mércores

CARREIRA SOLIDARIA

 Un ano máis participamos nesta iniciativa da ONG. Save of The Children chamada "Kilómetros de Solidariedade" .

Cada nena e cada neno do cole ten unha tarxeta onde a familia indica cantos cartos aportarán por cada kilómetro que o seu fillo/a corra no día da carreira. No noso cole cambiamos kilómetros por voltas á pista e correndo por turnos imos tomando notas das voltas que dá cadaquén.

Anteriormente nas aulas traballamos cos materiais didácticos aportados pola ONG. 

O día da carreira é un día festivo onde cada un dá o mellor de sí mesmo e onde se estreitan lazos afectivos danto todas e todos animamos ao resto na súa carreira.

Así foi ese tan bonito momento!


sábado

VISITA AO ACUARIUM FINISTERRAE

 Este curso realizamos unha saída colectiva para visitar o "Acuarium Finisterrae" de A Coruña.

Foi o pasado 18 de xaneiro e a pesar do mal tempo, puidemos disfrutar igualmente do acuario. Ata o tempo amainou para ver comer as focas!

Pasámolo bomba e aprendimos moito sobre a vida e a reproducción de diversas especies.

Tamén vimos ao primos de Pulpi, aínda que moitos estaban agochados nos ocos das rochas.



mércores

A RONDA DO SOLDADINHO

 Aquí tedes o vídeo para practicar a canción que imos cantar tod@s polo Día da Paz.

Trátase de "A ronda do Soldadiño", unha canción de José Mária Branco, cantautor portugués, que compuxo xa hai bastantes anos, pero que segue a estar de actualidade porque parece que a humanidade non aprende a estar en paz.

A composición orixinal é en portugués, pero nós a traduxemos ao galego.

Debaixo do vídeo tedes a letra.




Unha, dúas e tres
Era unha vez
Un soldadiño
De chumbo non era
Como era
O soldadiño
Un meniño lindo
Que naceu
Nun roseiral
Os meniños lindos
Non nacen
Pra facer mal
Meniño creceu
Xa foi à escola
De sacola
Unha, dúas e tres
xa sabe ler
Sabe contar
Meniño creceu
xa aprendeu
A traballar
Vai o gando gardar
xa vai labrar
E sementar
2.
Unha, dúas e tres
Era unha vez
Un soldadiño
De chumbo non era
Como era
O soldadiño
Meniño creceu
Mais non colleu
De sementar
Os señores da terra
O mandan pra guerra
Morrer ou matar
Os señores da guerra
Non matan
Mandan matar
Os señores da guerra
Non morren
Mandan morrer
A guerra é pra quen
Nunca aprendeu
A sementar
É pra quen só quere
Mandar matar
Para roubar
3.
Unha, dúas e tres
Era unha vez
Un soldadiño
De chumbo non era
Como era
O soldadiño
Dancemos meniños
A roda
No roseiral
Que os meniños lindos
Non nacen
Pra facer mal
Soldadiño lindo
Era o rei
Da nosa terra
Fuxiu para Francia
Pra non ir
Morrer na guerra
Soldadiño lindo
Era o rei
Da nosa terra
Fuxiu para Francia
Pra non ir
Matar na guerra


sábado

KAPPLA. RETO DO PROPIO ALUMNADO

 No cole ás veces pasan cousas como esta. Que sen que o profesorado interveña xurden iniciativas que disfrutamos tod@s.

Quixemos deixar constancia por medio dun vídeo onde ademais se conta como foi isto que aconteceu.