O 30 de setembro morreu Joaquín Salvador Lavado Tejón, dibuxante Arxentino coñecido como QUINO.
Con 17 anos tomou a determinación de ser un dibuxante de historietas de humor, abandoou os seus estudos de Belas Artes e marchou a "Bos Aires" para perseguir o seu soño.
Costoulle moito e pasaron tres anos moi difíciles ata que por fin logrou publicar os seus debuxos.E dende aquela xa non parou.
En 1963 aparece o seu primeiro libro de humor "Mundo Quino"e en 1964 apareceu por primeira vez o personaxe que lle daría fama internacional: MAFALDA. Primeiro con tiras en xornais e semanarios e por fin en libros cun tremendo éxito en todo o mundo.
Esta é a foto do Facebook oficial de MAFALDA.
Clica na imaxe para acceder
Se clicas na sinatura de Quino accederás á páxina web oficial del, onde atoparás moita información sobre todos os libros que escribiu e os países onde se editaron e están a venda.
MAFALDA é unha nena que odia a sopa, está sempre preocupada pola situación do mundo, pola paz e polos dereitos humanos.
A súa imaxe foi utilizada en moitas ocasións para a defensa de diversas ideas utilizando os dibuxos de Quino e escribindo textos que o autor non escribira. Quino só impedía utilizar os seus debuxos cando as ideas que se transmitían neles non eran os propios de Mafalda.
Somos moitas as xeracións que medarmos lendo a Mafalda unha e outra vez e seguro que non seremos as últimas porque Mafalda nunca "pasa de moda".
Ningún comentario:
Publicar un comentario