martes

LECTURAS COMPARTIDAS

 Este curso decidimos que varios cursos compartisen a biblioteca durante a "Hora de ler", que no noso cole é despois do recreo.

Os martes comparten biblioteca de 1º ata 4º de EP. e os venres 1º,2º5º e 6º. Acordamos que neses días organizariamos lecturas compartidas. así o alumno ou alumna que lerá a seguinte semana escolle o título que quere ler e lévao a casa para preparar a súa lectura. Deste xeito garantios lecturas de calidade e con boa transmisión de mensaxes.

Empezarán @s máis grandes pero cando rematen a súa ronda cederanlle o turno  ás nenas e nenos de 1º e 2º.

Aquí tedes un resumo do primeiro trimestre.



sábado

FESTIVAL DE NADAL 2024

 No día das vacacións de Nadal a comunidade educativa do cole disfrutou das actuacións musicais do alumnado do cole.

E. Infantil interpretou unha panxoliña na que foi o propio alumnado quen decidiu que cousas querían levar ao portal de Belén. 

Pensei en cortar o vídeo, xa que o medo escénico e a inexperiencia do alumnado provocou que tivésemos que volver a empezar, pero penso que o vídeo ten moita máis gracia se o vemos enteiro.

Aquí o tedes!




En 1º e 2º interpreataron a panxoliña de Mamá Cabra "A árbore de Nadal" de xeitro teatralizado.



En 3º e 4º unha coñecida panxoliña á que puxemos letra en galego e acompañaron con percusión corporal-



En 5º  e 6º panxoliña con letra en galego sobre a música de Shin Chan.



E para rematar este mágnífico Festival unha coreografía creada polo propio alumnado e ensaiada durante os recreos, lidrerada polas alumnas de 5º e 6º.



Un pracer ter compartido unha vez máis estes momentos máxicos e únicos.

venres

AS PAREDES DO NADAL

 Nas paredes do cole lucían con todo o seu esplendor  mensaxes de Nadal primorosamente escritas colgadas de fermosas estrelas decoradas libremente polo alumnado.

Tamén mensaxes máis elaboradas do alumnado de 3º e 4º baixo o lema "comparte o teu Nadal" e unha sorpresa especial, xa que Papá Noel escolleu o noso cole para lavar a roupa.

O malo foi que como non quixo quitar o gorro, tivemos que bañar a Papá Noel con el posto. E aínda peor foi estendelo xunto coa roupa no noso tendal.



PAPÁ NOEL E CHOCOLATADA DE NADAL

 Un ano máis a ANPA do cole agasallounos cunha chocolatada con churros despois de ter recibido a visita de Papá Noel que tamén xestionou.

Papá Noel recolleu as nosas cartas ademais de falar con todas as nenas e nenos e deunos un pequeno agasallo.  


 


 E na chocolatada e nos momentos de xogo posteriores vivimos momentos moi, moi, moi especiais de amizade e agarimo. A maxia do noso cole, onde ninguén é anónimo. Momentos que Pulpi adora porque sabe que son dos máis importantes da vida. Compartir, coidar, querer...



 

OBRADOIRO DE NADAL GALEGO

 Con materiais diversos e tamén de refugallo, e grazas á profe Mónica, realizamos no cole un obradoiro de adornos de Nadal moi variados,

Participaron todos os cursos elaborando cadanseu adorno e con diferentes técnicas. Pasámolo en grande e sentímonos moi orgullosas e orgullosos do resultado final.

Mirade:


VISITA DO APALPADOR

 Grazas á Asociación Cultural Apelón, contamos coa visita do Apalpador neste Nadal 2023. 

Membros da Asociación o presentaron aos nenos, e explicaron quen era e o que facía antes de que fixera a súa aparición.

O Apalpador falou coas mnenas e nenos do cole e por último agasallounos co seu agasallo tradicional... CASTANAS!!!



mércores

NOVOS TABOLEIROS PAR OS ESCORNABOTS

 Nesta actividade realizada durante este primeiro trimestre o alumnado participante, ademais de traballar os 5 lemas básicos do noso proxecto anual "COIDADIÑO: XENTE MEDRANDO!",  fixeron cadanseu debuxo sobre un dos lemas e aprenderon a editar un word para elaborar un taboleiros de Escornabots e dados de xogo.

O primeiro foi debuxar e escanear as imaxes para telan a man cando editemos os taboleiros.

Aquí as tedes, xunto cos lemas do proxecto aos que se refiren.




Seguidamente comezou o traballo de edición.
Sinalar que este alumnado (3º e 4º de E. Primaria) non había traballado nunca cos ordenadores, así que todo isto de aprender onde e como gardar carpetas e documentos xa nos levou un tempiño.
Cando chegou a hora de poñerse a editar pasáronno moi ben explorando moitas das posibilidades que o programa lles ofrecía: insertar imaxe, movela, redimensionala, insertar formas, colorear formas, degradados, insertar cadro de texto, modificar letra, coloreala, ...
Traballaban en parellas e así o que un non aprendera ben explicáballo @ compañeir@.




Tamén aprenderon a gardar o traballo e cambialo a formato PDF para que non se alterase.
E aquí tedes os resultados (aínda que algún elemento presenta  pequenos erros).





Actividade moi, moi, moi completa na que aprenderon moito e disfrutaron do traballo, ademais de concienciarse aínda máis nos hábitos saudables.
XENIAIS!!!

luns

xoves

EL FLAUTISTA DE HAMELÍN

 Esta lenda alemana, documentada polos Irmáns Grimm, foi escollida por Gero para recomendárnola.

Os Irmáns Grimm foron eruditos, filólogos, mitólogos, investigadores culturais, lexicógrafos e escritores alemanes que coleccionaron e publicaron xuntos folclore e libros durante o século XIX.  

Ademais deste conto, A Cincenta , O príncipe ra , A pastora de ocas , Hansel e Gretel , Rapunzel, , A bela durminte e Brancaneves  son algúns dos moitos contos de tradición oral que eles popularizaron publicándoos hai xa máis de 200 anos.





YO, JANE

 Laura recoméndanos a lectura deste marabilloso álbum ilustrado que podedes atopar na biblio.

"Yo, Jane" conta a historia dunha nena que imaxina viaxar a África en compañía dun simpático mono para coñecer os animais que vía nos libros. Está editado por Océano Travesía e escrito por Patrick McDonnell.



O máis sorprendente deste libro é que Jane, a nena da nosa historia, é nin máis nin menos que Jane Goodall.

Sabedes quen é? 

Jane Goodall fíxose famosa polo seu estudio (durante 26 anos) dos chimpancés do parque nacional Gombe Stream, nas orillas orientais do lago Tanganica, en Tanzania. En 1960, cando visitaba a unha amiga en Kenia, coñeceu ao célebre antropólogo Louis Leakey, que lle conseguiu unha beca para que recopilase datos sobre chimpancés salvaxes co obxectivo de estudar as súas semellanzas cos humanos. O que descubriu alí foi tan revolucionario que lle garantizou un posto como unha das maiores científicas de campo do século XX. Tiña 26 años.

En 2018 se estrenó en los canales de National Geographic en España el documental "Jane" con imágenes inéditas, perdidas durante años en los archivos de National Geographic, y con la dirección de Brett Morgen. 

Aquí tedes o vídeo "trailer" do documental.


domingo

CANDO UN PROXECTO EDUCATIVO CHAMA Á TÚA PORTA

 Este pequeno proxecto que traballamos no cole non estaba "planificado" de antemán. Foi unha desas situacións propias dunha escola viva e en contacto coa realidade. Un proxecto que "cahmou á nosa porta" e que, por suposto, deixámolo entrar.

Todo foi cando os magnolios que o noso cole ten diante da fachada empezaron a botar as súas sementes ao chan. Algo tan simple, pero tan chamativo.


No medio da herba resaltaban esa especie de fabas pequenas de cor vermello intenso. Brillantes, suaves, feitucas...E mirando ás súas copas veíamolas saíndo das piñas. Simplemente preciosas!



Tod@s fomos velas e....

Claro! Había que traballar sobre isto na escola!

Dito e feito.

Aquí tedes os materiais cos que traballamos nos diferntes cursos sobre estas (e algunhas outras) preciosas árbores nesta situación de aprendizaxe que se nos presentou e non deixamos escapar.



sábado

ARTE. DE 2D A 3D

 Utilizando un xogo da Biblioteca Creativa mercado en cursos anteriores e para traballar a visión espacial que este alumnado utilizará para a grabación da película do Proxecto Colectivo "Coidadiño: xente medrando" xa que serán @s cámaras da mesma, propuxemos esta actividade .

Trátase dunhas pezas de madeira con diferentes formas e cores que se pòden encaixar de milleiros de formas diferentes a través dunha ranuras. Por parellas deseñaron as súas propias creacións, pedíndolles que buscasen a mellor combinación estudando a figura resultante dende todos os ángulos posibles.

Noutra sesión repetimos a experiencia, pero esta vez recortando as nosas propias pezas en cartolinas de cores e dándolles as formas que quixemos.

E aquí están os resultados!

Como vedes son moi artistas!


venres

CIENCIA NA BIBLIO

 Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai 11 anos o profesorado de Galicia celebra en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. (Extraído do Portal da Lingua Galega)

As bibliotecas escolares de Galicia súmanse dende hai anos (como non podía ser doutra forma) a esta celebración e na nosa biblioteca preparamos unha sesión de experimentos para todos os grupos, todos eles relacionados cos sentidos e a percepción.

Así foi esta magnífica xornada na biblio.