Observar, fotografar, utilizar Google Lens e redactar unha ficha. Esta foi a liña de ruta para esta actividade.
A aplicación Google Lens é unha aplicación móvil de recoñecemento de imaxe que permite obter información sobre todo o que ves ao teu redor ou gardas nunha imaxe.
Aproveitando estas vantaxes descargamos a aplicación nas tablets e con ela obtivemos información sobre as plantas do colexio. Tamén sacamos fotografías.
Ademais do sorprendente de utilizar esta app obtivemos moita información que posteriormente recollimos e rexistramos.
E así están quedando as fichas coas que faremos un pequeno libro para a biblioteca onde queden rexistradas todas as plantas do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario