xoves

MÁIS KAMISHIBAI. MÁIS INTERCAMBIOS DE LECTURAS

Seguimos a traballar no intercambio de lecturas entre os diferentes cursos do cole.
Hoxe foron os de 6º (outra vez) os que presentaron o Kamishibai aos de 3º e 4º de Primaria.
Como xa son todos uns expertos neste marabilloso teatriño lector fixéronno moi, pero que moi ben.
En 3º e 4º quedaron sorprendidos e encantados, e xa están desexando utilizalo eles.
Aquí tedes unhas fotos deste máxico momento.


Kamishibai do 5 de decembro by Slidely Slideshow

martes

A HORA DE LER DE 1º E 2º CONTADA EN CÓMIC

No primeiro Ciclo de primaria reúnense a diario na "Hora de ler".
Esta actividade está a resultar moi divertida e motivadora para todos, e non falo só dos alumnos e alumnas.
Se queredes saber máis podedes facer 3 cousas:

1º: Ler o Cómic que fixemos para contalo, e que está no expositor de novidades da biblioteca.
2º: Ler o Cómic na presentación Issu que atoparedes máis abaixo.
3º Mirar o vídeo que fixemos a partir do cómic.



luns

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINICIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER





                                                 (Da Biblioteca Xoán Farias, C.E.I.P. Pazos)


Se buscades a palabra violencia no dicionario, entre outros significados atoparedes:


VIOLENCIA: 

Maneira de actuar na que se fai uso da forza física ou da intimidación moral (asustar ou  facer que alguén sinta temor) contra algo ou alguén.



Cando pegamos, empurramos, golpeamos...as persoas, animais ou cousas estamos empregando a violencia.
pero tamén cando insultamos, ridiculizamos, ameazamos, dicimos a outros que valen pouco ou nada...,


Hoxe falamos da Violencia contra a muller, porque en moitas ocasión a muller é victima de violencia tan só polo feito de ser muller. Paréceche xusto? 


Aínda hai quen pensa que a muller é inferior ao home. 
Aínda hai quen pensa que os homes deben decidir polas mulleres. 
Aínda hai quen pensa que as mulleres son propiedade dos homes.
Aínda hai quen pensa que unha muller non ten os mesmos dereitos que os homes, ou non debería telos....

TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES

PERO IGUAIS EN DEREITOS E OPORTUNI-

DADES!! 





CELEBRANDO O 25 DE NOVEMBRO

Hoxe, para conmemorar este día tan especial reunímonos todos e todas na biblioteca, e a profe Begoña contounos "A historia dos bonobos con lentes".
(Se clicas na imaxe podes ver un anaco do libro)


"Os bonobos comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas cecolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar..."












Aquí vos deixo unhas imaxes do momento:




mércores

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


O Día Universal do Neno e da Nena  celébrase dende 1990, despois de que o texto que o recoñece fora aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.
 O texto plantexado na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) era o primeiro instrumento internacional que recoñecía plenamente os dereitos dos nenos e nenas.

Premendo no texto terás acceso a un montón de recursos sobre este día, recopilados polo C.E.I.P. Víctor Sáenz: documentos, xogos, vídeos, cancións...


Pulpi, para vos, escolleu este vídeo, e outro dunha canción moi especial. Agarda que vos gusten tanto como a el.

FELIZ DÍA, NENOS E NENAS DO MUNDO





EL NIÑO DE BEIRUT

LLuis llach, o cantante e compositor desta fermosa canción, conta que a escribiu cando viu no xornal unha foto dun neno cun fusil no medio dunha cidade destruída pola guerra (campamentos palestinos en Beirut, bombardeados durante dous meses, que la ONU calificou de xenocidio).
LLuis canta en catalán, pero vos deixamos a traducción, para que non vos perdades nada do que di na canción. É un canto á paz e aos dereitos dos nenos e nenas, sobre todos daqueles e daquelas que viven en guerra.



 INFANT DE BEIRUT                                                   UN NIÑO DE BEIRUT


No sé prou bé si era tristesa                                                          No sé muy bien si era tristeza
o el dolor antic d’uns ulls d’infant.                                              
o el antiguo dolor de unos ojos de niño.
Però, per un moment, del món va ser el retrat                            
Pero, por un momento, el retrato del mundo fue                   aquella imatge d’un infant de Beirut.                                          aquella imagen de un niño de Beirut.

El fràgil braç, tendra tragèdia,                                                   
El frágil brazo, tierna tragedia,
brandant fusell; mort i bandera.                                              
blandiendo fusil; muerte y bandera.
El cos menut i bru perdent-se en la ciutat,                             
El cuerpo menudo y oscuro perdiéndose en la ciudad,
un nínxol anònim per l’infant de Beirut.                                
un nicho anónimo para el niño de Beirut.

Al cel hi té els Deus del "napalm"                                            
Tiene en su cielo a los dioses del "napalm"
i el tro infernal d’ocells de plata,                                                
y el trueno infernal de pájaros de plata,
en l’horitzó, només, l’exili sempre amarg,                                
en el horizonte sólo el exilio siempre amargo,                        bressol i tomba per un infant de Beirut.                                   cuna y tumba para un niño de Beirut.

Morir a Beirut, morir a Mauthausen,                                    
Morir en Beirut, morir en Mathausen,
el mateix foc en temps distants,                                             
el mismo fuego en tiempos distantes,
mirall glaçat d’un món on ja ningú no respon                     
espejo helado de un mundo en el que ya nadie responde
als ulls immòbils d’un infant de Beirut.                                 
a los ojos inmóviles de un niño de Beirut






domingo

MÁIS SOBRE A HORA DO CONTO

Esta actividade non fai máis que traernos sorpresas moi, pero que moi agradables.

Os nenos e nenas de 5º de Primaria leron  a obra de teatro "Boas Noites" de Paula Carballeira. Pero ademáis de ler moi ben, puxéronlle música ás cancións que aparecían no texto, porque unha canción sen música é menos canción.
Escoitádeos e xa me diredes se non é certo que estas nenas e estes nenos non teñen un grande sentido musical..... Parabéns a tod@s e seguide así.






E os nenos e nenas de 4º agasalláronnos cuns poemiñas recitados con moita profesionalidade, e a lectura duns pequenos contos moi simpáticos.

Fixéronnos pasar un moi bo rato.
Grazas a todos e todas !!!!!



mércores

A VOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Mirade que bonita estaba a exposición de cabazas que trouxestes.
Agardamos que teñades pasado un rato moi agradable preparándoas nas vosas casas.
A Pulpi encantáronlle, e está sorprendido das moitas habilidades, ideas e recursos que amosastes.
Moitas grazas a todos e todas!

Presentación con música de Chill Carrier.


Exposición de cabazas by Slidely - Slideshow maker

MAGOSTO E SAMAÍN

E para ir facendo boca aquí vos deixo uns cantos vídeos que seguro vos gustarán.


Mickey Mouse na casa encantada (1929)

A danza destes marabillosos esqueletos. Poñémola un ano máis pero é que nos encanta.






Este conto tamén mola!

Fiz, o coleccionista de medos.


Sabedes por qué os corvos son negros?. Mirade, mirade...




Para cantar e pasalo ben no Magosto.





E no Samaín


xoves

CLUB DE LECTURA

"O faro de Pulpi"
Así se chama o Club de Lectura das nenas e nenos de 5º e 6º.
Participan tod@s, e esta semana tiveron a primeira reunión.
Nela falaron sobre o cometido do club e os compromisos que adquirían. Recibiron as súas identificacións , as normas por escrito e o caderniño de traballo do libro, o primeiro dos libros que lerán ( "O misterio dos fillos de Lúa" de Fina Casalderrey).

Manterán reunións quincenais e ademáis algunha extraordinaria, en horario de tarde, para ver unha peli relaccionado coa lectura, ou  outra de interese(palomitas incluídas).
Tamén se lles dixo que a fin de curso terán unha sorpresa que será do seu agrado.
Tod@s queren saber a sosrpresa que lles agarda, pero se llela dicimos xa non será sorpresa.
Xa vola contaremos.

Como non podía ser doutra forma, nesta primeira reunión compartiron a súa primeira merenda: bola, galletas, zume... E como ía ser a hora do recreo... tiñan moita fame!.

Queredes ver as fotos deste primeiro día?



 
CLUB DE LECTURA by Slidely - Slideshow maker

INTERCAMBIO DE LECTURAS

Este ano puxemos en marcha unha nova actividade que está a dar moi bos resultados.
Trátase dos intercambios de lecturas.
Nunha clase se prepara unha lectura (ou varias)  para agasallar aos nenos e nenas de outra clase. A actividade lévase a cabo na "Hora de ler" no día que acorden previamente.

Polo momento en 6º utilizaron o Kamishibai cos nenos e nenas de toda a Educación Infantil, e en 3º organizaron un apadriñamento lector coa aula de 3 e 4 anos.
Aquí tedes unha mostra destes momentos tan especiais.




3º lendo a Educación Infantil by Slidely - Slideshow maker

KAMISHIBAI PARA E. iNFANTIL by Slidely - Slideshow maker

mércores

A HORA DO CONTO

Un ano máis puxemos en marcha "A hora do conto".
Cada 15 días máis ou menos, reunímonos TOD@S na biblioteca na "hora de ler" a escoitar un conto.
A primeira sesión do ano correu a cargo da "profe" Alicia.
Contounos "El día más feliz de el Señor Pi", de Álvaro Alejandro e ilustrado por Aleida Ocegueda (Editorial Océano Travesía).
Mentres Alicia contaba o conto podiamos ver na pantalla as ilustracións deste marabilloso álbum ilustrado, do que aprendimos que a verdadeira felicidade ten que ser buscada e atópase nas cousas máis sinxelas.










GRAZAS PROFE ALICIA!!!!!!!

IRIÑA BAILARINA

A segunda sesión correu a cargo de Denisa e Carla, de 5º de Primaria.

Nese curso fixeron o cartel que as anunciaba. Chulo, non?



Contáronnos "Iriña bailarina", de Cristina Justo e Paloma Rodríguez, con ilustracións de Spela Trobec (Edicións Embora, Colección "A igualdade conta) 






Tamén utilizaron a pantalla para que tod@s puideramos ver as ilustracións e aprendimos un pouco máis sobre a igualdade entre homes e mulleres, entre nenas e nenos.



Fixeron un fantástico traballo e tiveron ao público engaiolado coas súas voces, a súa lectura e coa historia tan bonita que escolleron.


MOITAS GRAZAS CHICAS!!!!!

luns

RECREO NA BIBLIOTECA

E todos os días a mesma pregunta....
Cando abre a biblioteca?
Un día, e outro día...

E por fin chegou o momento (aínda que sin poñer todas as cortiñas). Non podiamos agardar máis.
E este foi o resultado da apertura. E iso que facía moi bo tempo.

Benvid@s un ano máis á vosa BIBLIO!


RECREO NA BIBLIOTECA by Slidely - Slideshow maker

AXUDANTES DA BIBLIO

Un ano máis o alumnado de 5º aprendeu todo o necesario para poder ser axudantes da biblioteca escolar.
Os nenos e nenas de 6º tamén estiveron, para "recordar" o que aprenderan o ano anterior e para axudar aos novos compañeiros e compañeiras.

Fixéronno de marabilla e aprenderon de contado.
Aquí vos deixamos unhas fotos dese día.

GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN.



APRENDENDO A TRABALLAR CO "MEIGA" by Slidely - Slideshow maker

venres

PARA VISITAR ESTES DÍAS

Na Biblioteca Municipal de Ferrol, no edificio da Praza de España e ata o día 27 de agosto podedes visitar unha exposición de libros troquelados procedentes da Biblioteca Salmantina.




Atoparedes libros tan bonitos coma este de "Alicia en el país de las maravillas".

A que apetece ir visitala?. Animádevos!!!

Tedes máis información neste enlace.
Diario de Ferrol

martes

O VERÁN

E así nos falan do verán estes artistas de 4º de Primaria.
A letra é da súa autoría.

Xenial!


FESTIVAL DE FIN DE CURSO. AULA DE 3 E 4 ANOS.

Mirade que ben cantaron.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. AULA DE 4 E 5 ANOS.

Estes tamén cantan ben!

SORPRESA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Alberto á guitarra, Sonia á frauta, Bea dirixindo, e os neos e nenas a cantar esta canción que fixo as ledicias de todo o público.

Dádenos moitas sorpresas máis coma estas.


FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2013. ESCOLA DE O SEIXO

E con esta marabillosa actuación agasalláronnos os nenos e nenas da escola de O Seixo.
GRAZAS!

COAS CHANCLAS NAS MANS

Como este verano parece que se resiste a chegar, en primeiro de Primaria puxemos as chanclas nos pés para facer este exercicio rítmico de percusión corporal combinado coa voz.
Estes rapaces e rapazas están feitos uns artistas.


BAILANDO NUNHA CADEIRA

E aquí tedes ao alumnado de 2º bailando nunha cadeira.
Fixéronno de marabilla!!!

INSTRUMENTACIÓN CLÁSICA E NON TAN CLÁSICA

En 3º tocan así os instrumentos clásicos e os "non clásicos".
Podemos facer música con case calquera cousa!

Sorpresa de 4º

Baile coreografiado e uns cantos chistes ben contados foi a sorpresa coa que nos agasallaron a tod@s estas rapazas e rapaces de 4º.
Prepararon a sorpresa coa súa titora Bego, e en absoluto segredo.

MOITAS GRAZAS!!!!


RITMO DOS VASOS SOBRE AS MESAS.

En 5º e 6º de Primaria preparamos unha actuación na que combinamos voz e percusión coreografiada con vasos sobre mesas escolares.
O resultado aquí o tedes.

BAILANDO

E aquí vos deixo unha selección de fragmentos das coreografías que se interpretaron no Festival e que prepararan os nosos nenos e nenas para a área de Educación Físisca.

SORPRESA DE 6º

Con esta sorpresa agasalláronnos os de 6º.
Carla levou a voz, e o resto de compañeiros e compañeiras saíron a escea para apoiala e non deixala soa nesta tarefa.

Escoitádea!


PRESENTANDO AS ACTUACIÓNS

Estes son os nosos presentadores e presentadoras no festival.
Moitas grazas a todos e todas.
Que teñades unha moi boa chegada ao Insti o vindeiro curso.
ATA SEMPRE!!!!!


UN MAGO NO COLE

Aquí vos deixo un vídeo coas fotos da actuación do mago Crystyan Magic no cole.

GRAZAS Á ANPA, POR ESTE AGASALLO TAN FERMOSO!!!!!!

Pasámolo de marabilla!


sábado

EXPOSICIÓN O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA

Cedida polo Museo do Humor, do Concello de Fene, tivemos no cole unha exposición moi especial.
Trátase dunha exposición colectiva, na que unha serie de autores trata o tema dos dereitos dos nenos dende o humor, aínda que moitas veces dende un humor ácedo, negro e sempre co obxectivo de denuncia de como eses dereitos non son respectados.

No cole traballamos con ela a través de diferentes actividades.
A visita por grupos comentando o que se veía e o que entendiamos sobre todos e cada un dos cadros da exposición xa foi de por sí unha actividade moi productiva, na que comprobamos unha vez máis a facilidade dos nenos e nenas para conectar con este tripo de linguaxe.

Ademáis o Equipo de Actividades Extraescolares do Centro elaborou un dosier de traballo sobre a exposición para cada un dos ciclos de Primaria, no que afondaba no coñecemento dos autores, do tipo de linguaxe utilizado e sobre os artigos da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas.

Ao alumnado resultoulle especialmente divertido e motivador saír das aulas para traballar nos corredores.

Aquí podedes ver unha proba deses momentos.



biblioteca franza's Slidely by Slidely - Slideshow videos

LETRAS GALEGAS 2013

Resolver adiviñas para atopar o nome dun escritor ou escritora das nosas letras, descifrar mensaxes cun descifrador especial, facer cálculos mentais para, aplicando un código numérico, atopar un nome, buscar eses nomes e a súa caricatura para pegalos, xogar cuns cubos para, buscando a información precisa, completar 6 datos diferentes.... foron algunhas das divertidas actividades que realizou o noso alumnado na biblioteca con motivo do Día das Letras Galegas.

A actividade foi todo un éxito, xa que traballaron moito, pero en equipo, e dunha maneira moi divertida. ademáis aprenderon algo máis sobre algúns dos homenaxeados das nosas letras.


mércores

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO NA BIBLIO

A editorial Anaya agasallounos coa visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Este curso o alumnado de 1º e 2º de Primaria leu o seu libro " A pedra e as formigas". En 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria leron  "O nacamento de Nunavut", publicación na que Jacobo é o ilustrador.
Estabamos moi impacientes por recibilo porque xa hai tempo que sabemos que nos visitaría e a verdade é que as nosas espectativas quedaron amplamente satisfeitas.
Foi unha visita moi, moi,moi entrañable e interesante. Jacobo amosou unha grande profesionalidade e un trato escepcional cos rapaces e rapazas.

Se clicades nas imaxes podedes acceder aos seus blogues.









Para recordar esta visita deixamos aquí esta presentación . Disfrutádea!


Visita Jacobo Fdez.


More PowerPoint presentations from bibliofranza
Música David Löhstana. Jamendo.com.

CONTANDO CONTOS EN ABRIL

Durante o mes de abril, mes dos libros, contamos coa colaboración de pais e nais que aceptaron a nosa oferta de vir contar un conto ao cole.
Aquí tedes un resumo do resultado.

María Pérez, nai de Carla, ofreceuse para contar un conto aos máis pequenos.
Escolleu "A eiruga glotona", e foi todo un acerto.
Gustou moito ao público de Educación Infantil, que ademais andaban a traballar co tema na aula.





Tamén quixo contar un conto ao 2º e 3º Ciclo de Primaria. Nesta ocasión escolleu "Babaiaga", que tamén fixo al ledicias de todos.

By Slide.ly - SlideShow Maker


Xurxo Gago, pai de Blanca, ofreceuse a contar un relato escrito por el : "O Carballo Máxico". Preparou a exposición xunto á súa filla e acompañouna con fotos reais do carballo do relato e outras relacionadas coa trama ademais de música axeitada de fondo.
Se clicas nas imaxes poderás acceder aos seus blogues, onde ten subidos outros moitos escritos da sua autoría.


Aquí tedes o vídeo deste momento.
Agardamos que vos guste moito.

By Slide.ly - SlideShow Maker



Tamén colaborou con nós Mónica, a nai de Nico. Esta non era a súa primeira vez ( xa o fixo hai dous cursos) e o alumnado o recordaba.
Escolleu un conto en INTERNET, que gustou moito ao noso alumnado.
Tamém falou da "maxia" dos contos, que ofrecen a posibilidade de vivir vidas e emocións sen saír da casa.
Dámoslle tamén as Grazas.


By Slide.ly - SlideShow Maker


Seína, a nai de Icía, temén respondeu ao noso chamamento e contounos a todos o conto que escolleu Icía. "Rodribico vai ao circo".
Aquí vos deixo unha presentación dese momento como agradecemento pola súa colaboración.



By Slide.ly - SlideShow Maker


Temén quixo participar Zaida Guerrero, nai de Lorena e Fátima, que ademáis de escoller e preparar os contos que lería fixo un precioso cartel dunha das ilustracións, para acompañar o seu relato.
Dende logo ten moita arte.Mirade a presentación e xa nos diredes!
Moitas grazas!

By Slide.ly - SlideShow Maker

xoves

OS PADRIÑOS CONTAN CONTOS

Con motivo do día do libro, un ano máis, os alumnos e alumnas de 2º ata 6º de Primaria fixeron de "padriño ou madriña contacontos" , sendo os seus afillados e afilladas os nenos e nenas das aulas de educación Infantil e de 1º de Primaria.
Para ese día cadaquén elaborou un marcapáxinas moi orixinal para agasallarse mutuamente.
A sorpresa era total para os afillados e afilladas xa que non sabían quen era o seu padriño ou madriña, nin que conto lles ían contar.
Chegado o día agardaban impacientes nas súas aulas. Impacientes e algo nerviosos.
Por fin os padriños e madriñas os foron buscar e os acompañaron ata o lugar do colexio que escolleran para a ocasión.
Durante o tempo marcado para a actividade os padriños e madriñas leron o conto escollido por elles ao seu afillado/a, ensináronlles as ilustracións, falaron do conto e da historia, contestaron ás preguntas que lles fixeron e tamén propuxeron intercambiar os papeis, e que os pequenos e pequenas lles contasen o conto a eles.
Foi, coma en anos anteriores, unha actividade moi satisfactoria e que sembrou a escola de rincóns de lectura e de momentos especiais de convivencia.
Calquera sitio serve para contar e escoitar un conto se o conto así o merece.
Aquí tedes imaxes deste día tan especial.
Grazas a todos e todas!

By Slide.ly - SlideShow Maker

mércores

REUNIÓN NA BIBLIOTECA

O pasado 3 de abril recibimos na biblioteca a visita de compañeiros e compañeiras que traballan nas bibliotecas escolares da zona de Ferrolterra.
Foi unha visita moi aproveitada e agradecemos a todos e todas a súa presenza, tamén aos que non puideron estar pero que seguro compartirían de boa gaña estes momentos.
Pulpì estaba moi contento de recibir tantas visitas aínda que se puxo un pouco pedante cando recibiu tantos piropos.
Aquí vos deixo un resumo do día.

domingo

QUEN FAI QUE NA MIÑA CASA?

Aquí tedes o resultado da enquisa que con motivo do Día da Muller Traballadora contestaron os nenos e nenas do cole.

Os datos recollidos non son totalmente fiables xa que en moitas ocasións  ao comparar os datos de irmáns non coincidían. Pero aínda así son orientativos sobre a realidade do reparto de tarefas nos fogares.

Que cada un extraia as súas propias conclusións e vaia dende aquí a nosa máis sentida HOMENAXE A TODAS AS NAIS que sen lugar a dúbida son MULLERES MOI, MOI, TRABALLADORAS.



mércores

ADEUS A JOSÉ LUIS SAMPEDRO

Finou o domingo en Madrid José Luís Sampedro. Escritor, profesor, economista, ensaísta... 
Humanista símbolo do compromiso intelectual e cidadan. Reclamaba unha economía máis solidaria e xusta  que contribuíse ó desenvolvemento dos pobos: 
"Hay dos clases de economistas; los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres".
Preocupado pola situación actual do noso país:
"...La crisis pasará, por supuesto, lo hará a costa del sufrimiento de todos nosotros, porque, con la mitad del dinero que se pretende inyectar para que un banco está lleno, se podría evitar el recorte en la educación y la sanidad".
Home de placeres sinxelos:
"... la lectura ha sido(un placer) extraordinario. Con la música he disfrutado muchísimo, he tocado un poco el piano y el violín, pero sobre todo he escuchado.... La contemplación ha xsido importante. Hablo muchísimo conmigo, me trato mucho"

Finou aos 96 anos e como quería, de maneira sinxela e sen publicidade.





PARABÉNS, SARA!








Este ano o alumnado de 4º e 5º de Primaria participou no "VI Certame de poesía" que organizou o Concello de Mugados.Todos os participamtes esforzáronse moito na redacción do seu poema e disfrutaron moito escollendo un pseudónimo para firmar o seu traballo, como así o establecían as bases.
A pasada semana recibíronse invitacións para acudir ao acto de entrega de premios, e ao día siguiente fíxose público o resultado: Sara foi a gañadora!
Este sábado no Concello recibiu o seu premio.
PARABÉNS!


Custom Glitter Text

luns

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2013

Parabéns a tod@s @s premiad@s e a tod@s @s participantes.

Grazas de todo corazón pola vosa colaboración.

Aquí vos deixo unha presentación desta actividade.

domingo

SEMANA DA PRENSA

Do 11 ao 15 de marzo, como en moitos outros coles, traballamos coa prensa nas diferentes aulas.
Pero a Pulpi gustáronlle especialmente os traballos da aula de E.Infantil de 3 e 4 anos e de 4º de E.Primaria .


Se clicades na imaxe podedes ver nos blogs correspondentes a presentación do seu traballo.









venres

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Nesta data tan sinalada pasamos unha enquisa a todo o alumnado a fin de recoller información sobre o reparto das tarefas do fogar nas diferentes familias.

A idea é tratar posteriormente os datos recollidos e expoñelos por medio de tablas ou gráficos.

De momento aquí vos deixamos un modelo da enquisa.


En 1º de Primaria fixeron un interesante traballo sobre o tema que podedes ver no seu blog.(Clica na imaxe)


mércores

ROSALÍA DE CASTRO: 150 ANOS DE CANTARES GALEGOS


  (Para saber máis de Rosalía Clica na imaxe tan preciosa que nos proporcionou Rosana Rodiles, da biblioteca Xan Farias, do C.E.I.P. de Pazos- Ferrol))


O día 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, porque nesa data naceu no ano 1837.
Pero  ademais este ano,  o 17 de maio,( Día das Letras Galegas), cumpriranse 150 anos que Rosalía publicou "Cantares galegos".


Moitos centros educativos de toda Galicia sumáronse a renderlle homenaxe, e o noso cole non podía ser menos.

En cada clase de Primaria prepararon a lectura dalgún poema de Cantares Galegos, e ademáis nas clases de música e nas titorías aprendimos a canción que Amancio Prada fixo co poema "Adiós ríos, adiós fontes...".

Así, cando chegou o día da celebración cada curso leu maxistralmente o seu poema e como final de festa cantamos todos xuntos.

Foi verdadeiramente emocionante, porque cantar xuntos a coro fainos sentir máis unidos, fainos sentir parte na creación de algo fermoso e prodúcese un momento máxico, no que ata a Pulpi se lle salta algunha bágoa.

Os máis pequenos do cole sabían de memoria as tres primeiras estrofas da canción, así que foron eles os que comenzaron a canción e despois sumámonos todos os demais. Aínda que se vos fixades no vídeo veredes que algunhas sabíana toda.

Disfrutade deste momento todas as veces que queirades, porque merece a pena ver o vídeo unha e outra vez.



E aquí vos deixo outro dos moitos vídeos que se fixeron nos coles galegos.
Este correspóndese á Biblioteca Chimpalibros, do colexio de Fornelo de Montes e pareceunos especialmente bonito.
Parabéns a estas nenas e nenos e ao seu profesorado.



sábado

REPARTO DAS CARTAS DO DÍA DOS NAMORADOS

Un ano máis as mensaxes de amizade e de "amor verdadeiro" nos chegaron a tod@s.
Unha vez mais o momento do reparto foi un momento especial, ilusión, alegría, espectación...(aínda que Pulpi xa sabe que a algúns de vos non vos gusta moito).

Aquí tedes un vídeo que recolle este momento.
Saúdos namorados a tod@s.


martes

DÍA DOS NAMORADOS

Na edición especial de "A hora do conto" con motivo do Día dos namorados, Eli, Sigrid e Carla , de 4º de Primaria, leron ¡Eeeeeh!, unha marabillosa historia maxistralmente narrada por estas rapazas.
No enlace podes ter máis información.

Aquí tedes un recordo dese momento. Disfrutádeo!

mércores

DISFRACES DO ENTROIDO 2013

Este ano os máis pequenos do cole están a traballar nun proxecto sobre os Inuits.
Ademais no 2º e 3º ciclo estamos a ler "O nacemento de Nunavut", que xustamente fala dunha nena deste sorprendente pobo.
Así que para o Entroido deste ano escollimos "OS POLOS" como tema para elaborar os nosos disfraces.
Cada Ciclo escolleu un e puxémonos mans á obra.
E iste foi o resultado.

Podedes ir cantando a Copla do Entroido ao tempo que vedes a presentación. A letra a tedes escrita, e a música é a do "Barquiño Chiquitito".
Disfrutádeo.

MANDADOS DO ENTROIDO

Durante a Semana do Entroido e cada día, Pulpi, a nosa mascota, colocaba un Mandado ao seu carón na entrada do colexio.
Todos e todas mirábamolo e así ao día seguinte obedeciamos o seu mandado.
Foi moi divertido chegar á escola e comprobar que tiñan escollido os nosos compañeiros e compañeiras, as profes e o conserxe. Ata Pulpi aparecía co mandado.
Repetirémolo para o ano que ven.
 MIRADE, MIRADE QUE DIVERTIDO!




A PAZ CON ROSA PARK

Para o segundo e terceiro ciclo de Primaria celebramos unha sesión especial de "A hora do Conto" na semana da Paz 2013.
Descubrimos este marabilloso conto de Bárbara Fiore Editora e aproveitamos data tan sinalada para amosárvolo.
Aquí tedes unha presentación deste momento e do libro.

EL AUTOBUS DE ROSA


More PowerPoint presentations from bibliofranza




Clica nas imaxes se queres saber algo máis sobre Rosa Park e Martin Luther King

TEATRO POLA PAZ

As nenas e nenos de 4º, como xa vai sendo habitual neles, prepararon esta pequena actuación teatral para representar polo Día da Paz.
Unha vez máis amosaron as súas magníficas dotes interpretativas e fixeron as ledicias de todo o público.
Magnífico traballo da profe Begoña e por suposto dos actores.
Disfrutádeos!

luns

A VOLTAS COA PAZ


¡Así fue! ¡No, fue así! ¡No, así!

E tamén con motivo deste día,na biblioteca, as nenas e nenos de 6º leron un conto moi especial.
"¡Así fue! ¡No, fue así! ¡No, así!" , de Schärer Kathrin, publicado pola editorial Océano Travesía.

Prodúcese un accidente no xogo do oso, o raposo e o texón e iso os leva a discutir sobre como sucederon verdadeiramente as cousas. Cada un ten unha versión diferente sobre o sucedido, ata que chega o esquío, que todo o viu.
Un conto sobre unha discusión, un alegato sobre a importancia de aprender a escoitar e dialogar con respecto e educación.



(Clica na imaxe e poderás ver algunhas páxinas do libro)

CANTANDO XUNTOS POLA PAZ

Tamén con motivo do Día da Paz xuntámonos todos nunha gran roda no patio cuberto e cantamos xuntos pola paz.
Nesta ocasión escollemos "A ronda do soldadiño" unha cantiga de José Mário Branco, cantautor portugués, cunha letra e unha melodía sinxelas pero ben fermosas.
Este foi o resultado (con alghúns cortes por problemas técnicos).

domingo

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Como en anos anteriores participamos coa ONG SAVE THE CHILDREN organizando unha carrera solidaria a favor dos nenos e nenas de Níxer.(Clica no enlace para saber máis)
Por cada volta percorrida cada neno/a aportaba unha cantidade determinada segundo os padriños e madriñas que conseguira no seu ámbito familiar e social.
O máis fermoso é ver o esforzo que todos e todas fixeron por dar o maior número de voltas posibles e así conseguir máis para nenos e nenas moi necesitados. É un xesto que nos fai máis fortes, firmes e solidarios.
Foi un acto emocionante, cheo de entusiasmo, esforzo, superación e sobre todo alegría. Nin sequera a choiva conseguiu desfacer o encanto.
Grazas a todos e a todas por regalarnos estes marabillosos momentos.

Aquí tedes algunhas imaxes.


biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.


Ademáis tiñamos o cole cheo de traballos sobre esta data tan sinalada:

venres

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil.
Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desa literatura non sempre asumida como LITERATURA ( con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e polo tanto mediadora do libro.
Unha académica de luxo!

Fonte:  Redelectura (Clica no enlace)  Bibliotecas Escolares de Galicia



HOMENAXEANDO A FINA CASALDERREY DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Unha noticia así merecía o recoñecemento das bibliotecas escolares, xa que en todas elas habitan moitos dos seus títulos.
Na nosa podes atopar todos os títulos que vedes na pantalla. Máis abaixo podedes ver as entradas de moitos blogs das bibliotecas escolares galegas.

HAI LIBROS DE CINE E...CINE DE LIBROS

Hai libros que son escollidos para facer películas, e ás veces ocurre ao revés, que a partir dunha película
 ( neste caso unha curta premiada nos Oscars 2011) edítase un libro... e ata unha aplicación para o Ipad.

Non vos perdades nin un minuto deste maravilloso vídeo que ademais de contar maxistralmente unha preciosa historia é toda unha homenaxe aos amantes dos libros.
Para saber máis desta curta fai clic aquí.






Esta é a primeira vez que a Pulpi lle gustaría ter un Ipad con esta aplicación.(Clica no enlace)




sábado

E POLO NADAL..., UN NOVO CHAN!

Durante as vacacións de Nadal renovamos o chan da biblioteca poñendo unha tarima flotante.
Pulpi está moi contento, pois di que agora está moito máis bonita, máis quentiña e máis limpa.
Nós estamos de acordo, e aínda que deu bastante traballo cremos que mereceu a pena.

Queremos dar as grazas de todo corazón a tod@s aqueles que colaboraron en facer que isto fose posible (pais, nais, mestres, parellas....) e a todos aqueloutr@s que estamos segur@s que colaborarían se así llo pedíramos.

Aquí tedes un vídeo resumo dos traballos e do resultado nesta vosa biblioteca. 


venres

VIÑERON OS REIS MAGOS

Cando chegamos ao cole o dia 8, despois das vacacións de Nadal, descubrimos que os Reis Magos deixaran uns agasallos na entrada do cole, xunto a Pulpi.
 Había dúas caixas de regalos cunha nota, onde dicía que os agasallos eran para os nenos e nenas do cole e tamén para Pulpi.
 Polo que se viu, Pulpi esperou por nós para abrilos, así que no recreo reunímonos todos e todas na biblioteca para ver qué agasallo nos deixaran.
 Ademáis descubrimos que a biblio estreaba un novo chan, moito máis bonito e quentiño que o anterior.
Tamén había unha butaca nova, que será o Trono dos Contos. Un asiento especial para quen conte un conto. Está chulísimo. 
Aquí tedes unhas cantas fotos para que o poidades observar todo polo miúdo.

 GRACIAS REIS MAGOS!
biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.

Música: JML GAROU-BLUES  Jamendo.com

FESTIVAL DE NADAL 2012


En 4º de Primaria atrevéronse cunha versión especial do "ADESTE FIDELES". E que xa o dixeron os presentadores: "estes nenos saben latín"





"Os tres Reis Magos" é a panxoliña que interpretaron, e moi ben interpretada, os máis pequenos do cole.

 


Pero primeiro as nenas e as nenos de 4º, dirixidos pola súa profe Begoña, agasalláronos coa representación teatral da obra "Ai mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.
Aquí vos deixo un vídeo resumo da súa extraordinaria actuación.



E aquí está a actuación dos nenos e neneas da escola de O Seixo, que nos entusiasmaron  coa súa simpatía e o seu contaxioso ritmo.
Fixérono de maravilla.