O pasado día 20 de decembro participamos con outros escolares de centros educativos de Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol nunha das probas de campo a través do calendario local do programa Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar) para o curso 2022/2023 que promove a Secretaría Xeral para o Deporte.
O tempo non acompañou pero igualmente foi unha mañá moi divertida e emocionante onde o alumnado de 2º a 6º de Primaria correu todo o que puido e on alegría, agás algún disgusto por non ter acadado o resultado esperado por malentendidos co traxecto a percorres.
Tiñamos pendente esta saída polas Fragas do Eume dende a charla do CEIDA no cole no mes de outubro.
E por fin chegou o día.
O tempo non acompañaba moito pero a verdade é que así molladas lucen en todo o seu esplendor e facilitou a observación de fauna diversa que con tempo seco non veríamos.
Dividíronos en dous grupos e cada un fixo a ruta (que é circular) en sentido contrario.
Tanto nun grupo coma noutro puidemos observar a flora e a fauna autóctona do lugar, aprendimos a camiñar con moito silenzo (ou cando menos o intentamos) para así non asustar aos habitantes da fraga. Tamén visitamos o Mosteiro de Caaveiro, xoia arquitectónica das fragas e coñecimos a súa historia.