martes

REALIDADE AUMENTADA CON BLIPPAR

As profes sempre andamos a aprender cousas novas e moitas veces participamos en cursos de formación que para o profesorado se organizan dende diversas institucións.
Neste caso eu, a profe Carmen,  asistín a un curso de Realidade Aumentada organizado polo CFR de Ferrol este ano no que, entre outras cousas moi interesantes, aprendín a traballar con Bippar da man de Tino Fernández Cueto e ademais as últimas sesións do curso foron a través de videoconferencia xa que tiveron lugar durante o confinamento.
Na páxina web de Blippar podes crear contidos con realidade aumentada que poden ser vistos a través de dispositivos móviles e que ademais presentan compoñentes interactivos..
Como para velo en directo teríades que descargar a aplicación e coñecer o código do traballo, grabei en vídeo o que se ve a través da pantalla.
Para este traballo emplei unhas imaxes e un vídeo que tiña gardado doutro curso de hai uns anos, tamén no CFR de Ferrol, sobre Stop Motion  impartido por Virginia Curiá y Tomás Conde 
Os decorados do vídeo foran feitos por min, pero as preciosísimas figuras (Pippi, o cabalo e o mono) son creación de Raquel Sánchez Mata, tamén profe, que xenerosamente deume o seu permiso para que hoxe poidades ver isto.

Grazas Raquel!!
Agardo que vos guste.


Ningún comentario:

Publicar un comentario