sábado

DÍA DO LIBRO 2024

 Este día foi moi especial no noso cole.

Reunímonos tod@s na biblioteca para asistir á presentación do libro "Mirando o Guernica" que foi elaborado a man pola profe Carmen con información coa que traballamos con motivo do Día da Paz 2024 e ampliándoa con dúas seccións novas.

Aquí tedes un pequeno vídeo deste momento.




No libro, ademais das figuras do Guernica e información sobre cada unha delas, tamén se vai dando información páxina a páxina da historia e curiosidades do cadro. 
En cada páxina se engade unha viñeta de diferentes humoristas gráficos que utilizaron e utilizan as figuras do cadro como símbolo de denuncia de situacións diferentes e sobre todo das guerras que por desgracia seguen a estar presentes na humanidade.
Tamén inclúe unha breve información sobre cada un dos viñetistas escollidos.
Na páxina da pomba ferida se explica a relación de Picasso coa pomba da paz como símbolo e amosa unha serie de pombas por el deseñadas ao longo do tempo.
Completa o libro un prólogo que o xustifica acompañado dun debuxo do bombardeo feito a man e un agasallo final en forma de poema sobre a flor do Guernica.
Unha marabilla de libro que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
Aquí vos deixamos un vçideo do libro.

.


E despois da presentación rematamos a xornada compartindo lecturas na biblioteca e facéndonos fotos no escenario preparado para tal fin coas que faremos unha exposición nos taboleiros da entrada do cole.












Tamén temos preparado outro escenario de fotos pero aínda non nos deu tempo a sacalas, pero xe vos informamos que será moi, moi, moi, especial.
Estade atent@s que axiña publicaremos!

luns

IMOS FACER UNHA PELI

 A actividade "estrela" do proxecto anual "Coidadiño: xente medrando! é a de realizar unha película coa participación de toda a comunidade educativa.

a película recollerá a canción creada por nós durante a pandemia "Canción para ben lavarse as mans". Trátase dunha canción que indica os pasos a seguir para un bo lavado de mans e dura o tempo necesario para un lavado correcto e que habitualmente a cantamos acompañándoa cos xestos correspondentes.

O alumnado de E. Infantil e de 1º e 2º de E. Primaria serán os actores e actrices da peli, o alumnado de 3º e 4º de Priamria serán directrores e directoras así como cámaras e o alumnado de 5º e 6º montarán o vídeo final.

O son da película será a canción cantada por toda a comunidade educativa e desta maneira crearemos un documento audiovisual de interese para unha boa hixiene.

En 3º e 4º estiveron traballando sobre o "abc" do cine.  Planos, encuadre, movementos de cámara, inclinación da cámara, guión gráfico...

Con todo o aprendido prepararon unha presentación para expoñelo ante o resto do cole.

E así foi o momento.




Como os nervos do directo impediron que o fixeran coa mesma profesionalidade que durante os ensaios seguramente grabaremos un vídeo coa presentación en solitario.

Se queredes ver as diapositivas que utilizaron mirade o seguinte documento.


venres

VISITA Á CASA-MUSEO PICASSO DE A CORUÑA

 Para completar o traballo que sobre Picasso e o Guernica fixemos no cole solicitamos unha visita á Casa-Museo de Picasso na Coruña.

Foi unha saída de todo o centro pois ás actividades a realizar ían ser adaptadas polo persoal que traballa alí.

Dividiron ao alumnado en 2 grupos, un de E. Infantil ata 3º de E. Primaria e outro dende 4º a 6º. As actividades foron alternas, así mentres un grupo realizaba un obradoiro manual, outro realizaba a visita e as actividades propostas para gañar as raias da camiseta de Picasso e podelo completar, e na seguinte ronda intercambiaban a actividade.

Aquí vos deixamos un vídeo deste día onde tod@s disfrutaron moitísimo e aprenderon un pouco máis.