sábado

A MIÑA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO

 O xoves día 23 de febreiro, ás 12 da mañá , o alumnado de 1º e 2º asistiron ao Local Social de Maiores de Mugardos para disfrutar dun contacontos a cargo da compañía "Trémola Teatro" sobre a figura de Rosalía de Castro, titulada "A miña historia", grazas á concellería de Ensino e cultura do Concello de Mugardos en colaboración co SNL da mancomunidade.

Desde Normalización lingüística dos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño estivemos a celebrar o Día de Rosalía e, por extensión, da nosa lingua.

Nas actuacións dirixidas aos centros de ensino, principalmente de primaria, contamos cun Contacontos teatral dedicado a Rosalía de Trémola Teatro.

"A miña historia" narra a historia de Andrea, unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. As nenas e nenos deberán axudala a que todo o mundo se lembre dela. 















domingo

ENTROIDO 2023

     Así foi a nosa semana de Entroido.

Recordade o"os mandados" de Pulpi (en entrada anterior). 

Recordade tamén que buscamos un Entroido sen consumo. Reciclando, re-utilizando.... é dicir, reducindo os refugallos.

No cole fixémolo moi, moi, moi ben!!!


CONCURSO DE MERENDAS DE ENTROIDO

 Un ano máis o alumnado que así o quixo trouxo postres de Entroido elaborados nas súas casas.

Compartimos merenda o xoves da semana de Entroido (así imposible manter a liña) e despois dunha minuciosa degustación escollérense os postres premiados.

Non foi unha decisión fácil, pois o nivel de todas as elaboracións era moi alto, pero había que escoller un por ciclo.

Parabéns a tod@s @s participantes (e ás súas familias)! Moitas grazas por compartilo cos demais!

No seguinte vídeo podedes ver o resultado da xornada!


xoves

CHEGA O ENTROIDO!!!... E ESTE ANO ECOLÓXICO

 Como cada ano, Pulpi dicta "os mandados" da semana do Entroido.

Pero este curso, en lugar de facelo día a día (como fixo en anos anteriores) converteuse en "POETA" e xuntou nun só texto os mandados de toda a semana.

E como este ano estamos a traballar o de "PLANETA SOSTEIBLE, NECESARIO E POSIBLE" o disfraz ha de ser con materiais de refugallo, reciclando ou re-usando.

Xa sabedes! A facerlle caso!! POR UN ENTROIDO ECOLÓXICO



Por se non o vedes ben, aquí vos deixamos a letra:


Para o Entroido deste curso,

escolle unha PROFESIÓN

e irás traendo ao cole

o que di esta canción.

Se non queres te equivocar

has de ler con atención:


O LUNS o da cabeza

non importa o que sexa,

o MARTES o das mans

para poñer ou levar,

o MÉRCORES un complemento

que levarás con moito xeito,

o XOVES o dos pés

do dereito ou do revés

e o VENRES como final

o disfraz no seu total.


E como o "PLANETA SOSTIBLE,

É NECESARIO E POSIBLE"

argallarás o teu disfraz

procurando "non mercar".

Materiais de refugallo,

reciclaxe ou re-usado.


FELIZ ENTROIDO!!!!


ENTROIDO SEGURO E SEN RISCOS... E ECOLÓXICO!

 A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, indica unha serie de consellos a ter en conta para un Entroido seguro e sen riscos.

Ademais ofreceu unha actividade educativa a desenvolver ben na Escola Galega de Consumo, ben nos Centros Educativos.

Como dende o cole promovemos un Entroido "non cunsumista" (materiais de reciclaxe, refugallo, reutilizables...) pero ademais o noso alumnado participa en festas de Entroido fóra da escola, consideramos importante que recibisen esta formación.

Aquí podedes ver qué ofrecían (e máis abaixo as fotos da celebración da actividade na biblioteca do cole).




O obradoiro constaba dunha charla e dun obradoiro de elaboración de caretas do Entroido Galego!





























luns

COA AMIZADE POLA PAZ

 No corredor da planta baixa, por onde tod@s pasamos cada día, temos un taboleiro coas fotos de todo o alumnado, porque neste cole ninguén é anónimo.

Sabendo que a amizade é o mellor condimento para alimentar a paz, organizamos unha actividade ben bonita.

En cada clase cada nena e cada neno debería escribir nun carteliño que lle proporcionamos, un adxectivo positivo d@ compañeir@ que lle tocase nunha escolla ao chou. 

Despois pegariámolo no taboleiro, xusto debaixo da súa foto, para que toda a comunidade educativa puidese coñecer  esa virtude salientable de cadaquén.

Tamén adornamos o taboleiro cunha pomba da paz feita en collage e coas letras de "Amizade" ben bonitas e grandes para que non se nos esqueza o grande tesouro que temos.

Bonito, non?