venres

A HORA DO CONTO. DEREITOS DO NENO

E ademáis da participación no Pleno Infantil do Concello de Mugardos e de acordo co dereito escollido para este acto, Carmen de 5º preparou a lectura do relato "O voo das bobloretas" de Agustin Fernández Paz, extraído do libro "Os dereitos da Infancia" da editorial Xerais.



O equipo de biblioteca preparou un Power Point que acompañou con ilustracións e fotografías a lectura a fin de facilitar a súa comprensión.








Foi un relato moi fermoso que Carmen fixo especial.
Grazas Carmen!!!




PLENO INFANTIL. DEREITOS DO NENO



A proposta do Concello 3º e 4º de E. Primaria participaron nun Pleno Infantil.
Escolléronse 4 representantes (2 por curso) así como unha escolma de preguntas que facer aos representantes dos outros centros educativos participantes (CEIP. Unión Mugardesa e Colegio Loyola)en relación ao principio nº 7 que di:

O neno ten dereito a recibir educación, que será gratuíta e obrigatoria, cando menos nas etapas elementais. Daráselle unha educación que favoreza a súa cultura xeral e lle permita, en condicións de igualdade de oportunidades, desenvolver as súas aptitudes e o seu xuicio individual, o seu sentido da responsabilidade moral e social, e chegar a ser membro útil da sociedade.
O interés superior do neno debe ser o principio reitor de quen ten a responsabilidade da súa educación e orientación; dita responsabilidade incumbe, en primeiro termo aos seus pais.
O neno debe disfrutar plenamente de xogos e recreacións, os que deben estar orientados cara aos fins perseguidos pola educación; a sociedade e as autoridades públicas esforzaranse por promover o goce deste dereito.


Tamén levaban as súas propias propostas para o Governo Mucicipal.

Tanto as preguntas coma as propostas foron escollidas democraticamente polo alumnado destes cursos entre todas as aportadas.

Foi unha agradable experiencia que aproximou ao alumnado ao funcionamento das institucións democráticas.



Os noso poñentes


Todos os participantes





mércores

SATÉLITES

Todo isto pasou por traballar en 5º o tema do Universo.
Tema fascinante, como sabedes, que motivou todo tipo de consultas e moita curiosidade e houbo que documentarse axeitadamente!!
Os satélites artificiais espertaron moito interés, e pouco a pouco o alumnado foi ideando e construíndo o seu propio deseño.

E aquí tedes o resultado!

Verdadeiros enxeñeiros!



PROXECTO SATÉLITE by Slidely Slideshow

sábado

XORNADA DE SOFTWARE E CULTURA LIBRE MUGARDOS 2016

O 19 de novembro, de 10:30 a 19:30, terá lugar a Xornada de software e cultura libre organizada pola Asociación e comunidade O Zulo en colaboración co Concello de Mugardos.

É unha actividade gratuíta que ten como obxectivo "achegar a tecnoloxía a tódalas franxas de idades, dende os máis pequenos ata maiores. Radio, fotografía, electrónica e tecnoloxías web estarán presentes durante toda xornada en Mugardos."


 A partir dos 5 anos!!

Os menores de idade deber presentar unha autorización asinado polos pais ou representantes legais, que podedes descargar aquí.

Podedes presentar a autorización no Concello.

Clicando na imaxe podedes acceder a máis información sobre as xornadas:

 CLICA NA IMAXE


E para que vexades que podedes atopar nesta Xornada mirade este vídeo:









A que mola?
Animádevos!!!

MERENDA E XOGOS DO MAGOSTO

MERENDA E XOGOS DO MAGOSTO 2016 by Slidely Slideshow

SAMAÍN 2016. RELATO DE MEDO

Aquí vos deixamos o  vídeo co relato de medo que prepararon o profe Fran e a profe Pili.
E coma unha imaxe vale máis que mil palabras só vos dicimos que o vexades!!!



EXPOSICIÓN DE CABAZAS E TRABALLOS DO SAMAÍN 2016

Así de chula luciu a entrada do cole neste Magosto-Samaín 2016.
Un mural colectivo precioso, dirixido pola profe Majo, e unha exposición de cabazas asombrosa organizada por Pili. Ademáis un mural fantástico elaborado pola profe Rosa e o alumnado de 2º de Primaria. Todo un luxo.
Para poder recordalo aquí deixamos as fotos. Disfrutádeas!!!


EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO SAMAÍN by Slidely Slideshow

mércores

DÍA DA BIBLIOTECA

Para celebrar este día tan especial tivemos varias actividades diferentes.

O venres día 21 disfrutamos dun espectáculo de MAXIA na Biblioteca, por xentileza da ANPA, que causou sensación tanto no alumnado coma no profesorado.

O cartel xa o anunciaba: COMO A BIBLIOTECA É MÁXICA..... MAXIA NA BIBLIO!!!!




Colocamos o mobiliario para a ocasión e que así o Mago Benxamín tivese un escenario estupendo onde amosar toda a súa habilidade.



Poñeremos máis fotos!!!

E como o luns día 24 marcharon ao teatro o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º, aprazamos para o martes a lectura dun conto marabilloso. A profe Begoña foi a encargada da lectura.







E como final de festa entregamos un pequeno agasallo onde vos recordamos algunhas das normas da Guía de usuarios, e o texto do Pregón do ano 2013, de Laura Gallego (traducido ao galego por nós) porque pensamos que é un conto marabilloso para podelo ler unha e outra vez, sempre que queirades.










Pero tamén queremos que disfrutedes do cartel e o pregón deste ano. E por iso volo deixamos aquí.

O texto é de Ledicia Costas, escritora galega premio nacional de Literatura Infantil 2015, e a ilustración de Elena Odriozola,  premio Nacional de Ilustración en 2015. Todo un luxo!!!!

Non volo perdades!!!


Aquí vos deixamos o texo:


Una luciérnaga es una isla perdida en la noche más densa.

 Cien luciérnagas, una constelación misteriosa que marca el rumbo hacia otros universos. Así, con esa estrategia de luz, se organizan los libros que moran en las bibliotecas. Son caricias fosforescentes que incendian los sueños y recomponen los corazones grises hasta hacerlos recobrar su color rojo brillante. Cualquier individuo que padezca el síndrome del corazón gris, debería ponerse en manos de un experto y visitar una biblioteca.

Para escribir un libro, además de hacer malabarismos con las palabras hay que ser una desvergonzada o un loco. Un atrevido, una excéntrica descontrolada. Llevar un calcetín de lunares, otro de rayas y los pelos de punta. Una cresta como las que lucen las cacatúas sería un peinado muy interesante para un escritor. Solo las mentes más disparatadas son aptas para escribir libros. Pero para custodiarlas no es suficiente con tener un desajuste en los cables cerebrales. Es indispensable ser de fuera. Un extraterrestre. 

Las bibliotecas albergan seres con antenas giratorias, cerebros millométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. Las personas que custodian libros siempre me han parecido criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran y estiran hasta alcanzar aquel volumen al que parecía imposible acceder. A continuación, como si nada, se recomponen y todo vuelve a su posición natural. Parecen seres humanos, pero a poco que les observes percibirás que no son de aquí. 

Una de las cosas que más me fascina de los bibliotecarios es su cerebro. ¡Me parecen tan listos! Los libros fabrican pensamientos. Pasar tantas horas dentro de una factoría de ideas es bueno para tener un corazón rojo y brillante y una cabeza repleta de planes fantásticos.

Alguien me han contado que el 24 de octubre es el Día de la Biblioteca. Sería genial organizar una fiesta con confeti y pompas de jabón. Celebrarla por todo lo alto. Me encantaría vestirme para tal ocasión como el personaje de algún libro, sentarme en la mesa de una biblioteca de la ciudad donde vivo y esperar a que fueran a visitarme. 

En las bibliotecas puedes ser quien tú quieras. Desde Mary Poppins hasta Matilda, Atreyu, Drácula o incluso Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Puedes ponerte botas de pelo, plumas, zancos y sombreros. ¡Sombreros! ¡Eso es! Imagino a una pequeña lectora acercándose a mí discretamente, atraída por los colores y formas de mi sombrero:

—Sombrerera loca, ¡qué fiesta más maravillosa! ¿Sería tan amable de servirme una taza de té?

Yo se la serviría con mucho gusto, poniendo cara de mujer refinada, y luego ambas haríamos ruido al tragar. Sonaría algo parecido a glup glup glup. Y antes de que nos diese tiempo de romper a reír de forma desenfrenada, aparecería el bibliotecario, como surgido de la nada, que para eso poseen la facultad de materializarse delante de ti en el momento más inoportuno, y nos advertiría de que las bibliotecas no son merenderos. 

Hay que reconocer que son únicos custodiando tesoros. Extraterrestres con el corazón rojo y brillante. Qué cosa tan extraordinaria. 

¡Feliz Día de la Biblioteca!




martes

O PAPAGAIO. NOVO XORNAL PARA A XENTE MIÚDA!

Xa estabamos avisados e avisadas.
Un novo proxecto empezaba o seu camiño. Un xornal especialmente pensado e diseñado para os nenos e nenas, e nada máis e nada menos que da man de Abraham Carreiro que o dirixe, e destacados colaboradores que se encargan das diferentes seccións.
Abraham Carreiro visitounos hai uns anos e aprendeunos moitas cousas sobre o traballo dos ilustradores.
Se queredes recordalo clicade neste enlace.


A que ten boa pinta?





Vía : http://abrahamcarreiro.blogspot.com.es/


Pois no cole xa o temos!!!!

Recibiremos dous exemplares cada mes. Primeiro pasaran 15 días nas aulas de 5º e 6º e os outros 15 nas de 3º e 4º. Finalmente acabarán na biblioteca, nun lugar especial para que os poidades ler cantas veces querades.


Así de chula é a portada do número 1. 
Pero se non podes esperar a telo nas túas máns, podes ler este primeiro número clicando na foto.


POIS XA SABEDES! A DISFRUTAR DESTE NOVO XORNAL ESPECIALMENTE PENSADO PARA VÓS!.





NOVO LETREIRO NA PORTA

Mirade que chulo quedou o novo letreiro na entrada da biblioteca.
Non se merecía outra cousa este espazo que tanto nos gusta a todos e todas!

Precioso!!!!


venres

EMPEZAMOS!!!! E OS AXUDANTES DESTE ANO ESTÁN PREPARÁNDOSE

Axiña abriremos a biblioteca. E ademais de preparar os carnets e as tarxetas do novo alumnado os axudantes deste ano están preparándose a conciencia para atender a biblioteca durante os recreos.
A verdade é que están moi contentos co "novo cargo" e amosan moita profesionalidade no traballo.
Aquí vos deixamos unhas fotos da súa aprendizaxe.

GRAZAS CHICAS E CHICOS DE 6º!!!!!



AXUDANTES DE BIBLIOTECA 2016-2017 by Slidely Slideshow

luns

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. XUÑO 2016

Aquí vos deixamos algúns vídeos das diferentes actuacións das que disfrutamos no festival.

E. Infantil:





1º de E. Primaria:





2º de E. Primaria









3º de E. Primaria:





4º de E.Primaria:




5º de E. Primaria:





6º de E. Primaria:


RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Aínda que xa vos entregamos no cole estas recomendacións en formato papel, deixámovolas aquí para que as podades compartir .



mércores

APADRIÑAMENTO LECTOR. XUÑO 2016

Un ano máis levamos a cabo esta actividade que tanto nos gusta.
Nesta ocasión o alumnado de 3º a 6º de Primaria foron padriños e madriñas dos nenos e nenas de E. Infantil e de 1º e 2º de E. Primaria.
Días antes, na biblioteca, os padriños e madriñas escolleron un conto axeitado para o seu afillado ou afillada. Pero gardaron o segredo.
No día sinalado dirixíronse ás aulas para chamar aos seus apadriñados, que por fin souberon quen lles ía ler un conto.
Logo escolleron o lugar do cole que preferiron e compartiron o momento máxico da lectura.
O patio, os columpios, a biblioteca, os corredores, as aulas.....
Foi todo un espectáculo!!



domingo

POEMAS DE MANUEL MARÍA ILUSTRADOS

Por ter Manuel María, o autor homenaxeado neste ano polo Día das Letras Galegas, moitos poemas infantís publicados, non podiamos deixar pasar a ocasión e decidimos elaborar un libro ilustrando os seus poemas. Pero pareceunos moi interesante que un mesmo poema fose ilustrado por alumnos e alumnas de diferentes idades e así poder disfrutar da maneira de cada quen para reflectir o que sente na lectura.

E aquí tedes o resultado, nun libro que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca, na sección de Libros elaborados polo alumnado.

Grazas a todos e todas!!!


venres

TEATRO POLAS LETRAS GALEGAS

En 4º de Primaria, no "Obradoiro de teatro" que se imparte na hora de libre configuración do Centro, e baixo a dirección da profe Iria, prepararon así de ben a obra de Manuel María (autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas), "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".
Representárona na biblioteca durante a "Hora de ler" e foi todo un éxito, como podedes comprobar.
(Clicade nos enlaces anteriores para saber máis do autor e para ler a obra de teatro)

Parabéns aos artistas e á profe!!!




xoves

CONCERTO DE CELLOS NA BIBLIOTECA

O pasado 19 de maio tivemos o grande pracer de disfrutar dun concerto de Cellos na biblioteca.
Un cuarteto integrado por Emma Urango , profesora do conservatorio Xan Viaño de Ferrol, e as súas alumnas de 6º de Grado Profesional Eva Fernández, Iria Souto e Andrea Trillo, interpretaron 8 obras de diferntes épocas e estilos musicais. Eva Fernández foi alumna do noso Centro e é todo un pracer para nós vela tocar aquí.
Ademais de escoitar e ver tan de cerca unha interpretación en directo puidemos aprender máis cousas sobre o instrumento que utilizan.
Aquí vos deixamos os vídeos das diferentes pezas que interpretaron.


Suite VI de Bach




Suite VI de  Bach (continuación)




Sinfonía nº 9 de Beethoven




Danza Polaca de Bartok




Tango "Por una cabeza" de Gardel



 Banda sonora de Juego de Tronos




Banda sonora de La guerra de las galaxias




Viva la vida de Coldplay





Estaredes de acordo comigo que foi todo un luxo.

Por suposto firmaron no noso libro de visitas e recibiron un pequeno agasallo así como un diploma da biblioteca.

E aquí tedes algunha das imaxes que tomamos dese día.





mércores

FRAN É PROFE DE XADREZ!!!

Francisco, alumno de 6º, xoga moi ben ao xadrez. É un máquina!!!
Por iso a profe Luci propúxolle crear un obradoiro de xadrez no cole.
Fran ensinou a nenos e nenas do cole que así o querían os segredos deste xogo, Para iso utilizou moitos recreos (establecendo turnos por cursos) e tamén algún que outro momento.

Grazas MAERSTRO!!!








MARCAPÁXINAS DE AGASALLO POLO DÍA DO LIBRO

Mirade que chulos quedaron os marcapáxinas con que vos agasallamos o día do libro!!





En Educación Infantil regalamos outro dun fabuloso dragón. Sentímolo pero non temos fotografías do resultado final.


Se queredes facer máis, para ter outros ou para regalar a alguén non tedes máis que imprimir os que aquí vos deixamos!!!




martes

ESTAS CHICAS DE 2º TEÑEN MOITO CONTO

Como estas rapazas andaban a enredar cuns títeres de pau, a profe Merce deixoulles uns do conto de "Os tres porquiños". E non houbo máis que dicir.
Xuntábanse na biblioteca nos recreos e na clase nos tempos libres para escribir, aprender e interpretar o guión da súa versión deste conto.
Traballaron moito e alentadas pola súa profe Alejandra conseguiron este marabilloso resultado, que interpretaron para os seus compañeiros e nun segundo pase, na "Hora de ler" para os compañeiros e compañeiras de E. Infantil e 1º de Primaria.
Quedan convidadas a representalo para todos os nenos e nenas do cole, nunha outra sesión.


PARABÉNS!!!!!


luns

XENERAIS DA ULLA

Na entrada do cole temos unha exsposición do traballo colectivo de investigación que sobre os Xenerais da Ulla fixemos no cole á proposta do EDL.

Cada curso escolleu unha parte do traballo e libremente elaborou o seu propio mural para compartilo co resto.
Temos ata un goroo!!!

Para que o poidades ver aqueles que non podedes vir ao cole, e para os que queren lelo con calma elaboramos a seguinte presentación.


OS XENERAIS DA ULLA

More presentations from bibliofranza

O NOSO DICIONARIO

Aquí vos presemto "O noso dicionario". Actividade colectiva realizada no cole a proposta do edl do Centro.
Como di no prólogo:

"Hoxe en día temos moitos dicionarios, feitos se cadra con criterios máis modernos e rigorosos, pero a fonte principal deste é o alumnado de todo o colexio, que cada un expresou e debuxou o significado de cada unha das palabras que aparecen nel. Dándolle polo tanto a calada, alento, forma e maneira de cada un.

O dicionario edítase en tres tomos, un por cada trimestre, nos que aparecen palabras relacionadasxcoa temática que se traballou en cada un deles.


Que este dicionario poida ser dalgunha utilidade é o noso meirande desexo, ademais se for posible, de contribuir á promoción da lingua galega."



VISITA AO MUNCYT

Este ano o alumnado de Primaria visitou o MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Texnoloxía de A Coruña.
Xa nada máis chegar imporesionounos a súa arquitectura, e xa na entrada puidemos ver que nos gustaría.
Como non tiñamos moito tempo visitamos só algunha das moitas salas coas que conta. Aquelas que ademais conteñen elementos máis entendibles para nós.
-tamén tiñamos un tempo para un obradoiro. E mentres algúns fixeron un helicóptero de papel outros fixemos unha ra saltarina en papiroflexis.
Tamén tivemos tempo de merendar nun magnífico comedor cunha bonitas vistas.
Aquí vos deixamos unha presentación da visita,




VISITA AO MUNCYT (MUSEO NACIONAL DE CIENCIA Y TECNOLOXÍA) by Slidely Slideshow

E clicando na imaxe poderedes ver a presentación que fixeron na clase de 2º.


II XORNADA DE CONVIVENCIA NO CEIP. ELADIA MARIÑO

O 15 de maio visitamos o CEIP. Eladia Mariño de Cabanas, por segundo ano consecutivo.
Trátase dunha xornada de convivencia na que estreitamos lazos e compartimos actividades.
Todos os cursos realizaban as mesmas actividades con variación nos horarios para poder utilizar o pavillón de xeito rotatorio.
A primerira actividade era coñecer aos nenos e nenas do mesmo curso. Nas súas aulas tiñamos xogos de presetación e intercambio de cancións. Todos tiñamos preparada algunha canción con poemas de Manuel María.
Tamén nos invitaron a merendar (nas aulas ou no comedor se eramos moitos). Os maiores construíron uns murais "xemelgos" que levábamos coloreados do cole en anacos. Tivemos xogos deportivos e xogos musicais animados pola Guaga.
Clicade na imaxe para ver  en "Libroucho" (o blog da biblioteca do cole de Cabanas) un resumo da xornada.

 


E así o recolleron no blog "As libélulas de segundo" (Clica na imaxe)



A PROFE ROSA PRESENTA ASÍ O NOSO COLE

A profe Rosa fixo un fermoso vídeo de presentación do noso cole para unha páxina de internet que se chama "Colesamigos".
Déixovos aquí o vídeo elaborado por ela, pero non deixedes de visitar a páxina para coñecer outros coles da nosa contorna (Clicade no nome do enlace).

GRAZAS ROSA!!!!


O PODER DA LECTURA

Isto que estades a punto de ver ocurriu un día durante a "Hora de ler" na biblioteca.
Teo escolleu un conto que lle gustou e elexiu "o trono dos contos" para sentarse a ler.
Cando un se senta neste trono conta un conto aos outros. Así que iso é o que debía estar a facer Teo. Ou contalo para sí mesmo. Ou practicar por se algunha vez o conta....
En todo caso, e do que non cabe ningunha dúbida, é que estaba atrapado polo poder da lectura. Pola maxia das historias. Pola posibilidade de ser outros sen deixar de ser un mesmo. Pola inmensa aventura de inventar unha historia sen saber a onde nos levará...
E atrapado por ese poder, escapouse do mundo por uns momentos....




VISITA Á CASA DO MEL

Así de ben o pasaron os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria na súa visita á Casa do Mel. E ademais aprenderon moito sobre as abellas!
E sobre as vespas!!!!


A CASA DO MEL by Slidely Slideshow

domingo

NOVO XORNAL ESCOLAR!!!!

Da man do estudio Carreiro e o seu selo Edicións Moito Conto nace O Papagaio. Un xornal escolar mensual cunha achega de información axeitada aos máis pequenos.

O número 0 podedes lelo de balde no enlace (clica na foto).



O estudio Carreiro compóñenno Pepe Carreiro e Abraham Carreiro. Pai e fillo adicados ao diseño gráfico e á ilustración.

No cole tivemos a sorte de contar con Abraham Carreiro nunha sesión moi especial na que nos amosou o seu traballo e agasallounos cuns dibuxos moi especiais que aínda conservamos.
Se queres ver como foi aquel momento clica  na imaxe.




LIBROS ELECTRÓNICOS EN 5º

En 5º utilizan os libros electrónicos na "Hora de ler".
Nas primeiras sesión leron en grupo, para aprender a usar todas as súas características: cambio de tamaño de letra, cambio de libros de lectura, búsqueda de título, uso dos diccionarios....
Para iso atenderon ás explicacións e consultaron a guía de uso elaborada polo equipo da biblioteca.

A partir de ahí turnaranse para a súa utilización, lendo ás veces en parellas ou tríos.


HORA DE LER. EDICIÓN ESPECIAL DOS XOVES

“É fermoso ver a alguén que le para varios, ou a dous que len xuntos, tal vez do mesmo libro ou libros diferentes" (Darse a la lectura Ángel Gabilondo).

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º, e de xeito voluntario preparan lecturas que eles escollen ou lles son suxeridas para compartir a súa lectura cos alumnos de E. Infantil.
E se sobra tempo pois comparten outros momentos de lectura, dando lugar a vivencias moi, moi, moi especiais para tod@s.

Aquí tedes a proba...
Pero como había moitas imaxes e non queríamos que perdérades ningunha vai en dúas tandas.

Disfrutade!!!









E aquí vai a segunda!!



LECTURAS COMPARTIDAS by Slidely Slideshow
HORA DE LER EDICIÓN ESPECIAL DOS XOVES by Slidely Slideshow

SOÑARIO: UNHA "HORA DE LER" ESPECIAL.

Un bo día, 5º e 6º xuntáronse para ter unha sesión da "Hora de ler", e como a biblio estaba ocupada e nunha aula estabamos moi apretad@s... pois escollimos o patio cuberto....
O libro escollido para esta ocasión foi "Soñario" de Javier Sáez Castán, da Editorial Océano Travesía.

Trátase dun libro verdadeiramente especial, que permite facer innumerables lecturas diferentes, pois podemos combinar unhas páxinas con outras (para iso están partidas á metade) e crear novas palabras, a definición e o dibuxo desta nova palabra aparece coma por arte de maxia.

É un dicionario e á vez un "manual dos soños"..... Soñas cun "Dragón"?, soñas cunha "Ballena"? ou soñas cunha "Drallena"?... Pois neste libro poderás coñecer a definición de "Drallena" e a interpretación de soñar con este ser fantástico...





Fomos lendo por turnos cada un dos seres novos que aparecían ao azar ou por escollelo así cada quen.







Pasamos un moi bo rato e tamén pensamos que podiamos facer o noso propio "Soñario".... Xa vos contaremos se é que un día nos poñemos mans á obra!!!



E buscando en internet para escribir esta entrada descubrín que hai unha aplicación para Apple que ten unha moi boa pinta.

Aquí vos deixo o vídeo da aplicación!!







Mágoa dunha app para Android!!!!

TEATRIÑO IMPROVISADO

Que fai un cando ten unha marioneta?
Pois claro!... inventar unha historia e representala!.
E se pode ser cun teatriño, pois mellor!
E isto foi o que lle pasou a Miguel.
El quería o teatriño grande..., pero como estaba gardado.... pois aproveitamos o kamishibai.
Mirade que ben o pasou!!

TEATRIÑO NUN INSTANTE by Slidely Slideshow

RECREOS NA BIBLIO

Algunha vez durante o recreo tomamos fotos do que se "coce" na biblio.
E mirando as imaxes que estaban gardadas no ordenador pensamos que tiñamos que compartilas, porque son unha fermosa mostra do que os nenos e nenas fan na biblioteca. Dos seus gustos, afeccións e dos momentos especiais que este espazo do Centro proporciona.
Unha Biblioteca para VIVIR!!!


RECREOS NA BIBLIOTECA by Slidely Slideshow

sábado

RECITADO POÉTICO

Xuntámonos na biblioteca, na "Hora do conto", para escoitar a tod@s os que así o quixeron, recitar o poema escollido para o Libro da Poesía.

Levamos de agasallo un marcapáxinas e un tríptico con poemas de Manuel María.

Tod@s recitaron moi, moi, pero que moi ben.

Grazas!!!



Recitado poético by Slidely Slideshow


E así é o marcapáxinas:

venres

LIBRO COLECTIVO DE POEMAS

Con motivo do Día da Poesía pedimos ao alumnado que escribise un poema da súa elección nunha planilla deseñada especialmente. Podían ser poemas doutros autores ou ben inventados por eles mesmos.
Coma sempre, a nosa petición foi ben atendida polo alumnado e xuntámonos cunha bonita selección de poesía.
Quen voluntariamente así o desexe recitará o seu poema nunha sesión especial de a "Hora do conto" e agasalleromos ao alumnado cun tríptico de poemas de Manuel María.

Aquí tedes algunhas imaxes do libro:
 



luns

COPLAS POLAS LETRAS GALEGAS

Para que practiquedes as cancións dos poemas de Manuel María que compartiremos cos nenos e nenas do Eladia Mariño de Cabanas.
Perdoade as deficiencias das gravacións, xa que foron feitas de maneira moi caseira.
A disfrutar!!!!


CARACOL COL COL, CARACOL CARACOLEIRO
EDUCACIÓN INFANTIL

Poema de Manuel María musicado por Suso Vaamonde. Na clase traballamos coa versión cantada por María Manuela.







O ARCO DA VELLA.
1º E 2º DE PRIMARIA

Poema de Manuel María musicado pola profe Carmen para que o practiquedes con alegría.





O CARRO
3º E 4º DE PRIMARIA (1 voz)

Poema de Manuel María musicaado pola profe Carmen para que o practiquedes con alegría.


E se vos atrevedes intentádeo a dúas voces.

(2 voces)





ORACIÓN GALEGA A ROSALÍA
5º E 6º DE PRIMARIA

Poema de Manuel María musicado pola profe Carmen para que o practiquedes con fondo sentimento. Recordade que falamos de ROSALÍA!!!!!







domingo

¡AY! NO DÍA DO LIBRO

A edición especial da "Hora do Conto" deste día separouse en dúas sesións diferente.
Os maiores do cole, nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria estiveron na biblioteca escoitando o relato de Xurxo Gago, pai de Blanca, "O carballo máxico IV".
Os tres primeiros xa foron publicados neste blog por cortesía do autor:. Vos deixamos o enlace á entradas correspondente por se quereden recordalo.

"O carballo máxico I, II e III"

Na entrada deste ano podedes ver a reportaxe fotográfica que fixemos do momento:

Fotos


E o resto do alumnado escoitaron a fantástica lectura que fixo a profe Antía do conto ¡AY!

 CLICA NA IMAXE PARA VER UNHA RESEÑA DO LIBRO NA REVISTA BABAR


Ademais despois do conto pintaron na pista con xiz de cores conmemorando unha data tan especial.Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica desta outra sesión.





¡Ay! No Día do libro 2016 by Slidely Slideshow

PAIS E NAIS QUE CONTAN

Abril. Mes dos libros.
E un ano máis convidamos ás familias a que se acheguen á biblioteca para contarnos un conto.
Poden escoller o conto que queiran e contalo como queiran. Tamén poden pedir á biblioteca que lles preste ou suxira algún....
E sempre, sempre somos afortunados da xenerosidade de moitos pais e nais que queren e poden achegarse á escola para agasallarnos con momentos máxicos e especiais.
É un momento especial para o alumnado e o profesorado e sobre todo para os fillos e fillas destes pais e nais que comparten con nós un conto.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!

Aquí vos deixamos un álbum de cada visita, un pequeno vídeo e unha homenaxe en forma de "collage" fotográfico . Agardamos que vos gusten!



E AQUÍ VAI A HOMENAXE!


PAIS E NAIS QUE CONTAN by Slidely Slideshow

sábado

DÍA DA POESÍA

Este ano editaremos un libro colectivo de poemas.
Para iso editamos unha plantilla, que xunto cunha circular enviamos ás casas.
Pediamos nesta ocasión que se escribira un poema, ou fragmento. Aquel que cada quen preferise e que o trouxese de volta ao cole.
Cando as teñamos todas realizaremos un acto de recitado e agasallaremos a tod@s cun tríptico de poemas de Manuel María, autor que será homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas.
Xa vos contaremos



Esta foi a nosa planilla, aínda que a repartimos en branco e negro, para que así ademais puidera ser decorada ao gusto.






CADEA HUMANA NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano o Concello de Mugardos organizou unha cadea humana con todos os nenos e nenas dos Centros educativos do concello.
E nós participamos desta iniciativa.
Fomos ata Mugardos nun autobús e cunha gafas especiais para a ocasión. Colocámonos no lugar que se nos sinalou e dende o que observábamos o longa que era a cadea que formamos.
Un dron se encargou de filmarnos a todos e todas.
Aquí tedes unhas fotos do momento e máis abaixo o vídeo editado.


Cadea humana Mugardos (Día Internacional da Muller) from Vagalume Audiovisual on Vimeo.

Video da cadea humana levada a cabo en Mugardos con motivo do Día Internacional da Muller, organizada polo Concello de Mugardos.

Video realizado por Vagalume Audiovisual.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2016

Nesta data tivemos unha sesión especial de "A Hora do Conto".
Coma de costume reunímonos todas e todos na biblioteca, proxectamos as imaxes do conto na pantalla e a profe Carmen leu este conto escollido especialmente para a ocasión:
CENICIENTO, de Yanitzia Canetti e ilustrado por Teresa Herrero Rived, da Editorial Everest da colección "Había otra vez..."conto rimado, como todos os da colección que nos gustou moito e que reivindica unha verdadeira igualdade entre mulleres e homes.



SINOPSE
(A partir do conto orixinal "La Cenicienta") Había unha vez un mozo ao que todo o mundo chamaba Ceniciento porque sempre estaba sucio e polvorento. Pero é que limpaba chimeneas, cociñaba, lavaba a roupa, barría, fregaba toda a louza, cosía, pasaba o ferro á roupa, sabía de pintura , arreglaba tuberías e sacaba o lixo, pero, ademais, axudaba á xente…




venres

EDUCACIÓN VIAL COA ASOCIACIÓN PREDIF.

O pasado 20 de abril visitáronnos no cole membros da Asociación PREDIF.
Primeiro na biblioteca déronnos unha charla sobre educación vial. Sobre todo de que precaucións debemos tomar cando transitamos polas rúas e estradas, para evitar accidentes que nos poidan ocasionar consecuencias nefastas.
Tamén aprendimos como é o día a día de persoas con lesións medulares, e puidemos facer preguntas sobre o tema.
Apoiaron a súa charla nunha presetación na pantalla que á vez que informaba tamén servía para "examinarnos" sobre o aprendido.
Aprobamos todos e todas con moi boa nota. Por suposto.
Logo puidemos comprobar como se sente un cando vai en silla de rodas e tamén a axudar a alguén que vai nunha.
E aínda que o pasamos ben e parecía divertido (porque era coma un xogo e so un momentiño) a verdade é que pensabamos que non era tan divertido cando non podías baixar da silla e camiñar....
Tamén puidemos comprobar como se sube a un coche alguén en silla de rodas e que aparellos necesita, así como tamén como son os vehículos para transportar a persoas en sillas de rodas.

Gustounos moito a súa visita e despedímonos deles con bicos e abrazos.

ATA OUTRA!!!!


sábado

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2016

Este ano con motivo do Día da Muller o alumnado de 6º preparou un teatrillo do conto "Arturo y Clementina".
Elaboraron os títeres de pau e prepararon o Teatriño de guiñol do cole para a ocasión e narraron este conto aos compañeiros e compañeiras do cole.
MOITAS GRAZAS!!!!