luns

APRENDENDO SOBRE A CDU (CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL)

A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia vén de agasallarnos cunha nova CDU Ilustrada por Óscar Villán, que nos axuda a atopar e gardar os fondos documentais en calquera biblioteca do mundo.

Clica na imaxe para saber máis


Ademais desta marabilla tamén editaron un folleto que serve de apoio aos equipos de bibliotecas escolares así como ao alumnado responsable das mesmas. Tamén servirá de información a toda a comunidade educativa para comprender mellor todo o traballo de xestión que se xenera nunha biblioteca escolar.

Se queres ser un/unha usuario/usuaria autónoma en calquera biblioteca non perdas a lectura deste documento. Pero ten en conta que se trata dunha adaptación pensada e deseñada para unha biblioteca escolar.







E esta é a táboa simplificada na que basamos a organización da nosa biblioteca (con algúns cambios nas cores segundo as idades e en outras pequenas cousiñas).






Tamén se propuxo dende a Asesoría o concurso "Xogando coa CDU", animando aos centros a participar ideando xogos a partir do marabilloso cartes de Óscar Villán.

Nós tivemos un par de ideas (facer un mémori, ou un xofgo de cartas de familias) pero non tivemos tempo real para sacar a idea adiante.

Con todo non descartamos facelo igualmente fóra de concurso. Ademais tamén prometemos ensinarvos os xogos que outros centros idearon.

Seguro que serán xeniais, pois a xente das bibliotecas escolares de Galicia é de moita calidade.


DÍA DA BIBLIOTECA 2018

Unha vez máis este 24 de outubro festexamos esta data.
Porque a nosa biblioteca e Pulpi están de festa maior.
É o seu día máis especial.

O alumnado de 3º deleitounos coa lectura dun conto en Kamishibai que tanto gusta a grandes e pequenos.
Prepararon a lectura de "O paxaro Puhuy" e fixéronnos pasar un rato estupendo a tod@s.




biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow


Pero tamén soubemos o porqué desta data, aprendendo sobre a destrucción da biblioteca de Saraievo durante a guerra dos Balcanes. E soubemos da heroididade dos empregados que salvaron moitos libros poñendo en perigo a súa propia vida. E soubemos da desgraza de quen mandou destruíla.

Despois levamos para casa un tríptico con toda esa información para compartir coas familias.







xoves

PROXIMAMENTE.... DÍA DA BIBLIOTECA

Nesta data non só Pulpi está de festa (e tod@s nós con el), senón que a celebración exténdese por todas as bibliotecas , dende que en 1997 foi proposta esta celebración pola Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil.

Cada ano edítanse carteis conmemorativos ( de ilustradoras e ilustradores salientables), organízanse moitas actividades e edítase un "Pregón" da festa encargado cada ano a unha escritora ou escritor relevante.

Deixamos aquí diversas imaxes e clicando nelas accederás a máis información.
Tamén copiamos e pegamos o Pregón deste ano.

 Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia



Amigos del Libro Infantil y Juvenil


Pregón  Día da Biblioteca 2018    "O día da luz"   Gonzalo Moure 
Veño do deserto do Sáhara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiad@s saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que @s nen@s e @s moz@s do Sáhara poidan experimentar o gozo de sentar baixo a súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún "templo de silencio", senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorar mirando uns ollos por enriba do libro. Porque ao fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar onde se descobre ao outro, de papel ou de carne. 

Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións. 
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. 

Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para @s saharauís. Págaas a nosa sociedade civil, mediante soci@s adult@s, e mediante actividades solidarias nos colexios, institutos e bibliotecas. E @s alumn@s e lector@s que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a milleiros de nen@s, moz@s e adult@s que a fixeron posíbel co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lectora e lector saharauí ten ao seu carón a milleiros de lectoras e lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e lugar tan hostil. 

Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén soñouna, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faite do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso "bibliobús". Que non haxa ningunha nena e ningún neno, moz@ ou adult@, que non roce a man dunha bibliotecaria que a aconselle, que o oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa ningún ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será. 

Na túa man hai milleiros de mans, apertando a túa, acompañándote no camiño. Tenras ou con durezas, pequenas ou grandes. No libro que te agarda na mesa de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Mais todos preciosos. Conectados todos por un invisíbel fío de prata que un man con man, andel con andel, un fío inacabábel e luminosos. Inacabábel, e que así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir "O día da luz".
Feliz día, feliz século.
Pregón en galego extraído da páxina de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)

martes

POÉTICAS DIVERSAS: LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA ESTE CURSO

Como cada ano, a consellería de Educación propón un lema para as Bibliotecas Escolares.

Poéticas diversas na Biblioteca Escolar, porque tocaba reivindicar a poesía como algo presente en todas as cousas que nos rodean no mundo. A poesía contida en cada cousa e cada un dos saberes do mundo. A poesía do Universo (tema a tratar neste ano no cole), a poesía da xeometría, dos números, da ciencia, da paisexe, da historia, das diferentes artes.....
E do poder da poesía para asomarnos a cada cousa mirando dende outro lado, ou se cadra do mesmo lado que antes pero con outros ollos, Do pracer de recitala, lela, debuxala, ulila, paladeala. Do poder da rima e do ritmo e do poder da ausencia de rima.... Poesía e máis poesía sempre.

Encántanos o lema escollido este ano así coma o cartel que o publicita (de Nuria Díaz).


Imaxe extraída da páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Clica na mesma para saber máis do tema e da autora do cartel.

luns

SOMOS UNHA BIBLIOTECA CREATIVA!!!!!!

A nosa biblioteca solicitou por segundo ano consecutivo a participación no proxecto "Biblioteca Creativa" (anteriormente chamado "Escornabots na bilioteca escolar") e este ano foi admitida no proxecto.
Formamos así parte deste proxecto xunto a outros 54 centros de toda Galicia.

Trátase de crear na biblioteca escolar un espazo de creación e experimentación cos recursos e materiais axeitados así como estimular a iniciación do alumnado na robótica e na linguaxe de programación a través de diversas actividades.

Entre elas saliéntanse as actividades que utilizarán o Escornabot (pequeno robot de hardware libre e aberto á comunidade).






                                          Clica na imaxe para saber máis dos Escornabots
Imaxe obtida da páxina Microlog.




Este traballo ampliará as linguaxes presentes na biblioteca, promoverá a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo a investigación e o traballo en grupo do alumnado e do profesorado.

Xa vos iremos contando!!!


 Este é o "Logo" do Proxecto Escornabot



E este é o de Biblioteca Escolar Creativa
Clica nel para saber máis do Proxecto.



Ambos logos están a partir de agora na barra lateral do blog.

venres

ABRIU A BIBLIO!!!

Despois de que os responsables de biblioteca aprendesen a xestionar os empréstitos e as devolucións e a dominar a organización da biblioteca así como as normas de funcionamento, e despois de que o equipo de biblioteca puxese a punto todas as instalacións,  abriuse por fin a biblioteca este novo curso..

Era algo moi agardado por todo o alumnado que xa levaban moitos días preguntando que cando abría.

Para celebrar este día por todo o alto o profe Pablo, na "Hora do conto" leunos "Polvo de estrellas. Carl Sagan y los misterios del Cosmos" de la editorial Juventud, escrito por Stephanie Roth Sisson .

Foi escollido entre otros moitos que temos preparados para traballar o Proxecto Colectivo "O Universo" durante este curso escolar.




                                          Imaxes extraídas da páxina da editorial.
                                          Clica na primeira para saber máis do libro.
                                          E na segunda para saber da súa autora.


Así estaban todos neses momentos.










Moitas grazas Pablo!!