Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións

sábado

A MIÑA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO

 O xoves día 23 de febreiro, ás 12 da mañá , o alumnado de 1º e 2º asistiron ao Local Social de Maiores de Mugardos para disfrutar dun contacontos a cargo da compañía "Trémola Teatro" sobre a figura de Rosalía de Castro, titulada "A miña historia", grazas á concellería de Ensino e cultura do Concello de Mugardos en colaboración co SNL da mancomunidade.

Desde Normalización lingüística dos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño estivemos a celebrar o Día de Rosalía e, por extensión, da nosa lingua.

Nas actuacións dirixidas aos centros de ensino, principalmente de primaria, contamos cun Contacontos teatral dedicado a Rosalía de Trémola Teatro.

"A miña historia" narra a historia de Andrea, unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. As nenas e nenos deberán axudala a que todo o mundo se lembre dela. 















JARA ORTIZ. LÚA TRIANGULAR. CONTOS POLA IGUALDADE

 Con motivo do Día Internacional da Muller convidamos a Jara Ortiz a ofrecernos o seu espectáculo na biblioteca.

Tod@s con mascarillas, separados por grupos burbulla e con toda a biblio aireada disfrutamos moito desta actución na que participamos con alegría.

Canto tempo sen xuntarnos na biblio!!! Xa nos tardaba!!!

Mirade que ben o pasamos.


mércores

CONTACONTOS POLO 8 DE MARZO

 Como non nos podemos xuntar na biblio para escoitar un conto, o conto viaxou ás aulas.

Esta vez escollimos un conto que xa coñecíamos tod@s pero que nunca nolo contaran así. Ademais sempre nos gusta moito escoitalo.

Trátase de "Rosa Caramelo", de Nelia Bosnia e Adela Turín, pero que Carmen Domech, de Títeres Cachirulo inclúe nos seus "Contacontos Novos Clásicos", unha marabillosa serie de vídeos nos que utiliza diferentes técnicas para contar maxistralmente contos imprescindibles.

Aquí vos deixo o vídeo co que disfrutamos nas nosas aulas.


BRAIS MOURE. CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Un ano máis, por xentileza da editorial ANAYA, temos unha sesión de contacontos para E. I. e os catro primerios cursos de Primaria.
Brais Moure, (fillo de Anxo Moure que tamén estivo por aquí) fixo as ledicias de pequen@s e grandes. E ,como xa é tradición familiar, falando do respecto e coidado que o ser humano ten que mostrar opola Naturaleza.
No cole, que este ano temos como proxecto o horto escolar, sabemos ben destas cousas e non nos cansamos de escoitar estas historias que tanto nos gustan.
Antes de se marchar, Brais firmou no libro de visitas e recibiu de agasallo o noso "Pulpi marcapáxinas", a nosa primeira creación de deseño propio na impresora 3D.

Deixamos este vídeo para recordar ese día:


xoves

ASOCIACIÓN CULTURAL APELÓN. CONTACONTOS NO NADAL

A Asociación Cultural Apelón de Mugardos unha vez máis agasallounos con varias sesións de contacontos para todo o alumnado.
Nesta ocasión polo Nadal disfrutamos dos contos que vedes neste vídeo a cargo do bo saber facer de tres dos seus colaboradores.

Moitísimas grazas!! Gustounos un montón!!

venres

VERO RILO. CONTOS POLA IGUALDADE. DECEMBRO 2019

O pasado 10 de decembro disfrutamos dunha sesión especial de contacontos a cargo de Vero Rilo.
o propósito desta sesión era traballar e afondar no tema da igualdade.
Ela chegou cargada co seu material. Unha selección marabillosa de contos cos que ía traballar nas dúas sesións que ofreceu ademáis de obxectos diversos que axudan a que o material (xa de por sí selecto) luza máis no espazo.
Ademais colocou o mobiliario ao seu gusto e con moi bo gusto. Así conseguía unha proximidade e unha afectividade maior.
Gustoulle moito a nosa biblio e estaba encantada de vir, xa que ela púxose de nome artístico Rilo, porque xustamente é de Rilo. Este é o cole dos nenos e nenas de Rilo. Este é o cole de Vero.
E despois da súa visita aínda o é máis xa que nomeámola dende aquí MEMBRO HONORÍFICO DA NOSA ESCOLA.
Moitas grazas Vero! Ata a próxima!


 

LECTURA DO DÍA DA BIBLIOTECA 2019

Agora que xa abriu a biblio e que aínda estamos a facer melloras de mobiliario e de equipamento, celebramos este día coa lectura dun conto moi especial.

"Murciélagos en la biblioteca", da Editorial Juventud, unha historia divertida duns morcegos adictos á lectura, que acoden á biblioteca cando o bibliotecario se deixa unha ventá aberta, entón eles poden ler ata o mencer. Un fermoso conto, unhas fermosas ilustracións e ademais en verso!!

O seu autor, Brian Leis, proponnos unhas ilustracións divertidísimas que contan unha historia en sí mesmas, por iso nesta lectura proxectamos as imaxes na pantalla, para disfrutar mellor desta lectura.

Mira algunhas das ilustracións!!
Xeniais, non si?









E así de atentos estabamos tod@s durante a lectura:










sábado

ANXO FARIÑA NA ESCOLA INFANTIL DE O SEIXO

A profe de a EEI. de O Seixo trouxo o pasado día 14 de maio a Anxo Fariña á biblioteca tan chula que ten, con motivo das Letras Galegas, para que as nenas e nenos da súa escola puidesen disfrutar "na súa casa" deste deseñador, escritor e ilustrador grande representante da Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.

As nenas e nenos da aula de E. Infantil do noso cole foron convidados a asistir e compartir con eles esta sesión, na que disfrutaron moito e na que ao noso Diego Anxo "retratou" tan ben.



venres

MAÑÁS LITERARIAS

Este ano puxemos en marcha unha nova actividade de Lecturas Compartidas.
Trouxo a idea a profe Susana e a verdade é que é estupenda.

Unha vez toca o timbre de entrada unha nena ou un neno (ou un pequeno grupo) le aos demais un pequeno texto.
Para que se lle vexa ben súbese a un banquiño (e agora a un taburete-escaleira que mercamos para tal fin) e para que se lle oia ben utilizamos un micro con amplificador portátil.
Mediante esta pequena actividade tod@s volvemos á calma antes de entrar ao cole e para non rompela aplaudimos sirando as nosas mans no aire, sen facer ruído, para non perder a maxia do momento.

Como non podía ser doutro modo, este ano no que o Lema das Bibliotecas Escolares é o de Poesías diversas na Biblioteca Escolar, comenzamos lendo poesía.
Cando rematou a ronda (todas as alumnas e alumnos do cole, agás E. Infantil, leron algún poema) comenzamos outra nova ronda de relato curto.

Que vos parece?




domingo

4º LE A E. INFANTIL

Esta actividade naceu de xeito espontáneo pola iniciativa dun grupo de nenas de 4º de Primaria.
Pediron se podían, durante a "Hora de ler" baixar á aula de E. Infantil para contarlle contos aos pequenos e pequenas.
E por suposto que lles dimos permiso. Só lles pedimos responsabilidade e preparación previa.
E así o fixeron. Primeiro seleccionaron contos na biblioteca. Algúns escolléronnos elas mesmas porque xa os coñecían e outros aceptaron as suxerencias da responsable de biblioteca.
Para a primeira sesión, ademais de preparar a lectura elaboraron elas mesmas uns pequenos agasallos para cada pequen@.
Fixéronno moi ben, sabendo captar a atención en todo momento (case a de todo o alumnado de Infantil) e cunha lectura ben articulada e clara. Repartiron os seus agasallos, pero a aquel@s que non atenderon ao conto deixáron o agasallo para a vindeira sesión, na que deberán amosar que saben cumprir as normas.
Dado o éxito da iniciativa algún compañeiro da clase uniuse a elas na súa iniciativa.


Preciosa iniciativa chic@s!!!
Moitas grazas!!!

mércores

NAIS, PAIS AVÓS.... QUE CONTAN MOITO

Unha vez máis puxemos en marcha unha actividade xa máis que consolidada no cole e que é a de convidar aos familiares e /ou amig@s do alumnado a contar un conto na biblioteca.
Na circular que reciben poden indicar os días de preferencia, o alumnado a quen queren dirixirse así como se aportan o conto el@s ou aceptan a suxerencia da biblioteca.

Este ano animáronse a participar dúas nais, un pai e un avó. Houbo tamén dúas nais que finalmente non puideron vir.

Estamos moi agradecidas a todas e todos @s que se apuntaron a esta iniciativa e aquelout@s que lles gustaría ter participado pero que non puideron. Gustaríanos que repetísedes en anos posteriores e que entre tod@s enchamos a biblio de familias que contan.

Estrenou a quenda o avó de Miguel. 

Francisco é xa todo un veterán nesta actividade. Aceptou a suxerencia da biblioteca e, como sabemos o que lle gusta, convidámolo a ler "Fibonacci el soñador de números", de Joseph D´Agnese e ilustrado por Jonh O´Brien, da Editorial Juventud.
Á lectura acudiron os rapaces e rapazas de 4º e marabilloulles a historia deste matemático fundamental e da vixencia da súa famosa serie numérica.
Deixámosvos aquí fotos desta sesión especial de "A Hora do Conto"



AVÓS QUE CONTAN by Slidely Slideshow


Logo visitounos o pai de Sarela.

Ttamén un veterano desta actividade. A petición da súa filla leu a 3º e 4º de Primaria e convidaron aos nenos e nenas de E. Infantil.
Tamén aceptou a suxerencia da biblioteca e Sarela pediunos unha historia graciosa. Así que lle propuximos contar "En la unión está la fuerza. Una historia de gallinas", de laurent Cardon da Editorial Tramuntana, historia que ademáis de estar contada con moito humor (alimentado polas marabillosas ilustracións) e cun xenial desenlace, tamén incide sobre a importancia de escoitarse uns a outros e buscar unha solución de consenso.
E así foi como disfrutamos desta visita:



PAI QUE CONTA MOITO by Slidely Slideshow


Despois tocoulle o turna á nai de Juan e Manuel.

Veteranísima nesta actividade. Apuntouse dende a primaira convoctoria e sempre conta para todos os nenos e nenas do cole.
Normalmente ela mesma selecciona o que nos quere ler. Este ano escolle "O pai de Migueliño", do libro "Cousas" de Castelao, porque di ela que é o seu autor favorito.
E como a obra de Castelao é de dominio público, deixámosvos aquí o texto íntegro por se queredes volvelo a disfrutar. (E tamén o fermoso dibuxo co que o propio autor completou esta historia).


"O PAI DE MIGUELIÑO CHEGABA DAS AMÉRICAS e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botóulle unha ollada ao retrato.

Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistóuno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sintéu por il un grande amor e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasóu de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixóu de querelo.

Agora sí, agora sí que o era. Migueliño avistóu outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz debecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasóu de largo e nin tan siquera reparóu que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolléu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.

E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ao retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fora do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...

Aquel sí que era o pai de Migueliño."

Castelao, Cousas, 1926





E agora deixámosvos as fotos deste especial encontro.




NAIS QUE CONTAN MOITO by Slidely Slideshow


E por último veu a ler a nai de Rocío.

A petición de Rocío leu para as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria e tamén convidaron ás nenas e nenos de E. Infantil.
Rocío escolleu a historia que quería contar, e de acordo con ela trouxo un pequeno agasallo para todos.
Ao igual que o resto de participantes recolleu o seu Diploma especila expedido pola biblioteca e deixou a súa firma e a súa mensaxe no Libro de Visitas da Biblioteca.

E foi así como vedes nestas fotos.




NAIS QUE CONTAN MOITO by Slidely Slideshow


E UNHA VEZ MÁIS...........GRAZAS A TODAS E TODOS!!!!!

IAGO

Un ano máis a Editorial Anaya enviounos a Iago para contarnos un conto no mes de Abril (o mes dos libros).
Xa van uns cantos anos que disfrutamos do seu saber facer que encandila a grandes e pequenos.
De feito, aínda que a visita era recomendada para o alumnado de EI. a 4º de E. Primaria, ao final toda a comunidades educativa participou deste momento. E ningúen o lamentou.
As primeiras veces que Iago viña contaba contos que outros escribiron. Pero estes dous últimos cursos cóntanos contos seus.
O curso pasado foi "O cociñeiro Martiño" o tesouro que Iago nos trouxo, (e nós xa o tiñamos en texto na biblioteca) e este ano foi a súa secuela "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" (que tamén  temos no cole).
E cada vez que vén sempre nos sabe a pouco e quedamos con gañas de que repita pronto.

MOITAS GRAZAS!!!




IAGO by Slidely Slideshow

E así de ben o pasamos!!!! para mostra ... "un anaco".



domingo

HORA DO CONTO. DÍA DA POESÍA

Nesta ocasión, e aproveitando o bo tempo, fixemos a lectura dun conto rimado no patio da escola.

Escollimos "O Pirata Metepata", de Toño Núñez, ilustrado por Xosé Tomás e editado por Bahía Edicións.

Escollímolo porque a poesía temén sirve para contar historias. E non falamos só de que sexa unha historia rimada, senón de que o texto "recende a poesía", como di o propio autor, e onde o débil enfróntase ao forte e vence.

Así foi o momento:














E se queredes oílo na voz de nenas e nenos de 5 anos do CPI de Bembibre, no Val do Dubra, aquí vos deixamos este vídeo subido dende a biblioteca do seu Cole "O Recuncho de Pistacho".






Un grande traballo!!!!! Parabéns a tod@s os que fixeron posible esta precioso traballo.




Se queredes dar un paseo polo seu blog clicade na imaxe.

sábado

CONTOS DO SAMAÍN

Unha vez máis a Asociación Cultural Apelón do noso Concello ofreceuse para contar uns contos ao alumnado do Centro con motivo do Samaín. (Facebook ) (Twitter)
Aceptamos encantad@s a oferta e así na semana do Magosto-Samaín disfrutamos de varias sesións de contacontos, especialmente pensadas para as diferentes idades do alumnado.



CONTACONTOS EN INGLÉS PARA 5º E 6º DE PRIMARIA.

"HOW THE GRINCH STOLE CHRISTMAS"
"Como o Grinch robou o Nadal"





CONTACONTOS EN INGLÉS PARA 1º, 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA.

"WINNIE THE WITCH"
"La bruja Winnie"








CONTACONTOS "RATO RENATO":

Neste conto, ademais de coñecer as peripecias do Rato Renato e unha cabaza, aprendimos cómo celebraban o Samaín os maiores de Mugardos cando eles eran nenos. Unha narración moi ben levada e que captou a atención de todos e todas.




Pola nosa parte agasallamos aos nosos contacontos cun folleto editado pola biblioteca onde se recollen os Dereitos do lector ( de Daniel  Pennac e ilustrados por Quentin Blake) con títulos en galego (por parte da nosa biblio).








MOITÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS!!!!


IAGO CONTACONTOS


Un ano máis e por cortesía da editorial Anaya recibimos a visita de Iago contacontos
Nesta ocasión contounos co seu bo facer o título “A axente Riciños”, libro que forma parte da colección de fondos da biblioteca. 
E tamén coma sempre engaiolou ao público (de E. Infantil ata 4º de EP), de certo, empezada a súa actuación escoitouse a Mario de 2º dicir, "es buenísimo!!".
Todo un crítico artístico!!!






 
IAGO CONTACONTOS by Slidely Slideshow

venres

CONTACONTOS DE NADAL

Un ano máis a Asociación Cultural Apelón, propúxonos unhas sesións de contacontos.

Nesta ocasión foi polo Nadal (e non polas Letras Galegas coma o curso pasado) .


Houbo unha sesién para os nenos e nenas de E. Infantil aos que Aida Cortizas lles contou "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis"








E outra para Primaria, na que Mº Victoria Vázquez contoulles "How the Grinch stole Christmas".













MOITÍSIMAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN E A ESTAS DÚAS MARABILLOSAS MULLERES QUE NOS FIXERON PASAR TAN BOS RATOS||||