Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións

luns

19 DE DECEMBRO. FESTIVAL DE NADAL

 O pasado venres celebramos o Festival de Nadal no noso cole. Como tódolos anos foi unha oportunidade para que toda a comunidade puidésemos compartir un ratiño de celebración e desfrute coas actuacións que realizou o alumnado e cunha rica merenda facilitada pola ANPA.


Felices festas¡¡

 


vídeo nadal colexio 

luns

29 DE OUTUBRO. O SAMAÍN CHEGA A FRANZA.

O pasado mércores desfrutamos do Samaín no cole de Franza. O Samaín é unha festa que marca o final da época de colleitas e o inicio da "metade máis escura do ano". 


Este curso contamos coa Asociación Cultural Apelón que conseguiu que a nosa biblioteca se convertese nun espazo cargado de mística e tradición cunha incrible ambientación e posta en escena.



Houbo tempo para os "contos de medo" cos maiores do colexio e os máis pequechos desfrutaron de clásicos adaptados á súa idade e gustos.



Sen dúbida, unha experiencia moi positiva que, grazas aos amigos da Asociación Cultural Apelón,  nos permitiu conmemorar o Samaín no colexio.

martes

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS.

 

    O pasado 24 de outubro celebramos “O día das Bibliotecas Escolares” e aproveitamos para presentar o proxecto do curso actual.

    A nosa mascota Pulpi convocounos na biblioteca despois do recreo.



Mediante unhas probas que os alumnos/as resolveron en pequenos grupos coñecemos que o título do noso proxecto anual “ImaxinARTE”, tiveron que decorar un mural co título e obtiveron como recompensa o carné do artista.







 Ao longo do curso deberemos superar probas e converternos en auténticos artistas. 



Seremos capaces?

RECREOS NA BIBLIO

 Durante os recreos as nenas e nenos do cole poden ir á biblioteca libremente.

Hay servizo de préstamos e devolucións a cargo do alumnado de 5º e 6º e poden usar os fondos e os materiais que lles apeteza (cumprindo as normas, evidentemente).

E así suceden cousas marabillosas. Momentos de compartir xogos, retos, creacións, lecturas.... Momentos de estreitar lazos de amizade. Momentos de paz, tranquilidade, risa, entusiasmo, descubrimento...E todo iso grazas á biblio, espazo especial e seña de identidade do cole.

As bibliotecas, tesouros dos centros!


luns

RECREOS NA BIBLIOTECA

 Son moitos os momentos máxicoa que se viven na biblioteca ao longgo do ano, pero a min gústame especialmente aqueles que son froito da propia iniciativa do alumnado.

É unha mágoa que non teñamos unha cámara incorporada xa que non sempre podo facer fotos. Pero algunha sí que teño e aquí volas deixo para que disfrutedes.


RECREOS EN LA BIBLIOTECA de biblioteca franza

domingo

DÍA DO LIBRO

 Hoxe, 23 de abril é o Día Mundial do libro e desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades  editouse o cartel para conmemorar este día.

Montse Penas Presas, profesora de Lingua e Literatura na Universidade de Santiago grande experta da Literatura Infantil e Xuvenil actual, sobre todo na que se escribe en galego e baixo unha perspectiva de xénro, foi quen xenerosamente cedeu este texto ás Bibliotecas escolares de Galicia para conmemorar este día.

É un texto adicado ás mediadoras e mediadores no mundo dos libros. Esas persoas que achegan, amosan, recoemndan, suxiren, facilitan.... a lectura a otr@s.



Se clicades na imaxe accederedes ao cartel en PDF e poderedes lelo con máis facilidade

 E se tedes interese no texto completo e non só a sección que aparece no cartel, clicade na seguinte imaxe e o poderedes disfrutar.

DAR DE LER



mércores

RECREOS NA BIBLIOTECA II

 Ao longo do curso nos recreos na biblio o alumnado accede a diferentes actividades segundo a oferta e o seu gusto. Así danse momentos que de vez en cando gardamos en fotos.

Os materiais creativos, inclusivos de lecura e información sempre están á súa disposición.


martes

PULPI POLA IGUALDADE

 Isto que ides ver é un proxecto que xa está moi avanzado e que ten só é necesario poñerse mans á obra.

Sabedes que na fachada do cole o curso pasado Leando Lamas (pintor, ilustrador, actor e director teatral da nosa contorna) deseñou un mural pola igualdade que encheron de cor as nenas e nenos do cole.


Pensamos que a parede que queda baixo as ventás da biblioteca podía acoller a Pulpi, seguindo a esas mozas tan estupendas do mural de Leandro.

Así que puxémonos mans á obra, e despois de fotos diversas e varios ensaios fomos obtendo o desexado.

Pero como ademais Pulpi é o "Rei dos libros" pensamos que estes non podían faltar no deseño. Así que Pulpi aparece con libros máxicos coma os da nosa biblio, que se van convertendo nas mariposas que acompañan ás nosas rapazas.

A idea é esta, máis ou menos.








O que vedes é unha montaxe fotográfica. Agora só resta pintar a Pulpi na parede e enchelo de cor!


Qué vos parece?

domingo

OS CONTOS DA BRUXA CHISPUM. CONTOS POLA IGUALDADE

A bruxa Chispum non é como nos contaron que eran as bruxas... é científica e narradora de contos igualitarios! Para iso inventa un teatro no que Brancaneves non queda cos ananiños por non repartir as tarefas da casa e Bella sabe que o amor da Besta non é verdadeiro, pois é posesivo. 

A Biblioteca Municipal de Mugardos promoveu esta actividade nos centros educativos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Constaría deen dúas sesións. Nunha primeira podiamos visionar o vídeo desta obra teatral interpretada por "Teatro Calavera" e nunha segunda disfrutaríamos de obradoiros de ciencia do máis divertido.

E así foi no noso cole. Participou o alumnado de E. Infantil e o de 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria.

O vídeo podedes volver a velo aquí:



En E. Infantil elaboraron unha plastilina moi especial misturando diferentes sustancias e en Primaria aprenderon sobre a densidade dos líquidos e cada nen@ levou o seu propio frasquiño de líquidos de cores.
Aquí tedes algunhas fotos :











venres

SINALIZAMOS A ESTANTERÍA DOS XOGOS POR CURSOS

 Mirade que números tan chulos, feitos a man, puxemos na estantería dos xogos!

Así é máis doado collelos e recollelos.





sábado

RECREOS NA BIBLIOTECA

 Agora que está a rematar o curso escolar e que ando revisando as fotos quería compartir con tod@s estas que fun tomando en diferentes recreos na biblioteca.

É unha homenaxe á nosa biblio e a todo o alumnado que alí disfruta, convive, comparte, traballa, xoga e aprende.Un espazo onde medrar.



martes

CANCIÓN PARA BEN LAVAR AS MANS

 Aínda que case tod@s xa a sebedes, aquí vos deixo un pequeno vídeo co texto e coa música para repasala, cantala comigo ou amosarlla á familia ou amigos.

Disfrutádea!!!


luns

O CORONAVIRUS NON VAI Á BIBLIOTECA

 Por fin abriremos a biblioteca neste novo curso 2020-2021.

Pero como é un ano especial, temos unhas novas normas que tod@s debemos coñecer e respectar.

Pulpi non quere que o coronavirus entre na biblio e seguro que vós tampouco. Así que facédellle caso e seguide estas normas.



 



Aquí as tedes máis resumidas e en forma de cartel que poñeremos nas portas de acceso.



Seguro que entre tod@s "espantamos" a este virus da biblio e do cole!!!

domingo

NOVO RINCÓN DE LECTURA NO PATIO

Co mobiliario que "herdamos" da Escola de O Seixo creamos un rincón de lectura no patio para que o disfruten os máis pequenos, que non van á biblioteca durante os recreos.
E tamén para tod@s @s que queiran, claro!
E parece que tivo éxito.







domingo

POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Dende a Consellería de Educación, e grazas ao traballo e esforzo da Asesoría de Bibliotecas Escolares, chegounos unha dotación económica especial para facer a nosa biblioteca aínda máis inclusiva do que xa é.
Trátase de que a biblioteca poida ser un "centro creativo de aprendizaxes e un espazo ao servizo da comunidade educativa onde teñen cabida todas e todos cada un cos seus ritmos, intereses e necesidades.

Aquí vos presentamos moito do material no que invertimos a dotación económica.
Agardamos que vos guste e vos ilusione tanto como a nós.




martes

BIBLIOTECA CREATIVA CURSO 2019-2020







Xa sabedes que a nosa é unha Biblioteca Creativa.
O curso pasado entramos a formar parte deste programa que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
No curso pasado recibimos materiais e formación para a construcción de 4 Escornabots para a biblioteca escolar. E para traballar con eles elaboramos diferntes materiais e levámolos polas aulas para que a información do seu manexo chegara a todo o alumnado.

Nesta ocasión, ao ser o segundo curso dentro do programa, recibimos dotación económica para a compra dunha impresora 3D así como formación básica para poder crear os noso propios deseños.

A responsable da Bilioteca acudiu a unha xornada de formación celebrada o pasado 25 de outubro na EGAP  (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago da que veu cargada de ideas e ilusións.





Aquí tedes unha presentación de fotos da xornada






domingo

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

Con este lema iniciamos un novo curso nas bibliotecas escolares de Galicia integradas no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).
Acompaña sempre ao lema do ano un cartel representativo creado por un/unha ilustrador/ilustradora salientable.
O deste curso é obra de Óscar Villán (ilustrador) e reflicte moi ben cal é a concepción dunha biblioteca escolar do século XXI. Fixádevos ben en cada unha das esceas do cartel e veredes moitas situacións que a cotío se dan na nosa biblio.


Se premedes na imaxe accederedes á entrada do blog da Asesoría de Bibliotecas onde se poden ler frases tan fermosas coma esta:


Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

xoves

DÍA DA BIBLIOTECA 2019

O 24 de outubro celébrase un ano máis o Día da Biblioteca que se vén celebrando dende 1997 por iniciativa da Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.




O cartel deste ano é do ilustrador Miguel Calatayud, e o pregón é da escritora Gemma Pasqual.




E aquí deixamos o fermoso pregón de Gemma pasqual:


A SEN CONTO


Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.


E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.


Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.


Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.


Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.


Tradución: Héctor Cajaraville

________________________________________________________________


Nas Bibliotecas Escolares de Galicia, tamén temos un cartel moi, moi especial, baixo o lema "Biblioteca Escolar: Viveiro de Cidadanía", elaborado por Óscar Vilán.



Moitas destas esceas do cartel son habituais na nosa biblioteca e así queremos que siga a ser. Un lugar de encontro, de comunicación, de aprendizaxe, de intercambio, de respecto polos outros, para compartir, crear, aprender, xogar, descubrir..... Aprender a ser cidadán do século XXI.

Se queres engade tí nos comentarios do blog qué outras cousas fas na nosa biblio!!