Como no espazo creativo da biblioteca queremos poñer telares e actividades de tecido, iniciamos este curso un obradoiro con 3º e 4º de Primaria aproveitando as clases de Educación Plástica.
O primeiro traballo foi o de tecer mandalas de cores reciclando CDs. Colocar a urdime cun número impar de voltas que permita o tecido continuo e ensinar a técnica con agullas de plástico. Aprender a facer os nudos para seguir tecendo e/ou cambiar de cor.
Unha actividade que constituiu todo un éxito e obtivemos resultados tan fermosos coma este:
Unha vez dominado o asunto do tecido, aprendimos a facer mandalas de lá ao estilo mexicano. Isto é enroscando a lá ao redor duns paus colocados en cruz:
Obtiveron traballos ben bonitos combinando as cores .
Pero aínda había que dar un paso máis neste tipo de traballo. Tecer ao redor de 8 puntas o cal nos permite xogar coa xeometría e as cores e que os produtos finais sexan máis impresionantes.
Houbo quen pedía levar para casa paus para facer outros coas las que tiñan.
Mirade que fermosura;
A idea é que cando chegue a normalidade e poidamos ir libremente á biblioteca que estas tecedoras e tecedores poidan ensinar a outros esta marabillosa arte.