martes

FRASCOS LITERARIOS

Achégase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, aínda que para nós todos os días do ano son ese día.

A profe Susana, sempre inqueda e sempre na busca de novas actividades, novas maneiras de traballar, novas maneiras de involucar ao alumnado...., é dicir, unha superprofe, tróxonos esta vez esta actividade que é todo un agasallo para tod@s.

Eres capaz de meter un conto nun frasco?

Non?....Xa verás como sí.
Pensa nun conto e pensa na súa historia (non te quedes no título). Pensa qué elementos físicos do conto son "chaves" na súa historia.... Exacto!!! Xa o vas collendo? En Brancaneves....,  a  mazá, ou o espello máxico,... ou o cofre do cazador onde meteu o corazón dun venado,..... Xa o tes!!!! Busca/ou fabrica estes obxectos en miniatura, busca un frasco de cristal ou plástico transparente e mete dentro todo iso...., colócao na entrada e dinos (só á túa profe) que conto é para fotocopiar a súa portada.

Pois xa o temos todo listo. Colocamos os frascos todos, pegamos as carátulas dos contos... e xa podemos xogar ás adiviñas!!!

Toda unha homenaxe ao mundo dos contos e todo un agasallo para o cole!!!

Outra xenialidade "made in" Susana.



FRASCOS LITERARIOS by Slidely Slideshow

luns

HORA DO CONTO NO DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR


Marilar Aleixandre, poeta, narradora, traductora, profesora e académica que destaca na Literatura Infantil e Xuvenil agasallou cun poema ás Bibliotecas Escolares de Galicia para a edición dun díptico de difusión deste día.

É un fermoso poema que reivindica os valores da lectura como necesaria para a liberdade. A cuestionalo todo para tomar as nosas propias decisións, a interrogalo todo para non quedar con dúbidas, a "mirar con outra lente" para descubrir novas ideas..... A lectura indispensable e urxente!!!!





Imaxe extraída da wikipedia
Se clicades na imaxe poderedes ver todos os libros desta magnífica escritora que temos na nosa biblio.

NOVO ESPAZO DE LECTURA NA ENTRADA DO COLE

Así de bonita quedou a entrada do cole cun espazo multiusos e que ben pode constituir un novo espazo para a lectura ademais de seguir a ser un espazo de exposición, tanto de traballos realizados como de fondos bibliográficos.


ANTES

AGORA






E NA ESQUINA OPOSTA A ENTRADA DA BIBLIOTECA

POIS AGORA SÓ QUEDA DISFRUTALA MOITO!!!

venres

PARTICIPAMOS NOS "I LUDI MUGARDENSIS"


No mes de abril en Roma (adicado á deusa Venus) celebrábanse xogos e festas para conmemorar a chegada da primavera.
Este ano o concello de Mugardos e Centro de Interpretación de Caldoval"queren tamén celebralo coa primeira edición dos "Ludi Mugardensis". Para iso habilitaron unha zona no exterior do museo onde os escolares de Ares e Mugardos poderán competir en 10 deportes e xogos romanos, tanto os practicados na infancia como aqueles que se practicaban de adultos: o Trigón (que mesmo o emperador Augusto practicaba), tiro con arco, esgrima, salto de lonxitude con pesas....


Do noso cole asistiros as nenas e nenos de 5º e 6º de E. Primaria e disfrutaron dunha xornada lúdica e culturalmente diferente.
Sentiron Roma un pouco máis cerca.

















VISITA Á CAPELA

As nenas e nenos de 1º,2º,e 3º visitaron o CEIP. Mosteiro de Caaveiro  e  a Casa do Pazo do Museo Etnográfico de A Capela.
É unha visita que repetimos ao longo dos diferentes cursos para conseguir que o noso alumnado o visite cando menos unha vez ao longo da súa estancia no noso centro.
O colexio xa é de sobras coñecido polo inmenso traballo que veñen realizando ao redor dos xogos populares. Son os propios escolares os que reciben, organizan e atenden ás visitas.

E así entre xogo e xogo pasa o tempo sen darse conta e sempre nos parece unha visita moi curta.

 





E sempre ap`roveitamos a viaxe para visitar "A Casa do Pazo" do Museo Etnográfico deste concello onde percorrendo as súas estancias e arredores aprendemos sobre utensilios, apeiros, ferramentas da casa tradicional galega, así como sobre os oficios tradicionais desaparecidos ou non: canteiros, ferreiros, latoeiros, zoqueiros....





2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO E TAMÉN DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

A "Hora do conto" tivo unha edición destacada nesta data tan sinaladísima, na que tentamos aunar ambas celebracións.

Primeiro visionamos o seguinte vídeo que a  Asociación Familias Azuis , co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, presentaron para visibilizar o autismo, eliminando falsos mitos e celebrando a diversidade de xeito optimista,  (texto copiado da presentación de Youtube do vídeo) e que a profe Susana  (coordinadora do EDL) nos trouxo.








 Tamén a profe Susana preparou a lectura do conto que sobre o autismo ten a colección "Quieres conocerme" da Editorial Salvatella. de Asun Galera e Carmina del Río.






No relato Dani, un neno con autismo, explica os seus problemas, as súas aficións, os seus gustos.... E tamén explica como podemos axudar a un compañeiro ou compañeira como Dani. (Texto extraído da páxina da Editorial)

A verdade é que espertou o interese de todo o alumnado, que sempre é moi receptivo nestes temas e tod@s aprendimos un pouco máis sobre a diversidade.

Mirade as fotos e veredes que o que digo non é mentira!!!



































E se queredes volver a ler o conto non tedes máis que collelo emprestado na biblio.
Tamén podedes ver este vídeo no que o texto foi substituído por Pictogramas, aínda que tamén se pode escoitar ou non escoitar  (se lle quitas o volume) e así tentar ler ti os pictogramas.





Ademais imprimimos uns folletos co díptico do IBBY que publicou Olepi.org nese día:





Aquí vos deixamos o texto extraído da páxina da Oepli.

Vou con présa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!... Expresións coma estas poden escoitarse quizais acotío, non só en Lituania -no centro mesmo de Europa-, senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia da información, da présa e da precipitación.
Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa -axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo acontece paseniñamente, en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando. Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar.
O universo dos libros é moi extenso; e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde -se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade cando estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante?
Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?
E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os libros tamén saben ler. Lenvos a fronte, as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan, pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven... vaites, xa sabedes o que ven!
Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha persoa que goce lendo -sexa pequena ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á que non lle preocupen os libros, que sempre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor. 
No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós:
Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!
Escrito por Kęstutis Kasparavičius
Ilustrado por Kęstutis Kasparavičius
Traducido por Antía Marante Arias (GÁLIX)

mércores

IAGO

Un ano máis a Editorial Anaya enviounos a Iago para contarnos un conto no mes de Abril (o mes dos libros).
Xa van uns cantos anos que disfrutamos do seu saber facer que encandila a grandes e pequenos.
De feito, aínda que a visita era recomendada para o alumnado de EI. a 4º de E. Primaria, ao final toda a comunidades educativa participou deste momento. E ningúen o lamentou.
As primeiras veces que Iago viña contaba contos que outros escribiron. Pero estes dous últimos cursos cóntanos contos seus.
O curso pasado foi "O cociñeiro Martiño" o tesouro que Iago nos trouxo, (e nós xa o tiñamos en texto na biblioteca) e este ano foi a súa secuela "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" (que tamén  temos no cole).
E cada vez que vén sempre nos sabe a pouco e quedamos con gañas de que repita pronto.

MOITAS GRAZAS!!!




IAGO by Slidely Slideshow

E así de ben o pasamos!!!! para mostra ... "un anaco".