Amosando publicacións coa etiqueta Historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Historia. Amosar todas as publicacións

xoves

VISITAMOS A EXPOSICIÓN "FERROL NO TEMPO"

 Grazas á iniciativa da A Fundación (de Abanca) puidemos realizar unha visita guiada a esta fantástica exposición, "Ferrol no tempo".

A visita constaba ademais cun obradoiro especialmente deseñado para o alumnado e adaptado ás diferentes idades.

Así, mentres os maiores realizaban o seu obradoiro os pequenos realizaban a visita e unha vez rematado intercambiaban as tarefas.

Na visita organizaron ás nenas e nenos en equipos e entregáronlles unha ficha con retos (diferentes en cada grupo) que debían superar. Para iso deberían fixarse ben e observar ben a exposición.

Logo facíase unha posta en común para que así todas e todos aprendesen algo máis da expsoición.

Aquí vos deixamos unha presentación das fotos da visita, e máis abaixo a dos obradoiros.


Altavoz antiguo do Teatro Jofre de biblioteca franza

@s maiores traballaron con Tinkercad deseñando espazos e os máis pequenos colorearon un mapa de Ferrol e experimentaron con maquetas cun sinxelo circuito eléctrico.


Diseño de biblioteca franza

SAÍDA POLAS FRAGAS DO EUME

 Tiñamos pendente esta saída polas Fragas do Eume dende a charla do CEIDA no cole no mes de outubro.

E por fin chegou o día.

O tempo non acompañaba moito pero a verdade é que así molladas lucen en todo o seu esplendor e facilitou a observación de fauna diversa que con tempo seco non veríamos.

Dividíronos en dous grupos e cada un fixo a ruta (que é circular) en sentido contrario.

Tanto nun grupo coma noutro puidemos observar a flora e a fauna autóctona do lugar, aprendimos a camiñar con moito silenzo (ou cando menos o intentamos) para así non asustar aos habitantes da fraga. Tamén visitamos o Mosteiro de Caaveiro, xoia arquitectónica das fragas e coñecimos a súa historia.

Unha mañá perfecta a pesar do frío e da humidade.


MUSEO/EXPOSICIÓN PATRIMONIO DE FRANZA

 Este foi un traballo realizado polo alumnado de 3º de E. Primaria na área de Ciencias Sociais sobre a  historia a través do noso patrimonio.

Para levar a cabo esta magnífica actividade contaron coa colaboración das familias e do Museo do Caldoval de Mugardos

O museo/exposición foi visitado por todos os grupos de alumnado do cole e en cada visita se repetiu a presentación. Un grande traballo que inspirou a súa profe Pili.




Todos os grupos do cole visitaron o museo coa presentación correspondente.














luns

LIBROS CON SOLAPAS E BOLSILLOS

 Como traballo de aula e ademais de Formación Documental o alumnado de 4º realizou, coa técnica do Libro con solapas e bolsillos, traballos sobre a Prehistoria coa profe de Ceincias Sociais, onde ademais de documentarse axeitadadmente (libros de texto, fondos da biblioteca escolar, internet) tiveron que tomar decisións sobre como organizar a información e como colocala no seu libro ademais de valorar todos os aspectos artísticos e de diseño para un resultado óptimo (información clara, doada de atopar e no formato máis axeitado a cada apartado).

o curos pasado iniciáronse nesta técnica, pero este ano amosaron unha grande evolución e autonomía neste tipo de traballos.

Mirádeo se non me credes!