mércores

ENCONTROS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago os Encontros das Bibliotecas Escolares 2010-2011.
Estes encontros están organizados pola Asesoría de bibliotecas escolares e están pensados para adquirir formación específica na xestón e dinamización das bibliotecas escolares, así como para intercambiar ideas e experiencias con outros centros educativos.

Na sesión de mañá do día 8 Mónica Baró e Teresa Mañá falaron da importancia de avaliar a nosa biblioteca para poder avanzar máis e mellor e aportaron ideas sobre cómo, cando e qué se debería avaliar.
Seguidamente, e despois dunha pequena pausa e dun café, os asistentes repartímonos en diferentes aulas onde se expoñían traballos de centros escolares galegos que teñen traballado co cine (entre eles o Fernando Esquío de Neda, veciños nosos) ou coa banda deseñada nas súas actividades de creación literaria. Asimesmo Kiko Da Silva, ilustrador galego, impartiu un obradoiro sobre "A banda deseñada na colección da biblioteca escolar.

Xa pola tarde reuníronse os representantes das bibliotecas por zonas (nós coa zona de Ferrolterra) para intercambiar experiencias dos nosos centros, aportar novas ideas e/ou suxerir traballos colaborativos.

E como guinda do pastel, e para pechar estes encontros contamos coa marabillosa visita de Xosé Neira Vilas, autor do primeiro best seller da literatura galega polo número de edicións e traduccións coas que conta "Memorias dun neno labrego".
Falounos da súa infancia, dos oito quilómetros que tiña que camiñar para ir á escola despois de traballar na casa, dos libros que mercaba por correspondencia e agochaba baixo unhas tellas do teito, de que quería ser periodista e que ao fina o foi, da emigración a Arxentina e logo a Cuba, da súa muller Anisia Miranda, coa que traballou na revista infantil "Zun zun" en Cuba, do seu amor polos libros, dos libros que regalaba cando non lle cabían no cuarto onde vivía, da biblioteca que actualmente funciona na que fora a casa da súa infancia...
Foi todo un privilexio poder velo e escoitalo, emocionarse e rir co seu relato.
Marchamos cun moi bo sabor de boca, e pensando nos encontros do próximo ano.

martes

MÚSICA NA BIBLIOTECA

O xoves 14 de abril disfrutamos dun CONCERTO DIDÁCTICO a cargo do QUINTETO PONTICELLO( en realidade quedaron en cuarteto xa que un dos violíns non puido asistir por ter unha lesión)
 Sabela Hughes (violín), Saúl García (viola), Andrea Trillo (violoncello) e Laura Garrido (contrabaixo) interpretaron "A música nocturna de Madrid. Quintetino" de Boccherini.

Aprendimos que Boccherini compuxo esta música cando viviu en España para tocar cunha familia coa que tiña amizade.  Trátase dunha peza que describe o ambiente da época en Madrid: campás, tambores, música relixiosa (rosario) e tamén festiva.

Amosáronnos as diferencias de forma, tamaño e son dos instrumentos do cuarteto, e aprendimos curiosidades como que as pezas que os compoñen son pegadas cunha cola especial fabricada coa cocedura de ósos dos xeonllos de cordeiros; que as cerdas dos arcos son de cola de cabalo macho ( xa que as femias mollan a súa cola con ouriños o que as fai inservibles) e que nun principio as cordas dos instrumentos fabricábanse con tripa de animais...
Sorprendeunos a grande profesionalidade que os compoñentes do grupo amosaron tanto na interpretación musical como na transmisión de coñecementos, adaptándose extraordinariamente á idade do alumnado, e máis se temos en conta que as súas idades están entre os 15 e os 19 anos e que estudan 1º, 2º e 4º de grao profesional no conservatorio Xan Viaño de Ferrol.
Teñen ademais un enorme mérito xa que a constitución do cuarteto, a elección da obra, os ensaios da mesma así como a preparación do concerto didáctico correu a cargo dos compoñentes do grupo, adicando horas fóra do horario de clases.
Disfrutamos co seu concerto, e "os Ponticello" tamén disfrutaron achegándose aos nenos e nenas do Centro.
Seguro que nos volveremos  ver.

Nestes vídeos podedes ver que ben o fixeron.



QUINTETO PONTICELLO

QUINTETO PONTICELLO

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO NA BIBLIOTECA

o ilustrador abraham carreiro na biblioteca


Entroido 2011

 ENTROIDO 2011

O Equipo de Normalización Lingüística do Centro en colaboración coa Biblioteca puxo en marcha un ano máis a recollida e elaboración de receitas de postres típicos destas datas.Así, todos aqueles alumnos e alumnas que quixeron participar trouxeron unha receita escrita, comprometéndose a traer o postre elaborado o xoves do  Entroido escolar.
Todo o alumnado participante recibiu un agasallo que consistiu nun fermoso pano de cociña co noso "Pulpi" ( mascota da biblioteca) vestido de cociñeiro.
Durante o xoves e o venres toda a comunidade educativa degustou os postres elaborados: alumnado, pais, nais, profes, conserxe, limpadoras... E aínda que estaban exquisitos e que todos e todas dimos mostras dun "bo dente" sobrou bastante comida que foi doada ao asilo de anciáns de Pontedeume onde de seguro souberon apreciar as artes culinarias dos nosos nenos e nenas.
Coas receitas recollidas eleboraremos un libro de "Postres do Entroido" que xa o quixera o Arguiñano para sí.
 Manterémosvos informados.

De momento podedes ver "a boa pinta" que tiñan estes doces.











martes

Na semana do Entroido...

ENTROIDO 2011


PARA IR QUENTANDO MOTORES
NO ENTROIDO DESTE ANO
CADA DÍA DA SEMANA
POÑEREMOS ALGO RARO.
 
A MASCOTA DA NOSA BIBLIO
É DICIR, PULPI “O FERMOSO”,
CADA DÍA MANDARÁ
UN MANDADO MOI GRACIOSO.

O LUNS É O DÍA
NO QUE A SEMANA COMENZA
E ESE DÍA HAS POÑER
“UNHA COUSA” NA CABEZA.

BUSCA A PULPI  NA ENTRADA
E LENDO O SEU CARTEL
SABERÁS  CADA DÍA
O QUE DEBERÁS TRAER.

Coplas dos mandados de Pulpi