luns

APRENDENDO SOBRE A CDU (CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL)

A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia vén de agasallarnos cunha nova CDU Ilustrada por Óscar Villán, que nos axuda a atopar e gardar os fondos documentais en calquera biblioteca do mundo.

Clica na imaxe para saber máis


Ademais desta marabilla tamén editaron un folleto que serve de apoio aos equipos de bibliotecas escolares así como ao alumnado responsable das mesmas. Tamén servirá de información a toda a comunidade educativa para comprender mellor todo o traballo de xestión que se xenera nunha biblioteca escolar.

Se queres ser un/unha usuario/usuaria autónoma en calquera biblioteca non perdas a lectura deste documento. Pero ten en conta que se trata dunha adaptación pensada e deseñada para unha biblioteca escolar.







E esta é a táboa simplificada na que basamos a organización da nosa biblioteca (con algúns cambios nas cores segundo as idades e en outras pequenas cousiñas).






Tamén se propuxo dende a Asesoría o concurso "Xogando coa CDU", animando aos centros a participar ideando xogos a partir do marabilloso cartes de Óscar Villán.

Nós tivemos un par de ideas (facer un mémori, ou un xofgo de cartas de familias) pero non tivemos tempo real para sacar a idea adiante.

Con todo non descartamos facelo igualmente fóra de concurso. Ademais tamén prometemos ensinarvos os xogos que outros centros idearon.

Seguro que serán xeniais, pois a xente das bibliotecas escolares de Galicia é de moita calidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario