domingo

TEATRO NO COLE

Entre a Pandemia que limita as nosas actividades e o caro que nos resulta pagar un transporte para desprazarnos (por ser un cole pequeno) decidimos que certo tipo de saídas culturais que faciamos anualmente as cambiariamos por actuacións no propio cole.
Perdemos a "maxia" dos teatros ou auditorios pero gañamos en facelos para todo o alumnado ao mesmo tempo e disfrutalos ben ben de preto.
Ademais contamos con ofertas moi interesantes dende A Fundación, Obra social de Abanca que nos ofertou este espectáculo no propio centro.
Por iso viñeron Félix Rodríguez e Fran Rei, coa súa comedia "Saaabor!", dirixida por Avelino González para Culturactiva.

Isto di na súa web: "Somos un grupo de pequenas empresas cooperativas, pero sobre todo somos unha única equipa de 15 traballadoras que funciona en rede de forma colaborativa, complementando na xestión cultural, a venda, a producción, a comunicación e administración de proxectos culturais tanto dentro como fóra de Galicia, acompañando a máis de 100 artistas de diferentes xeografías, estilos e linguaxes.
....
E é que Culturactiva non se entende sen o noso compromiso co país, que se traduce na nosa aposta por espectáculos e festivais que potencian o noso idioma, a igualdade de xénero e a inclusión social, e coa solidariedade internacional. Materialízase no noso soporte e impulso ao colectivo que naceu en Galiza e que agora se espalla por case todos os continentes: Pallasos en Rebeldía. Toda unha rede internacional de artistas de circo que promove a solidariedade e a risa como ferramentas para mudar o mundo. Dende Pallasos en Rebeldía perseguimos a utopía e apoiamos a loita pola supervivencia dos pobos en conflito: Palestina, Brasil, Sáhara, Idomeni, Calais ou Chiapas."



 Unha peza teatral chea de xogos, música, malabares, maxia.... coa que disfrutamos moitísimo grandes e pequen@s.
Desta vez non puido ser na biblioteca. Escollimos o patio cuberto pola maior aireación que nos ofrece e por comodidade para a montaxe do espectáculo.

Se clicades no cartel poderedes acceder a moita información sobre a obra, os actores e o director.



Este é o avance da obra que comparten co público:


E este vídeo é a nosa pequena homenaxe a este día tan especial.
VIVA O TEATRO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario