luns

PAPIROMATES E EXPONAV

Todo o cole visitou a exposición de A Fundación "Papiromates" e completaron a mañá visitando tamén "Exponav" de Ferrol en dous días consecutivos. O 22 o alumnado de 4º, 5º e 6º e o 23 E. Infantil, 1º, 2º, 3ºe 4º de Primaria.

Ambas visitas resultaron estupendas, divertidas e interesantes.
Mirade as fotos e veredes como é verdade o que vos digo.











domingo

VIÑERON OS REIS!!!!!

Un ano máis os Reis visitaron o cole nas vacacións de Nadal e deixaron unha chea de paquetes na biblioteca. Tamén sentaron a Pulpi no "trono dos contos" coa estrela de Nadal do baile dos máis pequenos no festival.
Todo isto no escenario, porque a biblio quedou sen recoller despois do festival.
Xuntámonos tod@s para abrir paquetes e disfrutar do seu contido. E déronse situacións moi, moi, moi especiais.
E se non me credes, mirade o vídeo:


xoves

ASOCIACIÓN CULTURAL APELÓN. CONTACONTOS NO NADAL

A Asociación Cultural Apelón de Mugardos unha vez máis agasallounos con varias sesións de contacontos para todo o alumnado.
Nesta ocasión polo Nadal disfrutamos dos contos que vedes neste vídeo a cargo do bo saber facer de tres dos seus colaboradores.

Moitísimas grazas!! Gustounos un montón!!