sábado

VESPAS VELUTINAS. GES DE MUGARDOS

O 16 de marzo recibimos aos GES de Mugardos que viñeron a dar unha charla sobre as Vespas Velutinas e un obradoiro de construcción de trampas.

Así o recollen eles mesmos no seu Faceboock:




E así o recollemos nós:






xoves

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Polo Día da muller traballadora o alumnado de 5º e 6º, traballando en grupos mixtos recabaron información sobre 8 mulleres salientables da cultura. As mulleres escollidas foron: Rosalía de Castro, Mª Victoria Moreno, Frida Kahlo, Helen Keller, Coco Chanel, Marie Curie, Malala e Ana Frank.
Coa información recolleitada e debidamente tratada,  fixeron uns vídeos nos que presentaron a información de maneira ben inxeniosa. Ademais elaboraron uns carteis coa foto de cada muller, o seu nome e un código QR que ao escanealo dirixe directamente ao vídeo correspondente.
Foi un amplo traballo no que mixturaron a búsqueda e tratamento da información coa utilización
das TICs, cun resultado verdadeiramente maravilloso.

Aquí vos deixamos os códigos QR de cada unha das mulleres. A que esperades para velos?

Frida Kahlo
Anna Frank
Helen Keller
Malala
Mª Victoria Moreno
Marie Curie
Rosalía de Castro

Coco Chanel



Vale!!! Se non tes lector de QR deixo aquí os vídeos!!




  


 




 


 




 



E así foi como traballaron para conseguir facer este traballo tan, tan chulo!!






TRABALLANDO SOBRE A MULLER TRABALLADORA by Slidely Slideshow

domingo

CONSTRUÍNDO OS NOSOS PROPIOS PANEIS PARA OS ESCORNABOTS

Como actividade polo Día da Muller Traballadora en 5º emprenderon o desafío de elaborar un panel para os escornabots con esta temática.
Escolleron tres escritoras galegas que foron homenaxeadas polo Día das Letras Galegas, títulos das súas obras e ano no que foron homenaxeadas e construíron este panel que logo propuxeron a outros alumnos e alumnas.
Tanto o alumnado que elaborou o panel como o que o resolveu tivo que buscar a información precisa para ser quen de realizar axeitadamente a súa tarefa.
Foi unha actividade divertida e moi motivadora.