Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións

domingo

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Xa sabedes que temos nos corredores os carteis para Primaria gañadores do concurso-exposición das Letras Galegas 2022, que foron feito no CEIP. Plurilíngüe Virxe do Camiño de Rubiá (Ourense) e que recollen a información básica sobre a súa vida e obra. 

Pois ademais diso vos deixamos por aquí algúns sitios onde podedes obter máis información sobre FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN homenaxeado deste ano.


PRIMAVERA DAS LETRAS. REAL  ACADEMIA GALEGA

Clica na imaxe

O PORTAL DA LINGUA GALEGA

Clica na imaxe

AS LETRAS DE FLORENCIO DELGADO

Clica na imaxe

SEMINARIO GALÁN
Clica na imaxe



Nestas páxinas atoparedes moitísima información sobre Florencio así como proposta de actividades e unidades didácticas para os diferentes cursos.

E si ademais pásavos coma a Pulpi que gusta moito de cantar os poemas, deixámosvos aquí esta versión do seu poema "Aí vén o maio" do CEIP. do Carballal de Marín a quen dende aquí agradecémoslle que compartan este traballo. Hai outras versións na rede pero Pulpi escolleu esta!



mércores

O PODER DA ILUSTRACIÓN. APRENDENDO A LER IMAXES

 Na área de Valores Sociais e Cívicos de 5º e 6º de Primaria traballamos sobre o poder da ilustración como expresión que combina a arte e a mensaxe.

Seleccionamos unha serie de imaxes de ilustracións de denuncia social e traballamos con elas nas clases, interpretando o seu significado e favorecendo a expresión oral e o espíritu crítico así como un maior coñecemento da nosa realidade social.

Estas foron as imaxes coas que traballamos:


Despois cada alumn@ debería escoller unha delas para realizar un traballo escrito sobre a imaxe baseándose nunha ficha que deberían cubrir en primeiro lugar:

Unha vez cuberta a ficha deberían escribir no ordenador unha redacción sobre a imaxe.  Para iso, ademais debería facer unha busca por imaxe en Internet para atopar á autora ou autor da ilustración correspondente e así acreditalo no seu traballo.
Coas diferentes redaccións e as diferentes imaxes estamos a editar un libro colectivo que paseará a formar parte dos fondos da biblioteca e agardamos chegue a todo o alumnado do cole.


domingo

DÍA DO LIBRO E A PINTURA

 Nova actividade do proxecto anual "Isto pinta ben" con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil.

Ademáis de seguir aprendendo sobre pintura galega e os seus autores e autoras, queriamos poñer de relevancia o feito lector como algo inherente ao xénero humano ao longo de todos os tempos así coma o pracer que nos proporciona.

Tamén procuramos escoller obras pictóricas con representación de ambos xéneros no papel de lector/lectora.

Ademais aproveitamos para traballar a escrita na nosa lingua a través da Descripción aportando unha pequena guía para organizar o texto.

Un traballo interdisciplinar moi completo no que disfrutar e aprender.











sábado

RETO DE BALBINA E MAFALDA

 Mafalda e Balbina nos retan a adiviñar o nome e a utilidade de diversos obxectos que aparecen en foto no taboleiro.

As respostas deben escribirse nun papeliño e pinchalo boca abaixo no taboleiro antes do prazo indicado, cando se retira ese reto e aparece outro con outro prazo. Tamén aparece a solución ao reto anterior.

De momento a actividade está obtendo bastante participación ben de xeito individual ou colectivo.

Mirade!!






De momento atopámonos no segundo reto. Xa vos contaremos como remata a actividade!


venres

LETRAS GALEGAS 2021

 Nesta entrada informarémosvos de todas as actividades que realizamos no cole con motivo do Día das Letras Galegas 2021 adicado a Xela Arias.

EN EDUCACIÓN INFANTIL

Para aprender sobre a vida e a obra de Xela Arias primeiro traballaron co vídeo que fixo o alumnado de 5º do Colexio San Pío X de Ourense a partir dos carteis de exposición 8ademais doutros materiais) que cada ano prepara o Seminario Galán.



Despois traballaron con fichas da proposta didáctica do Seminario Galán para estas idades.

1º e 2º DE PRIMARIA

Neste grupo traballaron co poema "Mario a diarioª. Mediante a lectura con repetición traballo de comprensión e memorización.
Posteriormente decoraron a porta da súa clase incluíndo o poema de Xela Arias co Maio florido e fermoso da súa porta.






3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Traballaron a vida de Xela Arias a través da exposición do Seminario Galán así como a unidade didáctica da mesma páxina para este curso.
Ademais fixeron a súa propia portada para a unidade didáctica decorando unha caricatura extraída da rede e aprendendo a escribir títulos con letras especiais. Logo encuadernaron o traballo para gardalo dun xeito especial.





4º e 5º   E 6º DE PRIMARIA

Visionado dos vídeos que sobre Xela Arias publicou a RAG. Unha serie documental en 6 capítulos.



Se clicades na imaxe accederedes á páxina onde os atoparedes.

Viron e leron a presentación do seminario Galán.

Tamén traballaron a unidade didáctica que para o seu curso propuxo o Seminario Galán.








luns

LIBRO DE CHISTES DE 3º, 4º E 5º

 Aquí tedes algunhas mostras dos chistes escritos e ilustrados polo alumnado de 3º, 4º e 5º.

O orixinal (con máis chistes) atoparédelo na biblioteca.


SUPERCARLIÑOS!. CÓMIC COLECTIVO DE 3º

 Despois de facer o cómic de "Li-orta na horta" decidimos seguir a traballar con isto do cómic.

Cos traballos que fixemos elaboramos esta presentación para que a poidades disfrutar tod@s.

O cómic imprimirémolo en papel e pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.


mércores

LIORTAS NO TABOLEIRO DA ENTRADA

Os diferentes traballos que se fixeron sobre a resolución de conflictos "Resolvendo Li-ortas na Horta" foron impresos en papel e expostos no taboleiro da entrada, xunto a Balbina e Mafaldiña para que calquera os poida disfrutar.




CAIXA SORPRESA DE IRIA E XOANA

Mirade esta preciosa caixa sorpresa chea de animais sobre os que vos van falar Iria e Xoana.
Un marabilloso traballo feito durante o confinamento 2020.


luns

AVENTURA MATEMÁTICA.

A profe Vanesa elaborou este magnífico xogo para o seu alumnado de 6º.

Pulpi volveu desaparecer!!! E vós podedes liberalo de novo. Para iso só tedes que iniciar esta grande aventura e chegar ao final. Se tedes erros sempre podedes correxilos. Seguide as pistas porfi!!
 Pulpi non nos pode faltar!!

Animádevos en familia (axudándovos coas respostas que non saibades). Podedes deixar os vosos comentarios no blog se é que vos apetece.

É moi divertido e instructivo (iso quere dicir que se aprende moito) porque ademais de practicar coas mates iredes aprendendo moitas cousas de diferentes lugares do mundo.

EMPEZADE ESTA AVENTURA!!!



domingo

DÁNDOLLE Á LINGUA. COA HORTA NO TABOLEIRO

Documento que recolle as difierentes actividades e xogos coa lingua que se propuxeron dende os diferentes cursos.
Actividade divertida, colectiva, que tende pontes e derruba muros.
ESCOLA
Poñédeo en tamaño grande!!!


martes

QUERES VIR A ESTE COLE? HAI UN SITIO PARA TI.

Como ía a empezar o prazo para a reserva de praza nos Centros Educativos o noso cole elaborou un cartel no que amosar a nosa práctica educativa .
No cartel tamén convidábamos a tod@s @s interesad@s a asistir a unha xornada de portas abertas.



Para o día de portas abertas organizamos 5 obradoiros polos que rotarían as distintas clases ao longo do día. Escollimos os obradoiros que nos pareceron máis representativos do noso quefacer.


ACTIVIDADES DE LINGUA COAS TABLETS


Tratábase de actividades de repaso de lingua. Sinónimos, antónimos, acentuación, ortografía, sopas de letras, adiviñas, crucigramas... e todo isto dun xeito lúdico utilizando unha tablet como ferramenta e uns xogos colgados na rede.






XOGOS ABN

Bingo de composición numérica, bingo de multiplicacións, xogo de operacións combinadas, dominó de sumas e restas e xogar á "escoba" coa baralla, foron os xogos seleccionados e que se aplicaron segundo o nivel do alumnado de cada unha das sesións.








ROBÓTICA


No obradoiro de Robótica o alumnado de 1º ata 4º de Primaria traballaron co robot Mind Designer de Clementoni con resolución de retos propostos sobre o seu taboleiro e de debuxo en gran grupo.
Os cursos de 5º e 6º traballaron co robot Mbot en grupos de 3/4 alumn@s cos retos propostos na historia da súa app utilizando os Ipads.






EDUCACIÓN FÍSICA

Circuito de diferentes destrezas cubrindo todo o patio cuberto e xogo do brilé na pista.



BIBLIOTECA

Na biblioteca tentamos ofrecer diferentes activides das que normalmente se poden realizar.
No podía faltar a lectura dun conto axeitado a cada idade. Así:


Para 1º e 2º de E. Primaria


Para 3º de E. Primaria


Para 5º e 6º de E. Primaria




Seguidamente presentamos axeitadamente o xogo Kappla e falamos da súa orixe e características. Despois xogar libremente con el á vez que por turnos achéganse a mirar cómo traballa a impresora 3D que está a imprimir o marcapáxinas de Pulpi.









E vos preguntaredes como pasaron a xornada en E. Infantil, non?
Pois para el@s o día tamén foi especial.

  • Participaron no circuito de psicomotricidade,
  • Tiveron robótica na súa aula,
  • Asistiron a unha sesión de lectura na biblioteca.
  • Xogo libre na súa aula.







O MELLOR DÍA DE CLASE DE TODA A MIÑA VIDA!!

Foi o que lle escoitamos dicir a vari@s alumn@s.

E a verdade é que foi un día "redondo".


xoves

ENCHEMOS O COLE DE CARTEIS EN INGLÉS

Na clase de inglés, os diferentes cursos de primaria elaboraron carteis para todas as dependencias escolares.
Aquí vos deixo unha mostra das artistadas que fixeron estas nenas e nenos do cole.
Parabéns!!


BUSCANDO A PULPI

Primeiro día da escola,e Pulpi non está!!!

Onde andará? O curso pasado secuestrárono uns alieníxenas e tivemos que liberalo.
Pasaría outra vez?

No seu sitio hai un cartel e nun cubiño vermello unha carta enroscada.

Xuntámonos tod@s na entrada para ver o que pasa. A profe Pili le a carta.












Dividímonos en 7 grupos. Cada grupo tiña o nome dunha hortaliza. (leitugas, repolos, cebolas, cenorias...). En cada grupo estabamos mixturados maiores e pequen@s e unha nena ou un neno de 6º era capitana ou capitán.
Tiñamos que pasar 7 probas de xeito colectivo e a última pasaríamola os capitáns e capitanas.





Cada proba tiña un tempo. Si a superábamos conseguiamos na nosa ficha un cuño dunha hortaliza diferente. Cada grupo empezaba nunha proba e pasado o tempo iríamos á seguinte. Así todos os grupos pasariamos as 7 probas ao mesmo tempo.

As probas foron as seguintes:


CIRCUITO DO VENTO

Por turnos e soprando a través de palliñas tiñamos que levar a faba ata a meta.





ESCORNABOTS E APEIROS DE LABRANZA

Un novo taboleiro de Escornabot agardábanos. Tratábase de ir aprendendo os nomes de diferntes apeiros de labranza. Por un lado traballábamos cos nomes a vista, e despois dunha voltas traballamos sen nomes.
E aínda había unha versión máis difícil cando en lugar do nome a tarxeta escollida daba a definición da ferramenta.





PASAPALABRA DE ADIVIÑAS

Seguindo un rosco coma o de Pasapalabra en cada letra había unha adiviña sobre unha froita, unha árbore, un froito, unha hortaliza....





REALIDADE AUMENTADA CON QUIVER

Coloreamos en equipo unhas láminas que despois vemos a través da app Quiver. Tamén facémonos fotos e vídeos con ela.





SALTAR, MEDIR, SUMAR E ESTIMAR.

Entre todo o equipo temos que conseguir saltar unha medida exacta. Así que saltamos por turnos, medimos e imos sumando os diferentes saltos. Cando nos achegamos á medida desexada estimamos e facemos o salto que nos levará a aproximarnos a esa medida o máis posible.
Mentres agardamos o turno xogamos un pouquiño.





Así era a ficha coa que traballaban para superar a proba.



XOGO DE MEMORIA

Típico xogo de memoria onde as cartas foron editadas especialmente para a ocasión.
Flores, froitas, froitos, hortalizas....







Se queredes imprimir e ter o voso propio xogo na casa, non tedes máis que descargar este documento:



Realizado pola profe Marina.


APRENDEMOS UNHA CANCIÓN UTILIZANDO PICTOS

Aprendemos a canción "A horta de Balbina" de María Fumaça utilizando os pictos que crearon no CEIP. Raquel Camacho, a quen agradecemos dende aquí a súa xenerosidade ao compartir.
A letra dí así:











E aquí compartimos o vídeo por se te animas a cantar:








ÚLTIMA PROBA

Xuntámonos tod@s na cancela que está ao fondo da zona dos columpios.
A cancela estaba pequeda e para poder abrila necesitariamos formar unha frase cun grupiño de palabras recortadas en papel e pegalas no seu sitio correspondente.

Isto estaba acabando e estabamos moi nervios@s por atopar a Pulpi e ver que agasallo tiña para nós.





E unha vez máis logramos o reto!!!
E temos un fermoso horto para traballar todo o ano e aprender unha chea de cousas!!
As profes, que sempre o saben todo, xa sabían onde estaba Pulpi e fixéronlle estas fermosas fotos.
Pulpi de hortelán!!!
Cada vez o queremos máis!!






É pra comelo!!!