Amosando publicacións coa etiqueta Educación emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación emocional. Amosar todas as publicacións

venres

DINÁMICA DE CONVIVENCIA

 Dentro do Plan de Convivencia do noso centro levamos a cabo unha actividade moi especial co alumnado de terceiro a sexto de primaria, centrada na importancia do respecto, a empatía e a comunicación positiva entre iguais.

A actividade desenvolveuse na biblioteca, onde comezamos cun pequeno coloquio sentados en círculo, no que reflexionamos sobre a convivencia diaria e os conflitos que ás veces xorden entre compañeiros e compañeiras. A partir desta conversa inicial, propúxoselles unha dinámica moi significativa: a cada alumno e alumna colocóuselle un folio en branco na espalda, no que os demais tiñan que escribir mensaxes positivas, cualidades ou aspectos que valoran desa persoa.(todos tiñan que ter algunha palabra positiva)

Unha vez rematada a actividade, realizamos unha posta en común na que puidemos compartir e comentar todo o positivo que xurdiu. Foi un momento moi emotivo, no que o alumnado tivo conciencia da importancia de expresar o bo que vemos nos demais.

A través desta experiencia, quixemos facerlles ver que, se nos esforzamos máis en dicirnos cousas positivas e en valorar aos demais, probablemente reduciríamos moitos dos conflitos que xorden no día a día. Sen dúbida, foi unha actividade enriquecedora que contribuíu a fortalecer os vínculos e a mellorar a convivencia no centro.




sábado

PARA BEN LAVAR AS MANS

 O prometido é débeda!

Aquí tedes a peli tan cacareada ao longo de todo este curso e para a que tanto traballamos.

Grazas a todos e a todas (alumnado, profesorado, familias...) pola vosa implicación.

Agardo que vos guste tanto como a nós!



ESPAZO MAKER CON "ESPACIO VIVO"

 Un ano máis, grazas ao Proxecto Biblioteca Creativas, ao cal pertencemos, puidemos disfrutar destes obradoiros, diferenciados por idades e rotando entre todas as propostas. Tróuxonolas a empresa "Espacio Vivo", con moita experiencia na organización deste tipo de eventos (e doutros) e que sempre está á última nas novidades tecnolóxicas.

Torno, carpinteiría en cartón, construccións, robótica, mecanismos, drones, coches, gafas virtuais...

Pasámolo xenial e aprendimos un montón.

Foi un día xenial!


xoves

TENIS

 O pasado mércores participamos nunha actividade deportiva no Club de Tenis de Redes á que asistiu o alumnado dende 1º ata 6º de Primaria.

Foi unha mágoa que o tempo non acompañase porque senón tamén iría o alumnado de E. Infantil.

Grazas que alí contan con dúas pistas cubertas e así poidemos disfrutar do xogo e o deporte.

Esperábannos varios monitores que se fixeron cargo de organizar quendas, prestar raquetas e pelotas e poñer a xogar a todas e todos.

TEnis e brilé, cunha paradiña para tomar a merenda.

Foi un día xenial e estamos moi agradecid@s desta invitación.

Clicade na foto para acceder a todas



martes

LUÍS, SAMIRA E AINHOA FIXERON UN CONTO

 Igual que fixeron Luna, Chloe e Emma o outro día, Luís, Samira e Ainhoa escribiron un conto.

Pero eles non o fixeron na escola e, como tampouco podían xuntarse nas súas casas, fixérono por teléfono. 

Así Luís comezou o conto e envioulle o principio a Samira, que seguiu o relato e por último recibiuno Ainhoa que o rematou.

E como fixeran un bo traballo, e de xeito totalmente voluntario, léronolo na biblio.

PARABÉNS !


domingo

CANTOS CONTOS ACERTAMOS

 En 3º e 4º tamén xogamos a acertar os contos dos frascos.

En parellas puxéronse a mirar, pensar e anotar. Cando todas e todos remataron intercambiaron as súas listaxes e comprobaron cantas respostas tiñan correctas.

As gañadoras indiscutibles foron Ángela e Noa que con 19 puntos sobre 28 sacáronlle 5 puntos de vantaxe aos segundos clasificados.

Pero o máis importante non foi gañar, senón pasalo ben, traballar en equipo e pensar nos contos que tod@s coñecemos como unha riqueza cultural que nos é propia.



venres

O CONTO DE CHLOE, EMMA E LUNA

 Estas tres nenas de 1º (Chloe e Emma) e 2º (Luna) inventaron un conto que escribiron e debuxaron entre as tres.

Trátase dun conto despregable, deses que cando o abres os seus debuxos teñen unha continuidade de páxina en páxina. Puxeron o texto por detrás e quedaron tan satisfeitas do resultado que pediron poder lelo na biblio.

Cando lles preguntamos a quen llo querían contar dixeron que a TODOS!. Así que nos reunimos na biblio para disfrutar deste máxico momento. Todo un luxo, a verdade.

PARABÉNS CHICAS! SEGUIDE ASÍ!

ESPERAMOS OUTROS MOITOS!


xoves

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A ALDEA NOVA

 Marchamos de excursión, todo o cole, a "Aldea Nova" no concello de Narón, para disfrutar dunha xornada chea de xogos, obradoiros e convivencia.

Pasámolo en grande. Plantamos sementes, xogamos a xogos populares, construímos uns pequenos instrumentos musicais de cartón, aprendimos a menxar unha mesa de DJ, xogamos a ra....

E os momentos de comer son importantísimos para todas as nenas e todos os nenos!. Sempre están a preguntar canto tempo falta para facelo! Porque ademais de disfrutar das exquisiteces das mochilas falamos, xogamos, compartimos estes momentos cos compañeiros e compañeiras.

E tamén houbo tempo de xogo libre, para o que nos deixaron material.


martes

XOGANDO COA HABITACIÓN DE AMES

 Como esta maqueta nos gusta tanto, decidimos que o alumnado de 3º e 4º, @s nos@s expert@s en vídeo, gravasen unhas escenas que idearon en pequenos grupos.

Como todo traballo foron necesarios varios intentos para que todo saíse ben, aprendendo dos erros cometidos. O segundo dos grupos xa non tivo os mesmos problemas xa que fora expectador do primeiro.

Así de ben o pasamos!



domingo

LECTURAS COMPARTIDAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 Xa sabedes desta actividade que realizamos durante a "Hora de ler" os martes e venres de cada semana.

Tróuxonos momentos moi especiais durante todo o curso.

Aquí tedes as do terceiro trimestre do curso coa participación estelar das nenas e nenos de 1º uqe se atreveron a ler diante dos maiores.

Parabéns a tod@s!

sábado

RETOS NO TABOLEIRO

 Ao longo do curso foron aparecendo no taboleiro da entrada diferentes retos a resolver polo alumnado dos diferentes cursos e todos en relacción co Proxecto Anual de Centro "COIDADIÑO: XENTE MEDRANDO!".

Esta actividade busca sempre que o alumnado poña en xogo diferentes habilidades ao longo do tempo e que afunde máis nos coñecementos necesarios para adquirir uns hábitos de vida saudables. Ademais favorece o traballo en equipo ou pequenos agrupamentos de maneira que ten unha grande dimensión inclusiva.


Aquí deixamos todos os retos do curso por se queredes volvelos a realizar en familia!


venres

O NOSO MARCAPÁXINAS IMPRESO EN 3D

 Como agasallo ás nais que colaboraron con nós na actividade "Pais e nais que contan" imprimimos este agasallo deseñado por nós.

Trátase dun marcapáxinas tipo "clip" coa nosa mascota de protagonista.

Traballamos con fío de cor blanca porque así cadaquén pode personalizalo como queira.




mércores

CARLA, NAI DE LEO

 Nunha nova edición de "PAIS E NAIS QUE CONTAN", tivemos a sorte de que nos visitase Carla Iglesias, nai de Leo, que nos traía un conto moi especial.

"Yo mando en mí" , de Excellence Editorial, escrito e ilustrado por dúas irmás: Sophía Almagro (actriz, imitadora, cantante e escritora) e Irene Loal (ilustradora) conta a historia de Mila,  unha nena moi creativa, curiosa, inqueda e chea de enerxía que ama facer todo Á SÚA MANEIRA. Pero esa maneira non parece gustarlles aos adultos que a rodean.

¿Debería ser como os demais queren que sexa ou como ela elixe ser?

Esta pregunta levaraa a vivir unha aventura moi especial…

Como Carla as coñece, contoulles que nos ía ler o seu conto e elas enviáronlle un vídeo adicado ás nenas e nenos da clase de Leo. Vaia luxo!!

Tamén nós fixémoslle o agasallo de enviar un noso.

No video podedes ver todo o que vos contamos.


martes

BARALLA DE REFRÁNS POLAS LETRAS GALEGAS 2024

 Como os xogos de cartas que elaboramos polo Día de Rosalía e polo Día da Poesía teñen moito éxito, ocurríusenos facer outras polo Día das Letras Galegas.

Pero nesta ocasión en lugar de facer unha escolma poética, decidimos que fose o alumnado quen trouxese refráns galegos da casa e con eles elaborar a nova baralla.

Aínda está no forno, pero aquí podedes ver como vai quedar.



luns

ALEJANDRA. OUTRA NAI QUE CONTA.

A nai de Daniela e de Valeria, Alejandra,  tamén se animou a isto de vir á escola para contarnos un conto.

Ela preferiu contarllo ao alumnado das clases das súas fillas e que a biblioteca propuxese o conto.

Suxerímoslle "Así es mi corazón" escrito por Jo Witek e ilustrado por Christine Roussey que explica counha linguaxe sinxela e apoiado polas magníficas ilustración moitos dos sentimentos que nos afectan a cotío.

Alejandra asegurou que foi Valeria a que lle insitiu moito para que viñese a contar un conto, e a experiencia debeu ser gratificante, xa que cando marchou dixo que podiamos contar con ela cando queixéramos.

MOITAS GRAZAS!

Non vos perdades o vídeo que hai sorpresa!



xoves

PAIS E NAIS QUE CONTAN

 Un curso máis puxemos a andar esta actividade que tanto nos gusta.

Enviamos unha circular ás familias animándoas a vir ao cole para contar un conto.

Podían escoller día, conto (ou se querían algunha recomendación da biblioteca) e cómo e a quen contalo.

A verdade é que non tivemos moitas ofertas porque o horario escolar non facilita que nos visiten pais e nais que traballan, por iso agradecemos moitísimo a todas aquelas nais (porque son todas nais) e a unha tía que se animasen a participar nesta actividade.

A primeira foi a nai de Luís, que se atreveu a contar un conto a todo o cole.

O libro escollido foi "Daniela Pirata" , un conto do que Luís namorou cando o contamos na escola e pediuno na casa ata que llo mercaron. Foi escrito por SUSANNA ISERN e ilustrado por GÓMEZ .

Os piratas do Caimán Negro non queren nenas no seu barco... Que pasará cando chegue Daniela?

Mirade o vídeo que lle fixemos.


martes

RECREOS NA BIBLIO

 Durante os recreos as nenas e nenos do cole poden ir á biblioteca libremente.

Hay servizo de préstamos e devolucións a cargo do alumnado de 5º e 6º e poden usar os fondos e os materiais que lles apeteza (cumprindo as normas, evidentemente).

E así suceden cousas marabillosas. Momentos de compartir xogos, retos, creacións, lecturas.... Momentos de estreitar lazos de amizade. Momentos de paz, tranquilidade, risa, entusiasmo, descubrimento...E todo iso grazas á biblio, espazo especial e seña de identidade do cole.

As bibliotecas, tesouros dos centros!


xoves

CHARLA SOBRE MASCOTAS E ENTORNOS LIMPOS

Uxía (exalumna do centro) e María visitáronnos para concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar axeitadamente as nosas mascotas e manter limpos os entornos nos que interaccionan.

Na charla descubrimos que o noso alumnado posúe un elevado número de mascotas diferentes. Estaban encantad@s contándolle ás monitoras da charla cantas mascotas tiñan e cales eran.

Case tod@s tiñan can, e tamén descubrimos que xa estaban moi ben instruíd@s sobre o procedemento da recollida das súas cacas e aseguraron que así o facían.

Tamén coñecían a necesidades que sobre pasreos requerían aqueles cans que non poden disfrutar de finca onde correr e xogar ao seu antoxo.

Por último repartiron uns folletos e uns carteis que elas mesmas deseñaron e despedíronse do alumnado e de maneira especial de aqueles que xa coñecían (ambalasdúas son do Concello).

E nós, encantad@s de recibilas!


.

domingo

CELEBRAMOS OS MAIOS

 Esta é unha festa grande no noso cole dende hai anos, e este curso tivemos a grande sorte de que o tempo nos acompañase o puidémola celebrar na Regueira, onde resulta moito mellor.

Previamente á celebración preparámola como é debido.

Cada clase escribiu as súas Coplas dos Maios seguindo a tradición de Outrense, ás que nós lle intercalamos un pequeno retrouso que nos permite enlazar mellor unhas con outras. Tamén ensaiamos a súa interpretación.

Traballaron asimesmo sobre a orixe e significado desta festa, así como as súas tradicións e a súa historia.

Nas clases de música cada clase preparou a súa intervención na danza colectiva, elaborando a súa coreografía utilizando paus, arcos ou cintas. A música escollida foi (como en anos anteriores) a Muiñeira de Chantada, porque para nós é a mais bonita de todas as que coñecemos.

Así que como vedes detrás da festa hai moito traballo previo.

Temos a sorte de poder contar coa Asociación Cultural Apelón do concello de Mugardos que elabora os maios para adornar, aporta parte da merenda e tráenos ao Grupo de gaitas Trouleada que ameniza o percorrido, o traballo e fai posible que bailemos con música en directo.

Pasámolo xenial e foi un día redondo. 



COMO FOI O DO QUIXOTE?

Na entrada do cole, e nas casas das nenas e nenos, hai unha fotos moi, moi, moi especiais, que mesmo parecen "maxia".
Nelas vense a nenas e nenos moi pequeniños subidos ás estanterías da biblio ao lado dos libros que sobre O Quixote  tratan e xunto aos personaxes e escenas da obra de Cervantes recortados en cartolina.
as fotos que puxemos son de tamaños moi diferentes e mesmo hai unha tamaño mural.
Que cómo o fixemos?
Mirade o vídeo e o saberedes!