martes

MÚSICA NA BIBLIOTECA

O xoves 14 de abril disfrutamos dun CONCERTO DIDÁCTICO a cargo do QUINTETO PONTICELLO( en realidade quedaron en cuarteto xa que un dos violíns non puido asistir por ter unha lesión)
 Sabela Hughes (violín), Saúl García (viola), Andrea Trillo (violoncello) e Laura Garrido (contrabaixo) interpretaron "A música nocturna de Madrid. Quintetino" de Boccherini.

Aprendimos que Boccherini compuxo esta música cando viviu en España para tocar cunha familia coa que tiña amizade.  Trátase dunha peza que describe o ambiente da época en Madrid: campás, tambores, música relixiosa (rosario) e tamén festiva.

Amosáronnos as diferencias de forma, tamaño e son dos instrumentos do cuarteto, e aprendimos curiosidades como que as pezas que os compoñen son pegadas cunha cola especial fabricada coa cocedura de ósos dos xeonllos de cordeiros; que as cerdas dos arcos son de cola de cabalo macho ( xa que as femias mollan a súa cola con ouriños o que as fai inservibles) e que nun principio as cordas dos instrumentos fabricábanse con tripa de animais...
Sorprendeunos a grande profesionalidade que os compoñentes do grupo amosaron tanto na interpretación musical como na transmisión de coñecementos, adaptándose extraordinariamente á idade do alumnado, e máis se temos en conta que as súas idades están entre os 15 e os 19 anos e que estudan 1º, 2º e 4º de grao profesional no conservatorio Xan Viaño de Ferrol.
Teñen ademais un enorme mérito xa que a constitución do cuarteto, a elección da obra, os ensaios da mesma así como a preparación do concerto didáctico correu a cargo dos compoñentes do grupo, adicando horas fóra do horario de clases.
Disfrutamos co seu concerto, e "os Ponticello" tamén disfrutaron achegándose aos nenos e nenas do Centro.
Seguro que nos volveremos  ver.

Nestes vídeos podedes ver que ben o fixeron.



Ningún comentario:

Publicar un comentario