martes

DESEÑO 3D PARA O DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar esta data pediuse ao alumnado de 5º e 6º que dibuxasen unha silueta dalgo relaccionado co libro co obxecto de imprimila na impresora 3D, .

Eses debuxos sufriron todas estas transformacións para poder ser impesos:

  1. Escaneados en formato .jpg
  2. Convertidos en arquivos .svg on-line.
  3. Cada imaxe en forma vector (.svg) foi importado a Tinkercad para redimensionalo e exportalo en arquivo .stl
  4. Introducidos no Software da nosa impresora para obter arquivos CODE e así poder imprimilos.
Estes catro procesos foron realizados polo alumnado de maneira que adquirisen competencias para o tratamento de arquivos para a impresión aditiva.

A impresión dos mesmos se fará un destes días. Prometemos amosarvos o resultado, cando ademais, se así o prefiren , poderán colorealos.

De momento observade algún dos deseños escollidos:







E así se ven cando os importamos a Tinkercad.





KAHOOT SOBRE A HORTA

 En 1º e 2º, con todo o que aprenderon este ano sobre a horta escolar xogaron un Kahoot que sobre o tema preparou a súa profe Marina.

Fixérono xenial!!








domingo

REVISAMOS AS TRAMPAS DE VELUTINAS

Reunímonos na entrada do cole onde Nathany explicounos cómo preparar líquido para renovar o das trampas que puxemos o outro día no cole.

Saímos e axudámoslle a revisar se collimos algunha e a repoñer o líquido se é preciso.













EXPERT@S XARDINEIR@S ENSÍNANOS A PLANTAR

 No IES de Mugardos teñen un Ciclo de Xardinería. A Orientadora do IES propuxo que saíran do centro a ensinar o que aprenden ao alumnado dos colexios do concello.

Así que puxéronse de acordo con Eva, profe de PT do noso cole, e viñeron a traballar cas nenas e nenos de E. Infantil e do 1º Cilo de Primaria.

A primeira parte da visita consistiu en contar en conto ao alumnado.

O libro escollido foi "Un árbol" de Rodrigo Mattioli para "Apila Ediciones", un precioso libro cun precioso texto e cunha marabillosa mensaxe.

Alina decidiu plantar unha árbore e todo comenzou a cambiar.

Ás veces unha pequena decisión é suficiente para transformar todo o que nos rodea.

(Extraído da páxina da editorial)

Encontramos en You Tube este vídeo, por se queredes coñecer a historia.












Despois do conto chegou a hora do xardín.
Traballamos moito e quedáronos unhas xardineiras preciosas. Tamén plantamos na horta!
Fixémonos moi amigos e antes de marchar do cole xogaron cos nenos e nenas no patio.

Mirade o vídeo coas fotos:

MOITAS GRAZAS POR ESA VISITA!!!!!


NAVEGA CON RUMBO.

Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo é unha iniciativa encamiñada a que o alumnado dos centros escolares de Galicia, naveguen con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet coas recomendacións que este plan ofrece.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia organizan este Plan dende hai xa varos anos (iniciouse no curso 2010-2011).

A pessar de ter recibido unha charla destas características a principio de curso dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos  decidimos solicitar tamén esta formación, xa que cremos moi necesaria unha ampla educación no uso da rede.

Un membro do Colexio Profesional de Enxenería en Informática de Galicia impartiu a charla na aula de 5º e 6º.






Para que non se nos esquenzan o maís importante do que aprendimos vos deixamos aquí os 1º "tips" extraídos da web do programa.

1. Protexerei a miña privacidade

Sempre empregarei un alcume e nunca intercambiarei datos persoais por Internet. Debo ser consciente de que calquera contido que suba a Internet estará dispoñible para moitísimas persoas.

2. Configurarei o meu perfil

Manterei o perfil privado nas redes sociais para evitar que descoñecidos accedan a miña información persoal.

3. Falarei co meu pai, nai e titores

Comentarei co meu pai, nai ou titores calquera situación que me incomode. Os riscos en liña son semellantes aos da vida real e podo atopar a alguén que me amole virtualmente.

4. Ignorarei o spam e outros

Non farei caso do spam, é dicir, non abrirei correos electrónicos nin documentos xuntos sospeitosos.

5. Non mercarei sen permiso

Non farei compras por Internet sen consultalo cos meus maiores.

6. Serei respectuoso

Gardarei respecto e educación nas formas e no xeito de expresarme a través de Internet. Se atopo un sitio no que está escrito “acceso prohibido a menores”, respectarei esa indicación.

7. Usarei contrasinais difíciles de adiviñar

Evitarei os contrasinais fáciles de adiviñar, como nome ou data de nacemento, e usarei maiúsculas, minúsculas, números e sinais.

8. Non me fiarei dos perfís

Non me fiarei dos descoñecidos cos que tome contacto a través de Internet e, por suposto, non me citarei con eles a través da Rede para quedar na vida real.

9. Coidarei o meu dispositivo (ordenador, portátil, móbil, tableta ….)

Empregarei sempre software actualizado e por medio de canles oficiais.

10. Recordarei que Internet ten memoria

Antes de publicar, pensarei dúas veces se o escrito é correcto, se fará dano, se se entende como eu penso…


RECOLLIDA SELECTIVA DO LIXO NO CONCELLO

 Dentro do Proxecto Anual "Planeta sostible, necesario e posible" en 1º e 2º de Primaria realizaron un magnífico traballo.

Realizaron unha saída pola contorna, acompañad@s do alumnado de E. Infantil que tamén colaboraron, preparados para recoller datos sobre os contenedores de recollida selectiva que atoparon pola ruta establecida.

E ata presenciaron en directo o vaciado dun contenedor no camión. (Segue despois das fotos)








Tiveron a sorte de que polo camiño convidáronnos a visitar unha pequena granxa da localidade. Logo chegaron ao parque de "A Regueira" onde tomaron a merenda e xogaron un tempiño.





                                                                       Merenda





Xogos









E xa de volta a clase tocou traballar cos datos recollidos. Mirade que xenialidade!