mércores

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Na web do cole, a principio de mes apareceu esta proposta.





E por fin, o día 21.....


Chegou o día e este atípico curso remata sen festas nas aulas, sen despedidas polos pasillos, sen apertas e bicos...mais non podiamos deixar de celebrar o noso tradicional festival de fin de curso.
Si, si,ante a convocatoria proposta para que cada nen@ enviase un vídeo no que saíra facendo aquilo co que podía sorprendernos, xurdiu este estupendo traballo levado a cabo polo alumnado, profesorado,e algún que outro familiar, e perfectamente montado polo pai de Leo e Manu.
Moitas grazas Manuel por este excelente resultado final co que queremos desexarvos a tod@s un moi feliz verán!!!!!!
Vémonos en setembro.

                                                       Clicade na imaxe




CAIXA SORPRESA DE IRIA E XOANA

Mirade esta preciosa caixa sorpresa chea de animais sobre os que vos van falar Iria e Xoana.
Un marabilloso traballo feito durante o confinamento 2020.


AGASALLO SORPRESA

Este vídeo é algo que compaartiu con nós unha familia do cole. Pero non responde a ningún traballo proposto senón a unha iniciativa persoal.
Encantounos recibilo, encantounos o vídeo e sobre todo a mensaxe que transmiten.
Parabéns pola súa iniciativa!!


CAIXA SORPRESA DOS ANIMAIS

Outro dos traballos interdisciplinares do confinamento 2020. Unha caixa sorpresa de onde saen diferentes animais dos que contades tanto as características físicas como as súas posibilidades ou imposibilidades no que se refire a actividades motoras.
E todo isto con moitísima arte!!


TRABALLOS CONFINAMENTO

Ás veces as profes propoñemos tarefas e o resultado que nos chega sorpréndenos moito.
Así pasou con este traballo de Manu, de 3º que sen que ninguún llo pedira fixo este vídeo sobre un guión que primeiro escribiu.
Comentou que fora o traballo que máis lle gustara facer na súa vida.

Parabéns Manu!!

Clica na imaxe.


martes

CONTO MOTOR EN INGLÉS

Outra proposta das profes Pili e Natalia.
Nesta ocasión o traballo consistía en elaborar un conto motor en inglés.
Aquí vos deixamos algúns exemplos do traballo das nenas e nenos do cole.


MENÚS SAUDABLES QUE SAEN DE CAIXAS.

Outra tarefa interdisciplinar de Natalia e Pili.
Nesta ocasión dunha caixa debería saír un menú saudable para un día completo. E en inglés, claro.
Aquí tedes unhas mostras do que entregaron as alumnas e alumnos do centro.


OCAS QUE FALAN INGLÉS E LLES GUSTA ESTAR EN FORMA

A profe Natalia e a profe Pili propuxeron esta actividade multidisciplinar no tempo de confinamento.
O alumnado debería crear un xogo da Oca coas instruccións en inglés e que caer en determinada casilla implicase unha acción de actividade física.
Aquí tedes unha mostra dalgúns dos traballos que recibiron.






E estoutro en vídeo. Clica na imaxe.


domingo

PROPOSTA CIENTÍFICA DURANTE O CONFINAMENTO

Na web do cole insertamos esta proposta de actividade para varios cursos e agora queda aquí para que non a perdades de vista.
Trátase dunha actividade cientídica que implica unha pequenísima manualidade e que o resultado é cando menos espectacular.




E tamén vos deixamos algúns dos resultados que nos chegaron vía vídeo. (tamén recibimos moitos audios e todos coincidían en que fóra unha actividade marabillosa).


venres

HAI UN SITIO PARA TI. VERSIÓN FAMILIAR


Como proposta de traballo de música durante o periodo de confinamento estaba aprender a letra da canción do cole así como uns ritmos de percusión (que variaban según a idade e as preferencias do alumnado).
Como mostra da tarefa se debería enviar un vídeo coa execución dos ritmos.
Todos os vídeos recibidos gustáronme moito, porque  proba o voso esforzo e traballo. Pero entre as achegas chegou un día esta marabilla na que toda unha familia se implicou no vídeo e non puiden máis que pedir permiso para compartilo con vós.
Grazas!! É un fermoso agasallo para tod@s.
Parabéns polo voso traballo.
A Pulpi encantoulle este fermoso dibuxo!!




 

mércores

AS VOSAS MARIONETAS








Aquí tedes o resultado da proposta plástica con material de refugallo que fixemos durante o confinamento.
Non están todas as que son, pero sí son todas a sque están.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO. SODES MAGNÍFIC@S!!!!
A PULPI ENCANTOULLE!! TAMÉN SAE EL POR AÍ!!
E ÁS PROFES TAMÉN!!!




SIMPLEMENTE XENIAL!!!

martes

REALIDADE AUMENTADA CON BLIPPAR

As profes sempre andamos a aprender cousas novas e moitas veces participamos en cursos de formación que para o profesorado se organizan dende diversas institucións.
Neste caso eu, a profe Carmen,  asistín a un curso de Realidade Aumentada organizado polo CFR de Ferrol este ano no que, entre outras cousas moi interesantes, aprendín a traballar con Bippar da man de Tino Fernández Cueto e ademais as últimas sesións do curso foron a través de videoconferencia xa que tiveron lugar durante o confinamento.
Na páxina web de Blippar podes crear contidos con realidade aumentada que poden ser vistos a través de dispositivos móviles e que ademais presentan compoñentes interactivos..
Como para velo en directo teríades que descargar a aplicación e coñecer o código do traballo, grabei en vídeo o que se ve a través da pantalla.
Para este traballo emplei unhas imaxes e un vídeo que tiña gardado doutro curso de hai uns anos, tamén no CFR de Ferrol, sobre Stop Motion  impartido por Virginia Curiá y Tomás Conde 
Os decorados do vídeo foran feitos por min, pero as preciosísimas figuras (Pippi, o cabalo e o mono) son creación de Raquel Sánchez Mata, tamén profe, que xenerosamente deume o seu permiso para que hoxe poidades ver isto.

Grazas Raquel!!
Agardo que vos guste.


luns

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Sempre vos damos en papel (ademais de poñelas no blog) as nosas recomendacións de lecturas para o verán.
Este ano non vai poder ser así por cuestións de hixiene e precaución ante a enfermidade do Covid-19.


Así que tan só as deixaremos aquí e por iso modificamos un pouquiño o formato que sempre utilizabamos.
Agardamos que sexan do voso agrado e que vos animedes por algún título dos suxeridos.



REVOLUTION. CICLO DA AUGA EN "POP-UP" E "STOP-MOTION

Atopei isto polas redes e non puiden máis que compartilo aquí con vós.
Trátase dunhu obra da fotógrafa Chris Turner, da enxeñeira en papel Helen Friel, xunto coa animadora Jess Deacon (directora, enxeñeira de papel e animadora de Stop-Motion).
Esta curtametraxe 'Revolution' gañou o PDN Photo Annual Award for Animation e foi seleccionada oficialmente para varios festivais internacionais de animación / cine.

Animación - Jess Deacon, Helen Friel
Enxeñería de papel - Helen Friel, Jess Deacon
Directora de fotografía - Chris Turner
Postproducción - Neil Cunningham
Sound & Music - Joe Shetcliffe


domingo

PLÁSTICUS MARÍTIMUS UNHA ESPECIE INVASORA. DÍA DOS OCÉANOS


A editorial Kalandraka vén de publicar un marabilloso libro que tan só co título espertou a miña curiosidade. "PLÁSTICUS MARÍTIMUS, UNHA ESPECIE INVASORA".
Xa sabedes que no cole este ano traballamos por chegar a "PLÁTICO 0" nas merendas grazas á iniciativa das nenaas e nenos de 4º.

Xa hai anos que se vou á praia cando aínda non empezou a tempada  e aínda non a limparon, a cantidade de plástico que vexo cáusame arrepíos.

Este verán, despois dun temporal, a praia á que vou encheuse de algas que cubriron a area en montóns de máis de medio metro de altura. Isto non é o sorprendente (pasa ás veces dende que eu era nena) o sorprendente foi a cantidade de plástico que coas algas chegaba á praia. Así que durante moitos días baixaba cunha bolsa onde recollía o plástico e o levaba ao contenedor varias veces nunha tarde. E máis xente coma min tamén o facía e sempre, sempre  recollías plástico.

Tamén lin moitas noticias onde constataban que os "microplásticos" son inxeridos por peixes e outros seres mariños que poden chegar a morrer pola inxesta e que está comprobado que parte do plástico inxerido por eles inxerímolo nós cando nos alimentamos deles.

Cómpre pois concienciarse da importancia de reducir ao máximo o uso e consumo de plástico se queremos conservar os océanos. E máis os valerá facelo pois son de vital importancia para a vida no planeta.

E agora falemos do libro.
Se clicas na imaxe da súa portada irás á páxina de Kalandraka






Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta 'especie' merece ter os días contados.


Queredes ver o "Book Trailer"? Clicade na imaxe 




Busquei entón ás autoras na rede, porque se trata dun libro editado primeiro en Portugal e quería coñecer algo máis.
 Atopei un Facebook co mesmo título que o libro e así souben que Pláticus marítimus é un proxecto persoal  (de Ana Pêgo )que ten como obxectivo informar e educar sobre o grave problema do plástico nos océanos.

Como parte dese proxecto naceu este libro, pero o seu proxecto abarca moito máis.
Crea arte co plástico que a autora recolle nas praias, imparte obradoiros, charlas, crea oficinas de verán con rapazas e rapaces que crean tamén arte cos plásticos e mesmo fan música con eles!!

Nós tamén na clase de Música e mesmo creamos arte con tapóns!



Feito con tapóns e "Clip It" na biblio

Se vivira en Portugal achegaríame a un deses obradoiros sen dubidalo.


Clicade no emblema do seu Facebook para acceder e poder disfrutar da súa arte.


Sen dúbida estará na nosa biblio!!!



E este libro vén moi a conto da celebración do Día Mundial dos océanos.
Queredes saber máis? Pois seguide lendo:


En 2008 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, por iniciativa de Canadá, acordou que a partir do 2009 o 8 de xuño sería o Día Mundial dos Océanos. 

Os océanos aliméntannos, regulan o noso clima e xeran a maior parte do osíxeno que respiramos e absorven o 30% do dióxido de carbono que emitimos amortiguando así o quentamento global. Pero a pesares da súa importancia, os océanos enfróntanse a ameazas sen precedentes como resultado da actividade humana. (Textos extraídos e refundidos da páxina  https://www.un.org/es/observances/oceans-day)

Sabíades que organismos descubertos a profundidades extremas están a ser utilizados para acelerar a detección do COVID-19?
Sabíades que este ecosistema (o dos Océanos) podería dar unha solución á humanidade?

Se clicas na imaxe poderás acceder a esta información e moita máis sobre o tema.





luns

AVENTURA MATEMÁTICA.

A profe Vanesa elaborou este magnífico xogo para o seu alumnado de 6º.

Pulpi volveu desaparecer!!! E vós podedes liberalo de novo. Para iso só tedes que iniciar esta grande aventura e chegar ao final. Se tedes erros sempre podedes correxilos. Seguide as pistas porfi!!
 Pulpi non nos pode faltar!!

Animádevos en familia (axudándovos coas respostas que non saibades). Podedes deixar os vosos comentarios no blog se é que vos apetece.

É moi divertido e instructivo (iso quere dicir que se aprende moito) porque ademais de practicar coas mates iredes aprendendo moitas cousas de diferentes lugares do mundo.

EMPEZADE ESTA AVENTURA!!!



LETRAS GALEGAS. RECITADO DE POEMAS

As nenas e nenos de 6º, orientados pola profe Vanesa, graváronse recitando poemas de Carvalho Calero. A profe fixo a montaxe dos vídeos e este foi o resultado final.

Fixérono moi ben!!!

Grazas nen@s!! Grazas profe!!!


FICAMOS NA CASA CON LEANDRO LAMAS

Proposta de traballo para facer na casa durante o confinamento.

Utilizando a iniciativa de Leandro Lamas en redes sociais propuxemos a elaboración dun debuxo seguindo as pautas facilitadas polo ilustrador.

Clica na imaxe e poderás ler o artigo que eldiario.es publicou dobre esta iniciativa. E non foi o único xornal en facelo.



A proposta foi colgada na páxina web do cole onde a podedes ver. En todo caso tamén a deixamos por aquí para facilitaros a tarefa de búsqueda:








Leandro Lamas pintará moi pronto un mural no noso cole co tema da igualdade. Así que pronto poderedes ver cada día o seu traballo.


Con todos os traballos que non chegaron fixemos esta presentación, que tamén será impresa e formará parte dos fondos da biblioteca de creación propia.
Este foi o resultado: