Esta festa non sería posible sen a axuda de todas as familias e da Asociación Cultural Apeloneducacion, que nos agasallou coa merenda. Coma sempre, GRAZAS.
Un ano máis deixámosvos aquí as nosas recomendacións de lecturas para o verán, ademais dalgunha suxerencia de xogos e música para disfrutar en familia ou amigos.
Como cada ano escollemos o mellor do mellor e o máis suxerente da oferta editorial para cada idade e intentando que os libros que vos suxerimos sexan deses que vale a pena "ter en propiedade" formando parte da biblioteca da casa. Pequenos-grandes tesouros.
Aínda que todos os días son bos para disfrutar dun libro, dun xogo ou da música, fixemos esta selección para que as vacacións de verán sexan aínda mellores e porque seguro que tedes moito máis tempo para disfrutar deles.
Trátase dunha selección pensada especialmente para vós, as nenas e os nenos do cole. Porque vos coñecemos e porque coñecemos o que recomendamos.
De seguro que non vos ides arrepentir de ter na casa os materiais que vos suxerimos, estamos segur@s de que os utilizaredes unha e outra vez durante moito, moito tempo.
Xa sabedes que un dos produtos finais do noso Proxecto Anual de Centro "Coidadiño: xente medrando!", que tratou sobre os hábitos saudables, foi facer unha película coa colaboración de toda a comunidade educativa.
Esollimos a canción "Para ben lavar as mans" que Carmen sanmartín compuxo para as nenas e os nenos do cole cando nos incorporamos á escola tras a pandemia Covid. a letra explica que xestos hai que facer nun lavado de mans correcto e dura o tempo necesario para facer un bo lavado. Así que se alguén lava as mans cantando a canción seguro que o fai ben!.
Decidimos que o alumndo de E. Infantil e o de 1º e 2º serían as actrices e actores da peli. O alumnado de 3º e 4º cámaras e o alumnado de 5º e 6º montadores e montadoras de vídeo.
Iniciamos o traballo aprendendo aspectos fundamentais sobre o encuadre e os planos no cine, que son os mesmos que no cómic, así como sobre o guión gráfico. Deste traballo encargáronse en 3º e 4º e de transmitirllo ao resto de compañeiros e compañeiras do cole, mediante unha presentación.
SE CLICADES NA IMAXE VEREDES A ENTRADA DO BLOG ONDE SE RECOLLE O VÍDEO DA PRESENTACIÓN E OS DOCUMENTOS ELABORADOS
Tamén aprenderon a utilizar a cámara de vídeo.
SE CLICADES NA IMAXE ACCEDEREDES Á ENTRADA DO BLOG ONDE O CONTAMOS
A banda sonora da película sería a canción interpretada por toda a comunidade educativa. Para iso, ademais de aprendela e practicala nas clases de música, proporcionouse un enlace ao blog onde estaba a música e a letra, e así poder practicala nas casas. Tamén se enviou unha nota as familias convidándoas a colaborar con nós.
Así que chegou o día de empezar a gravación, despois de ter repartido o traballo entre o alumnado.
E así foi.
Por último, e para dar tempo ás familias para aprender ben a canción, gravamos a banda sonora.
Primeiro ensaiamos nós:
E ao día seguinte gravamos con elas!
E por último pasámoslles os vídeos e o son (banda sonora) ao alumnado de 5º e 6º que se puxo mans á obra nisto da montaxe de vídeos, dirixidos polo profe Pablo.
Pasárono en grande e fixérono moi ben!
E o resultado final volo poñeremos noutra entrada parael soíño.
Foron varias as activdades que levamos a cabo polo Día das Letras Galegas 2024.
Nas aulas traballaron con diversos materiais proporcionados polo Seminario Galán e por Primavera das letras . Textos, xogos, actividades en papel... serviron de canle para traballar co alumnado tanto a figura da homenaxeada deste ano, Luísa Villalta, como a importancia desta data para a nosa lingua.
Tamén se realizaron xogos de pistas a partir dos carteis das letras que envía aos centros a Consellería e que permanecen enmarcados nos corredores.
Para o xoves día 16 preparamos unha ximcana de 5 actividades diferentes e rotatorias a realizar en grupos mixtos (combinando alumnado de todas as aulas).
As 5 estacións foron:
- Obradoiro de arte. Debuxar e pintar a Luísa Villalta, con deiferentes modelos e técnicas segundo a idade do alumnado.
- Elaborar conxuntamente o cartafol despregable que oferce o Seminario Galán nos seus recursos en papel, repartindo tarefas acordes á idade de cada nena e neno de cada grupo (colorear, recortar, pegar..).
-Xogo de descifrar mensaxes segredos usando o "Cambialetras" de elaboración propia segundo a clave dada e para os máis pequenos outros máis sinxelos do Seminario Galán.
- Xogo de memoria, con cartas editadas por nós para tal ocasión, con apoio de cores para que poidan xogar os que aíndo non len.
Xogo de rasca e gaña, que resolverían despois de ter escoitado o vídeo sobre a súa biografía do CEIP. Chans de Bembrive .
Aquí tedes os recursos que utilizamos:
VÍDEO SOBRE A BIOGRAFÍA
FICHAS DAS PROPOSTAS DO SEMINARIO GALÁN PARA @S MÁIS PEQUEN@S NA ACTIVIDADE DE DESCIFRAR MENSAXES SEGREDOS.
Esta é unha festa grande no noso cole dende hai anos, e este curso tivemos a grande sorte de que o tempo nos acompañase o puidémola celebrar na Regueira, onde resulta moito mellor.
Previamente á celebración preparámola como é debido.
Cada clase escribiu as súas Coplas dos Maios seguindo a tradición de Outrense, ás que nós lle intercalamos un pequeno retrouso que nos permite enlazar mellor unhas con outras. Tamén ensaiamos a súa interpretación.
Traballaron asimesmo sobre a orixe e significado desta festa, así como as súas tradicións e a súa historia.
Nas clases de música cada clase preparou a súa intervención na danza colectiva, elaborando a súa coreografía utilizando paus, arcos ou cintas. A música escollida foi (como en anos anteriores) a Muiñeira de Chantada, porque para nós é a mais bonita de todas as que coñecemos.
Así que como vedes detrás da festa hai moito traballo previo.
Temos a sorte de poder contar coa Asociación Cultural Apelón do concello de Mugardos que elabora os maios para adornar, aporta parte da merenda e tráenos ao Grupo de gaitas Trouleada que ameniza o percorrido, o traballo e fai posible que bailemos con música en directo.
Non podiamos faltar a esta cita tan importante e reunímonos na biblioteca ao pé do debuxo que de Rosalía colorearon en E. Infantil para recitar unha selección dos seus poemas.
En 1º e 2º optaron por cantarnos "Eu ben vin estar o moucho" de Migallas Teatro acompañados na pantalla do vídeo que usaron para aprendela.
O resto dos cursos de Primaria recitaron unha escolma de poemas axeitados para cada curso.
E rematamos a sesión, coma sempre, cantando tod@s "Rosalía pequeniña", de Uxía. O noso alumnado non perdoa un Día de Rosalía sen o vídeo e a canción.
Un ano máis chegou unha das festas preferidas polo alumnado do cole... O Entroido!
Como sabedes, o noso proxecto anual é "Coidado: xente medrando" onde queremos traballar para educar e promover os hábitos saudables como modo de vida.
Así que os mandados de Pulpi foron os que seguen:
Ademais o venres, día grande desta semana, degustamos unha merenda de Entroido coas aportacións que destes postres trouxo o alumnado e un obradoiro de antifaces especial en 3º e 4º.
Tamén fixemos unha copla utilizando a música de "A Rianxeira" que cantamos todos xuntos antes de desfilar diante dos familiares que se achegaron ao centro para compartir con nós esta festa.
o mal tempo impediu que puidésemos facer unha saída pola contorna como gustamos de facer cada ano.
Aquí tedes todo isto recollido nun só vídeo. Disfrutádeo!!!
En vista de que no mundo non deixa de haber guerras senón que cada día hai máis, escollimos esta canción de José Mário Branco, cantautor portugués, que aposta pola paz e denuncia os intereses dos poderosos nos conflitos armados.
A ronda do soldadiño cantada por José Mário ten varias versións. Nós escollimos esta que aquí vos deixamos e xa puxemos noutra entrada, xunto coa letra, para que servise á comunidade educativa para aprender a cantala ben.
E nós, despois de practicala moito, e aprendernos moi ben a letra (e iso que é longa) a interpretamos así na biblio o Día da Paz 2024.
Momentos especiais de disfrute colectivo no que a música nos une aínda máis.
Aquí tedes o vídeo para practicar a canción que imos cantar tod@s polo Día da Paz.
Trátase de "A ronda do Soldadiño", unha canción de José Mária Branco, cantautor portugués, que compuxo xa hai bastantes anos, pero que segue a estar de actualidade porque parece que a humanidade non aprende a estar en paz.
A composición orixinal é en portugués, pero nós a traduxemos ao galego.
No día das vacacións de Nadal a comunidade educativa do cole disfrutou das actuacións musicais do alumnado do cole.
E. Infantil interpretou unha panxoliña na que foi o propio alumnado quen decidiu que cousas querían levar ao portal de Belén.
Pensei en cortar o vídeo, xa que o medo escénico e a inexperiencia do alumnado provocou que tivésemos que volver a empezar, pero penso que o vídeo ten moita máis gracia se o vemos enteiro.
Aquí o tedes!
En 1º e 2º interpreataron a panxoliña de Mamá Cabra "A árbore de Nadal" de xeitro teatralizado.
En 3º e 4º unha coñecida panxoliña á que puxemos letra en galego e acompañaron con percusión corporal-
En 5º e 6º panxoliña con letra en galego sobre a música de Shin Chan.
E para rematar este mágnífico Festival unha coreografía creada polo propio alumnado e ensaiada durante os recreos, lidrerada polas alumnas de 5º e 6º.
Un pracer ter compartido unha vez máis estes momentos máxicos e únicos.
Como cada ano a AsociaciónCultural Apelón, en colaboración co Concello, facilitounos a Festa dos Maios.
Eles trouxeron 2 maios, un máis pequeno que o outro, o grupo de gaitas "Trouleada" así como froita e auga para o alumnado.
Nós puxemos as flores, coas que adornamos ámbolos dous maios, a copla do maio (que cantamos entre tod@s) e a danza (usando paus, arcos e cintas).
O alumnado de 5º e 6º montou unha tendiña dos maios.
Para iso elaboraron unhas macetas con material de refugallo e plantaron esquexes para vender a plantiña completa. Tamén trouxeron doces elaborados nas súas casas e bocadillos que prepararon no cole con axuda das profes.
Nesta primeira presentación fotográfica tedes a parte de adornar os maios.
Para este fin de curso nas clases de música preparamos diferentes actuacións do alumnado para recollelas en vídeo e compartilas a través deste blog.
Así en E. Infantil prepararon esta canción a partir da versión karaoke de Sereíña do mar de Mamá Cabra, a quen agradecemos a súa xenerosidade por permitirnos usar a súa canción para esta actividade.
En 1º e 2º anuncian as vacacións e o tempo de praia cunha orquesta de cubos e palas.
En 3º e 4º preparamos esta coreografía coa conción "Terra" de Tanxugueiras que tanto nos gusta.
Para a coreografía utilizamos pasos doutra creada por Benito Buíde, mestre de música e creador do método de percusión corporal Takedinorum, ao que agradecemos a súa xenerosidade para permitirnos incluílos na nosa.
En quinto estabamos a preparar unha nova grabaión do conto de Frederick rimado e con títeres de pau. Pero por coincidir o día da súa clase con festivo e con outras actividades do centro, entre outros problemas, non tivemos tempo para facelo ben. Así que nesta ocasión non vos podemos compartir a súa actuación.
En cambio pediron a Pili, profe de E. Física que os grabase nunha coreografía improvisada e que se puxese neste blog, así que aquí vos queda:
O alumnado de 6º preparou esta composición instrumental que traballaron con moita profesionalidade e que lles quedou así de ben.
Como "excursión de fin de curso" optamos por organizar xogos para tod@s en Beiramar, a onde podiamos chegar a pé e pasar unha mañá estupenda.
Para os xogos contamos con "La Guagua" empresa de animación e servizos que organizaron xogos diferentes para cada unha das dúas sesións que celebramos.
O alumnado de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria baixamos directamente a Beiramar, pero o de 3º, 4º, 5º e 6º fixeron unha andaina pola contorna antes de chegar pois os xogos para eles celebraríanse cando rematasen os do primeiro grupo.
Ao chegar os máis pequenos aínda non estaban montados os xogos, pois chegamos antes da hora acordada, así que estiveron xogando un ratiño no campo. Despois dos xogos merendaron, mentras os maiores participaban nos xogos.
Despois houbo tempo para que tod@s puidesen xogar xuntos antes de volver a péao cole.
Para non aburrirnos escollimos outro camiño diferente.
Deixámosvos aquí as nosas recomendacións de lectura, música e xogos para o tempo de lecer.
Cada unha das suxestións foi minuciosamente escollida pensasndo en vós e buscando unha calidade fóra de toda dúbida nos textos, nas ilustracións, nas músicas, nos xogos...
Mirádeas e escollede ben. De seguro vos farán pasar ratos inesquecibles e ademais seredes propietari@s dun verdadeiro tesouro.
Esta semana das Letras Galegas cada clase/aula realizou deiversas actividades das propostas polo Seminario Galán xa que son moitas, variadas e fáciles de adaptar ás nosas aulas.
En E. Infantil tralo visionado dun vídeo de YouTube colorearon dibuxos propostos polo Seminario Galán.
En 1º e 2º as actividades de busca de información nos carteis da exposición propostas na Guía Didáctica dos carteis gañadores.
3º e 4º. Traballaron tamén co material do Seminario Galán e fixeron unha busca nos cartesi da exposición con preguntas prantexadas pola profe.
En 5º tamén escolleron as actividade propostas polo Seminario Galán e ademais aprenderon o Himno Galego.
Queredes ascoital@s? Clicade na imaxe!
E así de bonito foi ver ao alumnado traballando polos corredores!!