domingo

O SOL. PROXECTO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Dentro do Proxecto colectivo "O Universo" en E. Infantil traballaron sobre o Sol.
Para iso utilizaron, entre outros recursos, os fondos da biblioteca escolar.
Aquí vos deixamos unha pequena exposición sobre o traballo realizado. Sobre o MOITO traballo ralizado.










sábado

ANXO FARIÑA NA ESCOLA INFANTIL DE O SEIXO

A profe de a EEI. de O Seixo trouxo o pasado día 14 de maio a Anxo Fariña á biblioteca tan chula que ten, con motivo das Letras Galegas, para que as nenas e nenos da súa escola puidesen disfrutar "na súa casa" deste deseñador, escritor e ilustrador grande representante da Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.

As nenas e nenos da aula de E. Infantil do noso cole foron convidados a asistir e compartir con eles esta sesión, na que disfrutaron moito e na que ao noso Diego Anxo "retratou" tan ben.



mércores

APOSTA POLA PAZ. CANDO AS FAMILIAS COLABORAN!!!

E por fin podedes ver o resultado do gran traballo que fixeron estes papis entregados á música.
Non temos palabras para agradecerlles todo o que por nós fixeron.
Ademais de contar con este "pedazo de vídeo" (tanto no que se refire á imaxe coma ao son) fixéronnos vivir unha experiencia inesquecible. Estas nenas e nenos sentíronse artistas por un día. Puxeron todo o seu esforzo en facer unha boa interpretación da canción. Aprenderon moito sobre o traballo que rodea unha producción musical e/ou audiovisual, realizando diferentes grabacións e seguindo as indicacións de "claqueta" que se nos daban.
Foi verdadeiramente precioso compartilo en grupo e agora co mundo.

MOITAS GRAZAS!!!!!!