venres

OBRADOIRO SOBRE A ENERXÍA

 Solicitamos para 5º e 6º o obradoiro "Aprendenergía" ofertado pola Fundación Repsol.

Polas circunstancias deste ano o obradoiro foi virtual. Para iso o centro recibiu o material para a realización das actividades propostas e unha charla a través das pantallas.

Coñecer as diferentes fontes de enerxía primaria, achegarse aos procesos de transformación enerxética tomando en conta a dispoñibilidade dos recursos, as emisións de CO2 e o custo económico como coñecementos fundamentais para unha transición enerxética sostible.

Obxectidos recollidos na Axenda2030 (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable para o decenio 2020-2030)



Dun xeito lúdico e creativo achegámonos a todas estas nocións fundamentais para un futuro sostible e respectuoso co medio ambiente.







xoves

MAGOSTO E SAMAÍN 2020

pensabades que con isto da pandemia non celebrariamos estas festas?
Pois estades moi equivocad@s!
Nesta entrada iremos colgando as diferentes actividades que no Centro realizamos.

Antes que nada deixaros uns vídeos que fixeron en diferentes cursos.

1º e 2º agasalláronnos con estas marabillosas adiviñas e coplas :




E as rapazas e rapaces de 5º non quedaron atrás e ofrecéronos estas pequenas coplas e estes terroríficos relatos de medo.



En 3º colorearon as ilustracións do conto "A castaña que rebentou de risa" e prepararon a súa lectura. Para iso utilizaron as ilustracións e o texto do CEIP. de Pazos de Ferrol, que compartiron na rede. Agradecemos moito ás nenas e nenos deste cole a súa xenerosidade e tamén a Chispa, a mascota da súa biblioteca.




martes

CANCIÓN PARA BEN LAVAR AS MANS

 Aínda que case tod@s xa a sebedes, aquí vos deixo un pequeno vídeo co texto e coa música para repasala, cantala comigo ou amosarlla á familia ou amigos.

Disfrutádea!!!


luns

O CORONAVIRUS NON VAI Á BIBLIOTECA

 Por fin abriremos a biblioteca neste novo curso 2020-2021.

Pero como é un ano especial, temos unhas novas normas que tod@s debemos coñecer e respectar.

Pulpi non quere que o coronavirus entre na biblio e seguro que vós tampouco. Así que facédellle caso e seguide estas normas.



 



Aquí as tedes máis resumidas e en forma de cartel que poñeremos nas portas de acceso.



Seguro que entre tod@s "espantamos" a este virus da biblio e do cole!!!

NOVA COMPAÑEIRA DE BALBINA

 Coa morte de Quino Luís Davila,  O Bichero  dibuxou a Mafalda ao xeito das mulleres das súas viñetas.

Imaxe extraída do Facebook do artista


Como a nosa Balbina (que xa apareceu no noso taboleiro o curso pasado) é unha versión de unha das "Merseditas" ou "Lurditas" de Luís Davila,  non puidemos resistirnos a que Mafalda compartira espazo coa nosa Balbina (por aquilo da horta).

A profe Marina fixo posible esta amizade e tod@s estamos encantad@s!!


GRAZAS!!

domingo

DESPEDIMOS A QUINO

 O 30 de setembro morreu Joaquín Salvador Lavado Tejón, dibuxante Arxentino coñecido como QUINO.




Con 17 anos tomou a determinación de ser un dibuxante de historietas de humor, abandoou os seus estudos de Belas Artes e marchou a "Bos Aires" para perseguir o seu soño.

Costoulle moito e pasaron tres anos moi difíciles ata que por fin logrou publicar os seus debuxos.E dende aquela xa non parou. 

En 1963 aparece o seu primeiro libro de humor "Mundo Quino"e en 1964 apareceu por primeira vez o personaxe que lle daría fama internacional: MAFALDA. Primeiro con tiras en xornais e semanarios e por fin en libros cun tremendo éxito en todo o mundo. 







Esta é a foto do Facebook oficial de MAFALDA.
Clica na imaxe para acceder 


                           E esta é da súa conta de Twitter. Se clicas nela accederás.




Se clicas na sinatura de Quino accederás á páxina web oficial del, onde atoparás moita información sobre todos os libros que escribiu e os países onde se editaron e están a venda.


MAFALDA é unha nena que odia a sopa, está sempre preocupada pola situación do mundo, pola paz e polos dereitos humanos.
A súa imaxe foi utilizada en moitas ocasións para a defensa de diversas ideas utilizando os dibuxos de Quino e escribindo textos que o autor non escribira. Quino só impedía utilizar os seus debuxos cando as ideas que se transmitían neles non eran os propios de Mafalda.
Somos moitas as xeracións que medarmos lendo a Mafalda unha e outra vez e seguro que non seremos as últimas porque Mafalda nunca "pasa de moda".




Temos os seus libros na biblio, así que se queredes disfrutar deste marabilloso personaxe e os seus amigos tan xeniais non tedes máis que pedilos en préstamo.