Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións

mércores

25-N. LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.


Así comenza o título que escollimos para celebrar unha sesión especial de lecturas na biblioteca, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

"As mulleres que cultivaban néboas", de Bea Gregores e editado por Edicións Xerais é o primeiro álbum ilustrado que esta autora asina por completo (texto e ilustracións).

Cando o trouxemos para a nosa biblioteca xa sabiamos que era fime candidato a unha sesión de lectura colectiva, aínda que determinamos que se ofertaría ao alumnado de 3º a 6º de educación primaria.

Foi unha fermosa sesión na que deu tempo a unha lectura comentada, tanto do texto como das ilustracións e na que o alumnado entendeu perfectamente a mensaxe e disfrutou da súa marcada dimensión metafórica.

Fermoso momento e triste motivo.









25 DE NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No noso cole estamos desexando deixar de celebrar este día. Isto querería dicir que xa non é necesario, que non se exerce ningún tipo de violencia sobre as mulleres só polo feito de selo. Ningúntipo de violencia, repetimos. Ningún.

Pero a verdade é que o seguimos a celebrar. Se é que hai algo que celebrar. Preferimos dicir que seguimos a educar todos e cada un dos días do curso (e do ano) para que se acabe dunha vez o 25 de novembro, e que nesta data amosamos o noso enoxo porque aínda temos que seguir a recordalo. 

E o seguiremos facendo mentras sexa necesario. Unha e outra vez. Incansables.

Participamos coa iniciativa do Concello de Mugardos "Camiño ao respecto".

Un autobús recolleunos no cole e trasladounos ao Pavillón do Cristo de Mugardos, para dende alí, e xunto co alumnado do CEIP. Unión Mugardesa e o IES. de Mugardos trasladarnos a pé ata a praza do Concello onde, xunto ao alumnado do Colexio Loyola e a veciñanza que quisexe participar, terían lugar os actos institucuionais: Lectura do Manifesto (que non dfomos capaces de atopalo nas redes), minuto de silenzo e solta de globos, un por cada muller asasiñada por esta causa no 2022 en España.

Nesta andaina levariamos uns panos proporcionados polo Concello.











































domingo

OS CONTOS DA BRUXA CHISPUM. CONTOS POLA IGUALDADE

A bruxa Chispum non é como nos contaron que eran as bruxas... é científica e narradora de contos igualitarios! Para iso inventa un teatro no que Brancaneves non queda cos ananiños por non repartir as tarefas da casa e Bella sabe que o amor da Besta non é verdadeiro, pois é posesivo. 

A Biblioteca Municipal de Mugardos promoveu esta actividade nos centros educativos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Constaría deen dúas sesións. Nunha primeira podiamos visionar o vídeo desta obra teatral interpretada por "Teatro Calavera" e nunha segunda disfrutaríamos de obradoiros de ciencia do máis divertido.

E así foi no noso cole. Participou o alumnado de E. Infantil e o de 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria.

O vídeo podedes volver a velo aquí:



En E. Infantil elaboraron unha plastilina moi especial misturando diferentes sustancias e en Primaria aprenderon sobre a densidade dos líquidos e cada nen@ levou o seu propio frasquiño de líquidos de cores.
Aquí tedes algunhas fotos :











venres

II ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 Polo Día Internacional en contra da Violencia de Xénero participamos na proposta da Fanpa Ferrolterra para os centros educativos de primaria.

A actividade (tal e como explican na súa web) consistía en facer carteis cos patios dos colexios participantes (36) nos que se integraba unha letra da frase:

A EDUCACIÓN É A VACINA PARA ACABAR COA VIOLENCIA DE XÉNERO

Os  36 carteis expuxéronse nos escaparates dos comercios da Rúa Real de Ferrol e tras a mostra cada cartel pasou a ser propiedade de cada centro.

Ademais cada colexio envíou frases redactadas polo alumnado en relación co tema e as 5 mellores situáronse ao pé do cartel e todas elas (as dos 36 centros) participaron nun concuros.

E así foi o resultado (nós non gañamos o concurso pero sí gañamos en educación para a igualdade (que é o que realmente importa).




Este é o noso cartel e as nosas frases



Tal que así foi a mostra nos escaparates:




E se clicades nesta imaxe poderedes acceder ao folleto editado pola organización para esta actividade que ten por obxecto presentala e concienciar ás familias e á sociedade da necesidade de incidir na educación das nosas fillas e fillos como única garantía para evitar a violencia sobre as mulleres polo feito de selo.