domingo

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. UNHA VEZ MÁIS VIRTUAL

 Para este fin de curso nas clases de música preparamos diferentes actuacións do alumnado para recollelas en vídeo e compartilas a través deste blog.

Así en E. Infantil prepararon esta canción a partir da versión karaoke de Sereíña do mar de Mamá Cabra, a quen agradecemos a súa xenerosidade por permitirnos usar a súa canción para esta actividade.




En 1º e 2º anuncian as vacacións e o tempo de praia cunha orquesta de cubos e palas.


En 3º e 4º preparamos esta coreografía coa conción "Terra" de Tanxugueiras que tanto nos gusta.
Para a coreografía utilizamos pasos doutra creada por Benito Buíde, mestre de música e creador do método de percusión corporal Takedinorum, ao que agradecemos a súa xenerosidade para permitirnos incluílos na nosa.


 

En quinto estabamos a preparar unha nova grabaión do conto de Frederick rimado e con títeres de pau. Pero por coincidir o día da súa clase con festivo e con outras actividades do centro, entre outros problemas,  non tivemos tempo para facelo ben. Así que nesta ocasión non vos podemos compartir a súa actuación.
En cambio pediron a Pili, profe de E. Física que os grabase nunha coreografía improvisada e que se puxese neste blog, así que aquí vos queda:



O alumnado de 6º preparou esta composición instrumental que traballaron con moita profesionalidade e que lles quedou así de ben.


sábado

MÁQUINAS SIMPLES CON MATERIAL DE REFUGALLO

 Este foi un traballo realizado polo alumnado de 3º e 4º na área de sociais e imbricado coa educación plástica.

O alumnado levou a súa máquiña a casa para ensinar o seu traballo pero debería volver a traelo para facer esta reportaxe e non puido ser....

Así que só vos podemos ensinar unha delas, pero xa di o refrán, "que para mostra un botón".

Mirade que chulada!



venres

VIÑERON OS BOMBEIROS DO GES DE MUGARDOS

 Como "broche final" da festa de fin de curso, despois da xincana e das merendas nas aulas disfrutamos con Bombeiros de GES de Mugardos. (Grupo de Emerxencias Supramunicipal)

Subimos ao camión, tocamos a serea, puxemos os seus cascos e os seus traxes e practicamos coas mangueiras!

Moitas grazas! Vaia fin de festa!"




XINCANA FIN DO PROXECTO "ISTO PINTA BEN"

 No último día de clase organizamos unha xincana na que poñer a proba parte do aprendido durante o curso no noso proxecto de pintura galega "Isto pinta ben".

Para iso xuntámonos na biblio tod@s co obxecto de explicala e facer os equipos que incluían alumnado de cada clase.


Así sería a Xincana.

Cada equipo tiña que superar 6 probas. Cada proba superada debería ser comprobada e cuñada na plantilla do equipo polo xurado.

A primeira proba sería unha sopa de letras e realizaríamola tod@s a un tempo no patio. Despois cada equipo podía dirixirse á proba que quixese no lugar que se indicaba co obxecto de completalas todas antes que o resto de equipos.




INSTALACIÓNS













PRIMEIRA PROBA 








A partir desta proba cada grupo nunha proba diferente!



3ª PROBA

licade na imaxe se queredes volver a pasar a proba














Así foi a proba musical!







Cando un equipo rematou todas as probas deuse por finalizada a xincana e reunímonos tod@s de novo para a enmtrega de premios.













PARABÉNS AO EQUIPO GAÑADOR!!








TRABALLANDO CO CÓMIC

 En 5º, na área de plástica traballaron sobre o cómic e sobretodo coas onomatopeas, co resultado elaboraron esta exposición no corredor do centro.