Coma todos os anos por estas datas editamos as nosas recomendacións de lectura que imprimimos e repartimos ao alumnado.
Ademais tamén as deixamos aquí por se lle resultan estimulantes a que nos visite no blog ou para que as consultedes se perdedes o papel.
domingo
luns
20 DE NOVEMBRO. PLENO ESCOLAR DO CONCELLO DE MUGARDOS
Un ano máis sumámonos a esta convocatoria na que o alumnado dos colexios do Concello son Concelleiros por un día no que , ademais de aprender cómo funcionan os plenos dos governos municipais, teñen a ocasión de facer as súas preguntas e presentar as súas mocións sobre temas do seu interese, en relacción á Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos e das Nenas de 1959.
Este ano o Dereito escollido foi o Principio 5:
“Dereiro a unha educación e a un tratamento especial para aqueles nenos que sofren algunha discapacidade mental ou física”
Participaron os centros escolares:
CEIP Santiago Apóstolo de Franza - Mugardos
CEIP Unión Mugardesa - Mugardos
CPR Loyola – Mugardos
Contarase coa presenza de:
ASCM de Ferrol
AMMI de Mugardos
Participaron as alumnas e alumnso de 3º e 4º de Primaria (aínda que nas diferentes noticias se recolla que foron de 5º de Primaria).
Entre tod@s redactaron as preguntas e mocións que lles interesaba presentar, despois de ter debatido sobre as dificultades que se poden atopar as nenas e nenos con discapacidade e como o concello pode colaborar en solventalas. Escolleron as mellores ou máis representativas das súas inquedanzas e escolleron que participaría como concelleiro/ Concelleira, sabendo que o resto acode ao Pleno como público.
Aquí tedes as preguntas e mocións seleccionadas:
PREGUNTAS:

- Credes que os nenos e nenas con discapacidade poden participar nos xogos que realizamos durante os recreos ?
- É xusto que os nenos e nenas discapacitados sexan tratados de xeito diferente polos seus compañeiros?
- Credes que os nenos e nenas con algunha discapacidade deben ir a colexios diferentes aos nosos?
- Como credes que deben cambiar os colexios para adaptalos a nenos e nenas con discapacidades físicas? E mentais?
MOCIÓNS:
- ACONDICIONAR AS BEIRARRÚAS PARA QUE AS PERSOAS CON ALGUNHA DISCAPACIDADE FÍSICA POIDA DESPRAZARSE CON FACILIDADE (SEMÁFOROS ACÚSTICOS, CHAN EN BO ESTADO, RAMPAS DE ACCESO ÁS BEIRARRÚAS...)
- ADAPTAR OS XOGOS DOS PARQUES PARA QUE POIDAN XOGAR CALQUERA NENO OU NENA QUE TEÑA ALGUNHA DISCAPACIDADE FÍSICA.
E aquí tedes o resultado do Pleno (coas preguntas e mocións dos outros centros educativos):
CONVOCATORIA
SESIÓN ORDINARIA a celebrar polo CONCELLO PLENO, no Salón de Sesións
desta Casa Consistorial, ás 11,00 h. do día 14 DE DECMBRO DE 2018
ORDE DO DIA
1 Aprobación da acta da sesión anterior realizada o 20.11.2017.
2 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Santiago Apóstolo ao CEIP Unión
Mugardesa:
- Credes que os nenos e nenas con algunha discapacidade deben ir a colexios
diferentes aos nosos?
3 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Santiao Apóstolo ao CPR Loyola:
- Como credes que deben cambiar os colexios para adaptalos aos nenos e nenas
con discapacidades físicas? E mentais?
4 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Unión Mugardesa ao CEIP Santiago
Apóstolo:
- Aquí neste Concello os nenos e nenas con algunha discapacidade teñen a
posibilidade de inscribirse nas actividades deportivas ou culturais?
5 Debate sobre a pregunta presentada polo CEIP Unión Mugardesa ao CPR Loyola:
- Os espazos públicos, parques, rúas, … están adaptados para os nenos e nenas
con mobilidade reducida?
6 Debate sobre a pregunta presentada polo CPR Loyola ao CEIP Santiago Apóstolo:
- Como poderiades axudar aos nenos e nenas con discapacidade para que se sintan
integrados e lograr que teñan a autoestima alta?
7 Debate sobre a pregunta presentada polo CPR Loyla ao CEIP Unión Mugardesa:
- No voso centro tratades a todos/as por igual? Dalgún xeito vos maltratades? Que
facedes para solucionalo?
8 Moción presentada polo CEIP Santiago Apóstolo relativa a:
- Adaptar os xogos dos parques para que poidan xogar calquera neno ou nena que
teña algunha discapacidade física.
9 Moción presentada polo CEIP Unión Mugardesa:
- Pedimos que o Concello destine parte do seu presuposto anual para
mercar/alugar un vehículo adaptado para facilitar os desprazamentos das
nenas/os con discapacidade motórica.
10 Moción presentada polo CPR Loyola:
- Que no centro do pobo, no paso de peóns do Concello, haxa un semáforo con
sonido para facilitar o paso á xente con discapacidade visual.
*********************************************************************
Se clicades aquí acederedes á noticia no Diario de Ferrol.
Se clicades aquí accederedes á noticia na Voz de Galicia
Se clicades aquí accederedes ao publicado no Blog da ASCM de Ferrol
Se clicades aquí accedredes á publicación na web do Concello
Etiquetas:
Colaboración,
Democracia,
Dereitos dos nenos e das nenas,
Discapacidade,
Formación,
Igualdade,
Noticias,
Novas,
Pleno Infantil,
Prensa
mércores
DÍA DA DISCAPACIDADE
Na "Hora de ler" do 3 de decembo, Día internacional da Discapacidade, na biblioteca proxectamos estes vídeos, que nos axudaron a tod@s a comprender mellor certo tipo de Discapacidades e a concienciarnos da importancia das nosas actitudes para con persoas discapacitadas.
Agardamos que vos gusten tanto como nos gustaron a nós e que aprendades moito sobre o tema.
Esta efeméride foi impulsada pola ONU dende o ano 1992 para informar e concienciar á sociedade sobre a realidade e necesidades das persoas discapacitadas e destacar os beneficios que se derivan da súa integración en todos os ámbitos da vida.
Estímase que 1 de cada 7 persoas do mundo ten algún tipo de discapacidade. Isto é 1000 millóns de persoas, das cales 100 millóns serían nenos e nenas.

martes
MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN
Un ano máis participamos nesta mostra á que tanto nos gusta acudir porque sempre traen espectáculos de calidade e sempre relaccionados cos libros e a lectura.
Ademais sempre tentamos actividades culturais de interese para tod@s e o teatro é unha das nosas preferidas. Narón leva xa 34 anos celebrando esta mostra á que cada vez acoden máis escolares e da que xa levamos uns anos disfrutando.ç
E. Infantil asistiu á representación da "A Galiña Azul" a cargo do grupo "Tanxarina"

Clicade na imaxe para saber máis deste grupo e dos seus espectáculos.
As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria disfrutaron do espectáculo "A nena e o grilo máis alá" de Magín Blanco e o grupo "Ghazafelhos".
Se clicades na imaxe accederedes ao Faceboock do grupo.
Se clicades na imaxe saberedes máis do Libro "A nena e o grilo máis aló" e do seu autor, "Magín Blanco".
E tiveron moitísima sorte. Porque ademais do espectáculo puideron disfrutar da exposición "Os monicreques de Kukas" que acolleu o Pazo da Cultura de Narón con motivo desta Mostra de Teatro que organizan para os escolares da Comarca.
Por último 5º e 6º de Primaria acudiron ao espectáculo "Crecer", da compañía "El callejón del Gato"
CRECER, “la historia de nunca acabar”. Una historia de hijos atónitos y padres huidos, sacada de la realidad. A vueltas con nuestros miedos, nuestros sueños, árboles que se llenan de hormigas y adultos colmados de Peter Pan…

Texto extraído da páxina do Conello de Mieres,
Se clicades na imaxe podedes acceder a moita máis información sobre a obra, a compañía así como o seu premiado director
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)