Xa estiveron en circulación as Mochilas Viaxeiras deste ano.
Puxemos dúas por curso con contidos semellantes para impedir que haxe que esperar moito para que nos teque levala.
Tamén, atendendo as suxestións de profes e familias optamos por reducir o seu contido facilitando así o disfrute do mesmo ao longo da semana.
Elaboramos un caderniño de viaxe para cada mochila onde figura a información para as familias que vedes máis abaixo e unha folla por alumn@ destinatario da mochila onde exprese a súa opinión e faga un dibuxo. As súas opinións válenos como ferramenta de avaliación da actividade.
Aquí tedes un modelo da portada do caderniño así como da folla de opinión:
E así marchan para casa cando lles toca levala!
Aquí tedes unha mostra do contido dalgunha mochila e das opinións do alumnado.
Como cada ano o IBBY (International board on books for young people) convídanos a conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.
Este ano tocáballe a Canadá agasallarnos cun texto e unha ilustración.
O escritor Richard Van Camp ecribiu unha fermosa mensaxe para todos os nenos e as nenas do mundo e a ilustradora Julie Fett a marabillosa imaxe que o acompaña.
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, editou a tradución ao galego a cargo de Mercedes Pacheco.
As Bibliotecas escolares de Galcia fixéronnos chegar a información e iso inspirounos para facer este vídeo que agardamos que vos guste moito.
Ler é liberdade. Ler é respirar.
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
A plenitude do teu universo só medra cando les.
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
Inspiran. Ensinan.
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
Mahsi cho. Moitas grazas.
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO
Mahsi cho.
Tiñamos moita curiosidade por saber en que idioma están escritas estas palabras así que fixemos unha peque búsqueda e descubrimos que está escrita en Gwich´in, lingua indíxena de pobos septentrionales de Canadá.
Se entrades na páxina web do escritor poderedes coñecelo mellor e comprobar a súa procedencia.
Nova actividade do proxecto anual "Isto pinta ben" con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Ademáis de seguir aprendendo sobre pintura galega e os seus autores e autoras, queriamos poñer de relevancia o feito lector como algo inherente ao xénero humano ao longo de todos os tempos así coma o pracer que nos proporciona.
Tamén procuramos escoller obras pictóricas con representación de ambos xéneros no papel de lector/lectora.
Ademais aproveitamos para traballar a escrita na nosa lingua a través da Descripción aportando unha pequena guía para organizar o texto.
Un traballo interdisciplinar moi completo no que disfrutar e aprender.
Entre a Pandemia que limita as nosas actividades e o caro que nos resulta pagar un transporte para desprazarnos (por ser un cole pequeno) decidimos que certo tipo de saídas culturais que faciamos anualmente as cambiariamos por actuacións no propio cole.
Perdemos a "maxia" dos teatros ou auditorios pero gañamos en facelos para todo o alumnado ao mesmo tempo e disfrutalos ben ben de preto.
Ademais contamos con ofertas moi interesantes dende A Fundación, Obra social de Abanca que nos ofertou este espectáculo no propio centro.
Por iso viñeron Félix Rodríguez e Fran Rei, coa súa comedia "Saaabor!", dirixida por Avelino González para Culturactiva.
Isto di na súa web: "Somos un grupo de pequenas empresas cooperativas, pero sobre todo somos unha única equipa de 15 traballadoras que funciona en rede de forma colaborativa, complementando na xestión cultural, a venda, a producción, a comunicación e administración de proxectos culturais tanto dentro como fóra de Galicia, acompañando a máis de 100 artistas de diferentes xeografías, estilos e linguaxes.
....
E é que Culturactiva non se entende sen o noso compromiso co país, que se traduce na nosa aposta por espectáculos e festivais que potencian o noso idioma, a igualdade de xénero e a inclusión social, e coa solidariedade internacional. Materialízase no noso soporte e impulso ao colectivo que naceu en Galiza e que agora se espalla por case todos os continentes: Pallasos en Rebeldía. Toda unha rede internacional de artistas de circo que promove a solidariedade e a risa como ferramentas para mudar o mundo. Dende Pallasos en Rebeldía perseguimos a utopía e apoiamos a loita pola supervivencia dos pobos en conflito: Palestina, Brasil, Sáhara, Idomeni, Calais ou Chiapas."
Unha peza teatral chea de xogos, música, malabares, maxia.... coa que disfrutamos moitísimo grandes e pequen@s.
Desta vez non puido ser na biblioteca. Escollimos o patio cuberto pola maior aireación que nos ofrece e por comodidade para a montaxe do espectáculo.
Se clicades no cartel poderedes acceder a moita información sobre a obra, os actores e o director.
Este é o avance da obra que comparten co público:
E este vídeo é a nosa pequena homenaxe a este día tan especial.