sábado

EN 6º SON EMPRESARIAS E EMPRESARIOS. PERO ISO SI... SOLIDARI@S

 En Ciencias Sociais de 6º aprenden os contidos da materia realizando traballos ben individuais ou ben colectivos, sendo estes últimos os máis utilizados.

Para traballar o tema de economía decidiron crear unha empresa.

Pouco a pouco foron perfilando a idea e elaboraron un proxecto interdisciplinar, xa que decidiron poñer á venda unha macetas que con material de refugallo estaban facendo na área de Plástica baseandose nos deseños da cerámica de Sargadelos, que á súa vez estaban a traballar con motivo do Proxecto de centro "Isto pinta ben".


Como boas empresarias e bos empresarios, ademais de aprender unha nocións básicas de economía e organizar a súa empresa e os seus diferentes departamentos,  decidiron aumentar a súa oferta de produtos á venda para así obter máis rendementos económicos e mandar os beneficios, a través da ONG Save The Children, a Ucraína.

Escolleron fabricar imáns cun deseño propio, onde misturan unha pomba de Sargadelos, a bandera Ucraína e o lema "A PAZ É O CAMIÑO" en galego e ucraíno e encargar chapas co mesmo logo.


Solicitaron financiación ao alcalde de Mugardos, quen se achegou ao centro para coñecer de primeira man o proxecto e aceptou correr cos gastos do material necesario para a fabricación dos imáns e o custe das chapas.

Escribiron a Sargadelos para solicitar o seu permiso para utilizar a imaxe da súa pomba de cerámica easí como os seus deseños nas macetas que elaboraban, explicando o obxectivo da súa empresa. Sargadelos autorizou gustosamente o solicitado e mesmo amosando gratitude por pensar neles para esta actividade.

Tamén avisaron a diferentes medios de comunicación para darlle publicidade  á súa idea e convocar á comunidade para a compra dos seus produtos. Así saíorn no xornal "La Voz de Galicia" e fixéronlles unha entrevista en "Radio Voz"

Clicade na imaxe para acceder á noticia de "La Voz de Galicia"


E nesta para escoitar a entrevista. Non vola podedes perder!!




BRAVO!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario