das obras, co obxectivo de espertar o interese e o gusto pola lectura.

En cada titoría poñeranse en circulación dúas mochilas, que irán pasando polas casas do alumnado, permanecendo aproximadamente unha semana en cada fogar. Durante ese tempo, as familias poderán gozar xuntas dos materiais que conteñen.

É importante lembrar que non se trata de ler todos os libros, senón de compartir aqueles que máis gusten, respectando os ritmos e intereses de cada neno e nena. Ademais, cada mochila inclúe tamén algún xogo, pensado para fomentar momentos de lecer en familia.

Agardamos que esta actividade siga sendo unha experiencia enriquecedora, que fomente o amor pola lectura e fortaleza os vínculos entre a escola e as familias.




domingo

ABRIL, MES DOS LIBROS.

 Con motivo da celebración do Día do libro, aproveitamos para inaugurar a nosa radio escolar: RADIOFRANZA.

Se clicades na seguinte imaxe, poderedes escoitar o podcast do alumnado de 3º e 4º de E.P donde contan cales son os seus libros favoritos. 


Infografía "Seis razones por las cuales leer es increíble" Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil 2 de abril de Begoña
MES DOS LIBROS de Begoña
23 DE ABRIL de Begoña

luns

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis comezamos a viaxe das "Mochilas viaxeiras". 

Pensamos que é unha actividade chea de tesouros que preparamos con ilusión para que o noso alumnado a poida desfrutar en familia.

Feliz viaxe!