sábado

INVENTO REVOLUCIONARIO

Atención a este "superinvento". As súas características fanno único e inmellorable.
Todos deberíamos conseguir un cada certo tempo.
 Unha vez usado non poderedes prescindir del.
Avisade a todos os voso coñecidos.

ONDE PODES CONSEGUIR ESTE INVENTO

Este revolucionario invento que acabades de descubrir pódedelo conseguir nun montón de sitios.
Nalgúns sítios préstanvolo, noutros podedes entrar a velos e se queredes, mercar algún.
Se ides a Oporto, cidade de Portugal, non deixedes de entrar neste marabilloso lugar, onde o espazo onde os gardan é tan fermoso como os tesouros que contén.

xoves

EN ABRIL... CONTOS MIL

Durante o mes de abril, mes dos libros, tivemos a sorte de contar cuns contacontos escepcionais, os mellores contacontos do "mundo mundial". Moitas horas de experiencia, e moita paixón polo seu traballo fan das nais e dos pais uns relatores do máis alto nivel.
Dámoslles grazas, unha vez máis, pola súa colaboración e por compartir o seu tempo e o seu arte con todos.

martes

Exposición de debuxos de Pablo Ferreiro



Por Margarita, alumna de 6º de Primaria descubrimos as habilidades do seu pai co debuxo.
Decidimos entón, co seu permiso, montar unha exposición na entrada e nas escaleiras do cole.
Publicamos un cartel e enviamos invitacións ás familias para visitar a exposición ao mesmo tempo que invitabamos a toda a comunidade educativa a utilizar o colexio como sala de exposicións.
Vaia dende aquí outra nova invitación.
¡Animádevos!





luns

NOVO MEDICAMENTO MOI RECOMENDABLE



MANTÉÑASE PRETO DOS NENOS E NENAS.
TAMÉN DISPOÑIBLE LECTURIL FORTE EN CÁPSULAS POR CAPÍTULOS

Fonte: bibliorios.blogspot

MÚSICA, PINTURA E MEDIOAMBIENTE



Ao principio todo era Natureza.
Máis tarde algo sucedeu...
...e fíxose máis grande...
...e máis aínda...
Intentaron convivir...
...pero non era tan doado.
Deixar o teu coche...
plantar unha árbore.
PAREMOS O QUENTAMENTO GLOBAL.
¡DISFRUTA DA NATUREZA!

Fuente: dalealplay.com