Outra tarefa interdisciplinar de Natalia e Pili.
Nesta ocasión dunha caixa debería saír un menú saudable para un día completo. E en inglés, claro.
Aquí tedes unhas mostras do que entregaron as alumnas e alumnos do centro.
Amosando publicacións coa etiqueta saúde b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saúde b>. Amosar todas as publicacións
martes
domingo
PLÁSTICUS MARÍTIMUS UNHA ESPECIE INVASORA. DÍA DOS OCÉANOS
A editorial Kalandraka vén de publicar un marabilloso libro que tan só co título espertou a miña curiosidade. "PLÁSTICUS MARÍTIMUS, UNHA ESPECIE INVASORA".
Xa sabedes que no cole este ano traballamos por chegar a "PLÁTICO 0" nas merendas grazas á iniciativa das nenaas e nenos de 4º.
Xa hai anos que se vou á praia cando aínda non empezou a tempada e aínda non a limparon, a cantidade de plástico que vexo cáusame arrepíos.
Este verán, despois dun temporal, a praia á que vou encheuse de algas que cubriron a area en montóns de máis de medio metro de altura. Isto non é o sorprendente (pasa ás veces dende que eu era nena) o sorprendente foi a cantidade de plástico que coas algas chegaba á praia. Así que durante moitos días baixaba cunha bolsa onde recollía o plástico e o levaba ao contenedor varias veces nunha tarde. E máis xente coma min tamén o facía e sempre, sempre recollías plástico.
Tamén lin moitas noticias onde constataban que os "microplásticos" son inxeridos por peixes e outros seres mariños que poden chegar a morrer pola inxesta e que está comprobado que parte do plástico inxerido por eles inxerímolo nós cando nos alimentamos deles.
Cómpre pois concienciarse da importancia de reducir ao máximo o uso e consumo de plástico se queremos conservar os océanos. E máis os valerá facelo pois son de vital importancia para a vida no planeta.
E agora falemos do libro.
Se clicas na imaxe da súa portada irás á páxina de Kalandraka
Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta 'especie' merece ter os días contados.
Queredes ver o "Book Trailer"? Clicade na imaxe
Busquei entón ás autoras na rede, porque se trata dun libro editado primeiro en Portugal e quería coñecer algo máis.
Atopei un Facebook co mesmo título que o libro e así souben que Pláticus marítimus é un proxecto persoal (de Ana Pêgo )que ten como obxectivo informar e educar sobre o grave problema do plástico nos océanos.
Como parte dese proxecto naceu este libro, pero o seu proxecto abarca moito máis.
Crea arte co plástico que a autora recolle nas praias, imparte obradoiros, charlas, crea oficinas de verán con rapazas e rapaces que crean tamén arte cos plásticos e mesmo fan música con eles!!
Nós tamén na clase de Música e mesmo creamos arte con tapóns!
Feito con tapóns e "Clip It" na biblio
Se vivira en Portugal achegaríame a un deses obradoiros sen dubidalo.
Clicade no emblema do seu Facebook para acceder e poder disfrutar da súa arte.
Sen dúbida estará na nosa biblio!!!
E este libro vén moi a conto da celebración do Día Mundial dos océanos.
Queredes saber máis? Pois seguide lendo:
En 2008 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, por iniciativa de Canadá, acordou que a partir do 2009 o 8 de xuño sería o Día Mundial dos Océanos.
Os océanos aliméntannos, regulan o noso clima e xeran a maior parte do osíxeno que respiramos e absorven o 30% do dióxido de carbono que emitimos amortiguando así o quentamento global. Pero a pesares da súa importancia, os océanos enfróntanse a ameazas sen precedentes como resultado da actividade humana. (Textos extraídos e refundidos da páxina https://www.un.org/es/observances/oceans-day)
Sabíades que organismos descubertos a profundidades extremas están a ser utilizados para acelerar a detección do COVID-19?
Sabíades que este ecosistema (o dos Océanos) podería dar unha solución á humanidade?
Se clicas na imaxe poderás acceder a esta información e moita máis sobre o tema.
sábado
OUTRO CORONACONTO !
Creado por Loida Fernández
E tamén esta versión compartida cunha nena. Clicade na imaxe.
luns
NAS NOSAS MERENDAS PLÁSTICO 0
Esta foi a proposta que o alumnado de 4º fixo a todo a comunidade educativa o pasado venres 24 de xaneiro.
Así que asumimos o reto e puxémonos mans á obra.
Definitivamente estas rapazas e rapaces son estupendos e empézase a notar que diminúe o uso de pláticos nas merendas de todo o cole.
Bravo por tod@s!! A seguir así!!
Pulpì volo agradece moitísimo, pois sabedes que moitísimos dos plásticos que xeramos como lixo rematan no mar, onde aínda conserva moitísimos amigos que se queixan moito do porcos que somos os seres humanos.
El xa lles explicou que neste cole estamos polo labor de poñerlle solución.
Así que asumimos o reto e puxémonos mans á obra.
Definitivamente estas rapazas e rapaces son estupendos e empézase a notar que diminúe o uso de pláticos nas merendas de todo o cole.
Bravo por tod@s!! A seguir así!!
Pulpì volo agradece moitísimo, pois sabedes que moitísimos dos plásticos que xeramos como lixo rematan no mar, onde aínda conserva moitísimos amigos que se queixan moito do porcos que somos os seres humanos.
El xa lles explicou que neste cole estamos polo labor de poñerlle solución.
REDUCIR
RECICLAR
REUTILIZAR
martes
CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
O pasado venres 1 de xuño impartiuse na biblioteca unha charla sobre alimentación saudable ao alumnado de 5 º e 6º, baixo o título “Balancéate!”.
O programa inclúese no proxecto de prevención de condutas aditivas “Saúde na escola”, subvencionado pola Consellería de Sanidade, que Fene leva a cabo en común cos concellos de Mugardos e Neda.
Se clicas na imaxe podes acceder á páxina web do Concello de Fene que recolle esta e outras propostas de intervencións socioeducativas.
Agardamos que teña servido para unha maior concienciación sobre a importancia dunha alimentación e vida sá.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















