mércores

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2022

Como cada ano o IBBY (International board on books for young people) convídanos a conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen.
Este ano tocáballe a Canadá agasallarnos cun texto e unha ilustración.
O escritor Richard Van Camp ecribiu unha fermosa mensaxe para todos os nenos e as nenas do mundo e a ilustradora Julie Fett  a marabillosa imaxe que o acompaña.
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, editou a tradución ao galego a cargo de Mercedes Pacheco.
As Bibliotecas escolares de Galcia fixéronnos chegar a información e iso inspirounos para facer este vídeo que agardamos que vos guste moito.




Ler é liberdade. Ler é respirar.
 
Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan
os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.


RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO




Mahsi cho.

Tiñamos moita curiosidade por saber en que idioma están escritas estas palabras así que fixemos unha peque búsqueda e descubrimos que está escrita en Gwich´in, lingua indíxena de pobos septentrionales de Canadá.
Se entrades na páxina web do escritor poderedes coñecelo mellor e comprobar a súa procedencia.




xoves

BAILAMOS PARA ROSALÍA. DÍA DE ROSALÍA 2022

 Unha vez máis celebramos no cole o Día de Rosalía. Non podía ser doutra forma, porque non nos cansamos de disfrutar da súa poesía e de admirarnos ano tras anos de que siga a emocionar a grandes e pequenos a pesar do paso dos anos.

Sabemos que moitos dos seus poemas están musicados e coñecemos diferentes versións pero fagamos o que fagamos sempre temos que rematar a celebración coa canción de Uxía "Rosalía pequeniña" do seu libro disco do mesmo título.(A unión de dúas mulleres tan marabillosas non pode máis que ofrecer un resultado magnífico).

Como nos gusta tanto, este ano preparamos unha danza con percusión corporal para bailar todos xuntos na pista do cole neste día tan sinalado.

Cada grupo de aula preparou o seu fragmento de danza nas clases de música e logo xuntámonos na pista para interpretar a danza tod@s xunt@s na pista. Desa maneira cada grupo disfrutaba como público da coreografía dos outros cursos e esmerábase en interpretar o seu fragmento.

Disfrutamos moito e sentímonos orgullos@s do resultado final. E para podelo compartir coa comunidade educativa poñémolo aquí en vídeo.


mércores

5º E 6º TEÑEN ALGO QUE CONTAR SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

 Como esta pandemia aínda non nos deixa xuntarnos tod@s na biblio para disfrutar de lecturas colectivas (entre outras cousas máis) as rapazas e rapaces de 5º e de 6º fan esta lectura en Kamishibai gravada en vídeo para que a poidades disfrutar igualmente, e ademais todas as veces que queirades.

Grazas compis!!



martes

PARA PRACTICAR A CANCIÓN DO ENTROIDO

 

Clicade na imaxe para escoitar a canción




LETRA

Ao pé dunha marisqueira (bis)

choraba un berberechiño

porque era tan grande a vieira

e el era tan pequeniño (bis)

ailalelo ailalalo.


Vimos os de Franza con moito saleiro

cos nosos disfraces, todos estupendos 

e gozando moito grandes e pequenos.

Este Entroido mola por ser pintureiro.


No lavadoiro de Franza (bis)

haiche moita algarabía:

o xabrón caeu á auga

cando Bego o quería (bis)

ailalelo, ailalalo.


RETROUSO


Nesta escola do pasado (bis)

temos unha profe tola,

conta cos dedos dos pés

pinta coa tiza na boca (bis)

ailalelo, ailalalo.


RETROUSO


A estas pequenas bruxiñas (bis)

gustáballes guerrear

pero agora xa aprenderon

que o que mola é a PAZ (bis)

ailalelo, ailalalo.


RETROUSO