Amosando publicacións coa etiqueta Formación Documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación Documental. Amosar todas as publicacións

xoves

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS, MÚSICA E XOGOS

 Un ano máis deixámosvos aquí as nosas recomendacións de lecturas para o verán, ademais dalgunha suxerencia de xogos e música para disfrutar en familia ou amigos.

Como cada ano escollemos o mellor do mellor e o máis suxerente da oferta editorial para cada idade e intentando que os libros que vos suxerimos sexan deses que vale a pena "ter en propiedade" formando parte da biblioteca da casa. Pequenos-grandes tesouros.

Agardamos que vos gusten!

Feliz verán!


martes

DÍA DO PEÓN

 Hoxe 11 de novembro celebramos no cole o Día do Peón con diferentes actividades.

Ademáis de bailar o peón, adornamos a nosa entrada e fixemos actividades nas aulas de búsqueda de información, vocabulario e ata aprendimos a canción "Buxaina brincadeira"  do Grupo Ledicia .

Aquí tendes a presentación sobre o Día do Peón que empregamos nas aulas


Día do peón de Thais Amenedo


E a continuación, ensinámosvos unhas fotiños deste día.


          





domingo

CANDO UN PROXECTO EDUCATIVO CHAMA Á TÚA PORTA

 Este pequeno proxecto que traballamos no cole non estaba "planificado" de antemán. Foi unha desas situacións propias dunha escola viva e en contacto coa realidade. Un proxecto que "cahmou á nosa porta" e que, por suposto, deixámolo entrar.

Todo foi cando os magnolios que o noso cole ten diante da fachada empezaron a botar as súas sementes ao chan. Algo tan simple, pero tan chamativo.


No medio da herba resaltaban esa especie de fabas pequenas de cor vermello intenso. Brillantes, suaves, feitucas...E mirando ás súas copas veíamolas saíndo das piñas. Simplemente preciosas!



Tod@s fomos velas e....

Claro! Había que traballar sobre isto na escola!

Dito e feito.

Aquí tedes os materiais cos que traballamos nos diferntes cursos sobre estas (e algunhas outras) preciosas árbores nesta situación de aprendizaxe que se nos presentou e non deixamos escapar.



5º E 6º SUPERCOMPETENTES

 Nas áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais o alumnado de 5º e 6º traballa dun xeito especial.

Cada tema novo é explicado e del se elabora un esquema dos puntos claves que hai que tratar.

Seguidamente, ben por traballos individuais ou por pequenos equipos (a maioría das veces) hai que elaborar un produto final que recolla todo o tema. "Libros con bolsillos", maquetas, murais... serven para recoller todo o tema. 

Cando é un traballo por equipos, ademais deben redactar (buscando a información tanto os fondos da biblioteca coma na rede ou ben a través de material que a profe Pili (que é quen pon en marcha todo isto) lles achega pola plataforma edixgal. Unha vez redactado deben repartirse o tema para expoñelo aos seus compañeir@s na aula ou ben noutras aulas, como é o caso dos vídeos que vos deixamos máis abaixo.

Un traballo completísimo de búsqueda e tratamento da información cun produto final en moitas ocasións sorprendente pola creatividade posta en xogo para acadalo.

Cos traballos elaborados durante o curso montouse unha exposición na entrada do cole que podedes disfrutar tamén neste documento que aquí deixamos.





Dalgunhas exposicións que fixeron noutras aulas (en 1º e 2º de E. Primaria) gardamos vídeo das mesmas e aquí o compartimos unificado nun só.



SIMPLEMENTE XENIAL!!!

mércores

PARA BEN SEMENTAR HAI QUE SE DOCUMENTAR

 Para sementar de novo o horto escolar en 4º, 5º e 6º  de primaria fixeron unha investigación a través dos fondos da biblioteca e a través de búsquedas guiadas de internet.

Xa temos todo planificado.

Mirade que ben traballaron.













xoves

COLABORAMOS UNHA VEZ MAIS CON SAVE THE CHILDREN

 Como cada ano, colaboramos coa ONG Save The Children na súa iniciativa "Kilómetros de solidaridad". Non só correndo todo o tempo que somos capaces e aportando os cartos que @s nos@s patrocinador@s nos dan, senon tamén traballando coa documentación que se atopa na súa web para coñecer máis sobre os nenos e nenas que viven situacións de conflictos armados. Especialmente sobre as nenas.

Porque este ano esta iniciativa é "POLO DEREITO A SER NENA".

"Kilómetros de Solidaridad es una carrera escolar solidaria en favor de los Derechos de la infancia más vulnerable. Desde Save the Children damos ahora un paso más y os proponemos apoyar la lucha por aquella infancia que más sufre: las niñas.

No podemos dejar de lado a esta infancia que siempre ha sido la gran olvidada. Muchos y muchas de vosotros nos habéis demostrado que el género es un tema que no debemos relegar en la escuela. Con esta carrera conseguiréis que alumnos y familias conozcan la realidad de las niñas en países en conflicto, donde su realidad es mucho más preocupante." (texto extraído da web do ONG).

Por que é necesaria axudar ás nenas?

Matrimonio forzoso de nenas.

Abandono escolar porque convértense en cuidadoras e é máis difícil que volvan á escola.

Saúde, porque o embarazo na adolescencia provoca depresión, violencia, discapacidades no bebé e incluso risco de morte durante o parto.

A Covid supuxo peche de escolas, o que incrementa o risco de violencia e perden unha comida diaria.

Conflictos. Porque nos desprazamentos a causa dos conflictos armados as nenas sufren máis risco de violencia sexual e embarazos non desexados.

Pois por nós que non sexa. Así correron as nosas nenas e os nosos nenos.

Agardamos ter axudado a outras nenas e nenos do mundo.


venres

SAÍDA A FERROL DE TODA PRIMARIA

Por fin fomos de excursión!!!

Toda a Primaria (E. Infantil vai outro día  e a outro sitio) fomos a Ferrol. O alumnado de 4º, 5º e 6º baixou do autobús en Canido para visitar as súas famosas Meninas, coas que xa traballaran na clase. Mentres 1º,2º e 3º visitaba a exposición "Indómitas. Historias que abren camiños" na sede de A Fundación Abanca,. Unha visita guiada na que traballaron a igualdade de xénero presentando mulleres galegas que foron pioneiras nos seus ámbitos. Reunímonos tod@s outra vez no Antón de Molins para merendar e xogar no seu parque.

Seguidamente, mentres o grupo de maiores visitaba a exposición (cunha dinámica activa axeitada á súa idade) @s máis pequen@s visitaron Exponav, o museo naval de Ferrol.

Así foi e así volo contamos:


mércores

SEGUIMOS A TRABALLAR COA PINTURA GALEGA

Este é o traballo que se están a facer o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

Fixeron unha escolma de pintoras e pintores galegos e cadaquén escolleu o cadro que máis lle gustaba para versionar.

Co cadro na pantalla do ordenador foron facendo a súa réplica. Posteriormente póñenlle un marco de cartón ondulado á súa creación desenvolvendo así outras habilidades plásticas e xeométricas (esquinas).  Aínda non están todos acabados porque isto leva o seu tempo pero xa vos podemos ofrecer unha pequena mostra.

martes

NAS CLASES DE PLÁSTICA TAMÉN TRABALLAMOS SOBRE A PINTURA GALEGA

 En 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria realizaron diferentes actividades plásticas relacionadas co Proxecto Anual "Isto pinta ben!". un dos traballos de máis envergadura foi o de reproducir colectivamente a obra de Luís Seoane "Cada cabeza unha cor"



Para iso repartíronse entre o alumnado os diferentes cadriños da obra, e mediante fotocopias pasaron o deseño a cartulinas que logo recortaban e pegaban reproducindo o máis fielmente posible a deseño inicial.
Aquí os tedes traballando en 6º:










E así foi o resultado final:


Mirade esta comparativa entre as súas obras

Tod@s quedaron tremendamente satisfeit@s do resultado final. Incluso alumnado que ata ese momento pensaba que era torpe para a plástica cambiou de actitude cando disfrutou do resultado.
Quedou tan tan tan bonito que levámolo a enmarcar e agora decora o corredor da planta baixa rodeado doutros cadriños que tamén elaboraron e non foron dentro do cadro.




sábado

EN 6º SON EMPRESARIAS E EMPRESARIOS. PERO ISO SI... SOLIDARI@S

 En Ciencias Sociais de 6º aprenden os contidos da materia realizando traballos ben individuais ou ben colectivos, sendo estes últimos os máis utilizados.

Para traballar o tema de economía decidiron crear unha empresa.

Pouco a pouco foron perfilando a idea e elaboraron un proxecto interdisciplinar, xa que decidiron poñer á venda unha macetas que con material de refugallo estaban facendo na área de Plástica baseandose nos deseños da cerámica de Sargadelos, que á súa vez estaban a traballar con motivo do Proxecto de centro "Isto pinta ben".


Como boas empresarias e bos empresarios, ademais de aprender unha nocións básicas de economía e organizar a súa empresa e os seus diferentes departamentos,  decidiron aumentar a súa oferta de produtos á venda para así obter máis rendementos económicos e mandar os beneficios, a través da ONG Save The Children, a Ucraína.

Escolleron fabricar imáns cun deseño propio, onde misturan unha pomba de Sargadelos, a bandera Ucraína e o lema "A PAZ É O CAMIÑO" en galego e ucraíno e encargar chapas co mesmo logo.


Solicitaron financiación ao alcalde de Mugardos, quen se achegou ao centro para coñecer de primeira man o proxecto e aceptou correr cos gastos do material necesario para a fabricación dos imáns e o custe das chapas.

Escribiron a Sargadelos para solicitar o seu permiso para utilizar a imaxe da súa pomba de cerámica easí como os seus deseños nas macetas que elaboraban, explicando o obxectivo da súa empresa. Sargadelos autorizou gustosamente o solicitado e mesmo amosando gratitude por pensar neles para esta actividade.

Tamén avisaron a diferentes medios de comunicación para darlle publicidade  á súa idea e convocar á comunidade para a compra dos seus produtos. Así saíorn no xornal "La Voz de Galicia" e fixéronlles unha entrevista en "Radio Voz"

Clicade na imaxe para acceder á noticia de "La Voz de Galicia"


E nesta para escoitar a entrevista. Non vola podedes perder!!




BRAVO!!!!!

xoves

ALGÚNS TRABALLOS DE 6º

 Queriamos deixar constancia do diferente tipo de traballos realizados polo alumnado de 6º en diferentes áreas e temas porque implican un esforzo e creatividade pola súa parte e unha necesidade de documentarse axeitadamente para ser quen de facelos.

Mirade que bonitos:

sábado

COÑECER GALICIA XOGANDO

 En Ciencias Sociais de 6º aprenden os contidos da materia a través de traballos de todo tipo. Para aprender máis sobre Galicia e dun xeito lúdico idearon o seguinte xogo.




Se queredes xogar co voso propio xogo non tedes máis que poñeros en contacto co cole e se compartirán os materiais baixo a seguinte licenza que les mesmo tamébn redactaron.






domingo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 NO COLE

 Esta semana das Letras Galegas cada clase/aula realizou deiversas actividades das propostas polo Seminario Galán xa que son moitas, variadas e fáciles de adaptar ás nosas aulas. 

En E. Infantil tralo visionado dun vídeo de YouTube colorearon dibuxos propostos polo Seminario Galán.

En 1º e 2º  as actividades de busca de información nos carteis da exposición propostas na Guía Didáctica dos carteis gañadores.

3º e 4º. Traballaron tamén co material do Seminario Galán e fixeron unha busca nos cartesi da exposición con preguntas prantexadas pola profe.

En 5º tamén escolleron as actividade propostas polo Seminario Galán e ademais aprenderon o Himno Galego.

Queredes ascoital@s? Clicade na imaxe!




E así de bonito foi ver ao alumnado traballando polos corredores!!









martes

APRENDEMOS A LER FOLLETOS E MAPAS

A biblioteca propuxo aprender a ler e interpretar todo tipo de textos, de maneira que en 2º de E. Primaria escolleron un folleto do Oceanográfic de Valencia.


Cada alumna e cada alumno contaba cunha fotocopia tamaño A3 para a súa lectura e comprensión.

Durante unha primeira sesión traballaron sobre o folleto interpretando cada un dos símbolos e todas e cada unha das sinalizacións da "lenda" do folleto.

Ademais situaron cada espazo no mapa e inventaros rutas que lles gustaría seguir segundo os seus propios intereses.

Nunha segunda sesión, e co folleto diante fixeron unha visita virtual a través da web do Oceanográfic coa que comprenderon ademais como están agrupados os animais no parque.

Para completar o traballo decidiron inventar unha excursión na que visitarían co cole o parque.

A redacción foi a mesma para cada alumno e alumna xa que se fixo de xeito colectivo. A profesora ía escribíndoa nun word proxectado na pizarra o texto que entro tod@s ían creando e perfeccionando e o alumnado copiaba o texto en folios que posteriormente pegaron detrás do plano.

Ademais fixeron cadanseu dibuxo e tamén o pegaron pola parte traseira.

Así quedaron os seus traballos





Sentíronse moi orgullosas e orgullosos de sí mesm@s, xa que nunca tiñan escrito un texto tan longo e máis sendo de creaci´´on propia. Líano unha e outra vez xa que lles gustaba escoitar o resultado dun texto propio.
De maneira que o expuxeron ante o alumnado de 1º.
Primeiro explicáronlles como fixeran a actividade e logo repartiron a lectura do texto .






Fixéronno tan ben e sentíronse tan importantes e seguros que pensan repetir a exposición para tod@s na biblioteca do cole. Xa vos iremos contando!