luns

SAÍMOS AO TEATROOOOOOOOO!

 Despois de tanto tempo sen facer saídas puidemos asistir co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ao Pazo da Cultura de Narón para asistir á representación da obra "Pinochio" a cargo da compañía "Teatro Ghazafelhos " grazas á 37º Mostra de Teatro Infantil que programa o Padroado da Cultura do Concello de Narón.

Había moito tempo que non saiamos de "excursión" e xa só o feito de ter que ir no autobús ata Narón foi unha festa.

Chegar ao Pazo da Cultura e entrar nas súas instalación xa impresionou a moit@s. ademais, coma por mor da pandemia asistiamos moi poucos espectadores tivemos a sorte de poder ver a representación dende as primiriñas filas do patio de butacas. 

A compañía Teatro dos Ghazafelhos é unha das nosas compañías teatrais preferidas e unha vez máis non nos decepcionaron. A posta en escea, o mobiliario versátil que con sinxelos movementos se transformaba segundo as necesidades do relato e o bo facer do seu elenco de artistas fixo as ledicias de tod@s.


Imaxes do edificio






Imaxes de nós no teatro








IMAXES DA REPRESENTACIÓN











E aquí vos deixamos o vídeo que en YouTube ten subido a compañía.


domingo

OS CONTOS DA BRUXA CHISPUM. CONTOS POLA IGUALDADE

A bruxa Chispum non é como nos contaron que eran as bruxas... é científica e narradora de contos igualitarios! Para iso inventa un teatro no que Brancaneves non queda cos ananiños por non repartir as tarefas da casa e Bella sabe que o amor da Besta non é verdadeiro, pois é posesivo. 

A Biblioteca Municipal de Mugardos promoveu esta actividade nos centros educativos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Constaría deen dúas sesións. Nunha primeira podiamos visionar o vídeo desta obra teatral interpretada por "Teatro Calavera" e nunha segunda disfrutaríamos de obradoiros de ciencia do máis divertido.

E así foi no noso cole. Participou o alumnado de E. Infantil e o de 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria.

O vídeo podedes volver a velo aquí:



En E. Infantil elaboraron unha plastilina moi especial misturando diferentes sustancias e en Primaria aprenderon sobre a densidade dos líquidos e cada nen@ levou o seu propio frasquiño de líquidos de cores.
Aquí tedes algunhas fotos :











xoves

O CHUVASQUEIRO DE AURORA. CONTO PARA O 25-N

 Coñeciamos este conto da Editorial Bellaterra que tan delicadamente e con moita sensibilidade trata o tema da violencia de xénero para traballar con nenas e nenos de todas as idades. Así que o escollimos para esta data.

(Captura de pantalla do PDF da editorial)

O EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) o traduxo á nosa lingua e repartiu o texto polas diferentes aulas para grabar un vídeo colectivo coa súa narración.



luns

PLANTAMOS ÁRBORES E PREPARAMOS O HORTO

 Así de fabulosa foi a xornada de coidado do horto e plantación de árbores que tivemos no cole o pasado 18 de novembro.

Colaborou todo o cole, dende @s máis pequen@s ata @s máis grandes. Traballamos duro pero a tarefa mereceu a pena.


DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS


Na páxina web de UNICEF ( significa Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, en Inglés United Nations Children's Fund) sinalan o seguinte:

"O 20 de novembro é un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecid@s, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento."

Celébrase este día porque foi precisamente un 20 de novembro cando(tras anos de negociacións) logrouse acadar o texto final da Convención sobre os Dereitos do neno, de obrigado cumprimento para os países que firmaron.

Esta Convención converteuse en lei no ano 1990 despois de que 20 países a firmaran (España entre eles). Hoxe en día a Convención foi aceptada por todos os países do mundo agás Estados Unidos.


Todos estos temas foron tratados nas diferentes aulas do centro e ademais elaboramos un cartel recollendo os 10 Dereitos Fundamentais das nenas e nenos do mundo.

Aquí tedes o resultado!




Son as mans do alumnado as que sinalan o número do dereito que en cada foto se explica.
O cadro preside a subida das escaleiras do cole e é unha marabillosa mostra artística reivindicativa.

Agardamos que chegue un día no que a non aplicación destes dereitos non teña que ser nunca máis denunciada!





xoves

A EDUCACIÓN CAMBIA A HISTORIA. DE EMIGRANTE A EMPRENDEDOR SOCIAL. UMAR OUSMAN

 Apuntámonos a esta proposta de A Fundación,Obra Social Abanca.

Unha conferencia de Umar Ousman, fundador da ONG NASCO Feeding Minds " creada para los hermanos africanos, negros, que lucha constantemente para dar a conocer la idea de que lo que hay que hacer es alimentar la mente, no las barrigas, tal como hasta ahora se ha implementado en todos los sectores de la ayuda humanitaria"

Nuestra misión es fomentar el acceso a la formación y la información de las personas en Ghana, África. En conclusión, alimentar mentes mediante el fomento de la educación digital cambiando el paradigma de la ayuda humanitaria.

NASCO se dedica a la creación de aulas informáticas en zonas rurales de Ghana, África, para fomentar el acceso a la información y a la formación mediante la educación digital. De esta manera, combatimos los problemas de la inmigración en el país de origen, creando oportunidades de desarrollo, para que ninguna persona tenga que atravesar por el infierno de la inmigración. 


Foi unha conferencia moi emocionante. Escoitarlle contar a súa historia de inmigración, na que empregou 4 anos, dende Ghana, o seu pañís de orixe ata España atravesando a pé o deserto do Sahara, cruzou o Mediterráneo en patera, viu morrer a amigos que o acompañaban e todo isto sen ser aínda maior de idade.

A súa historia de superación, pois sacou o bacharelato, estudiou 2 cursos de Grado de Química que tivo que abandoar porque non podía realizar as prácticas e traballar como mecánico de bicicletas ao mesmo tempo. Entón optou por estudar Relaciones Públicas e Márketing, acabou a carreira e curso un máster en ESADE en Dirección , gestión e Organización de ONGs.

Un home que sen dúbida non deixou a ninguén indiferente. Unha lección de vida.

Despois da conferencia tivo un tempo para responder ás preguntas do alumnado que estaba ao outro lado das pantallas. No noso cole estabamos co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.







sábado

CORRELINGUA 2021

O 20 de outubro comezaron as actividades do Correlingua 2021 baixo o lema “Inmunízate co galego” que tiveron como principal oferta oito concertos noutras tantas poboacións galegas comezando por A Coruña. Os concertos celebráronse polo sistema de aula burbulla para manter todas as garantías sanitarias, con aforos controlados e con retransmisión en liña. 


Coma outros anos houbo concursos de Vídeo, Banda Deseñada e Manifesto pola Lingua.

Os gañadores foron os seguintes:

VÍDEO

5º do CEIP de Figueroa. A Estrada“Os de Eva”.


BANDA DESEÑADA

Lambisqueiros. 5º CEIP A Xunqueira 2. Pontevedra.“O mundo poligonal”.



MANIFESTO

Latricáns. 1º ESO IES Muralla Romana. Lugo. “Inmunízate co galego”.



No cole decidimos disfrutar do concerto en liña do 3 de novembro en A Estrada con Fran Rei e "Música Miúda" así que nos conectamos en directo. Iso si, cadaquen na súa aula! Que aínda non estamos para xuntarnos na biblio!
Pero tamén podedes volver disfrutalo no vídeo que vos deixamos aquí:




E así de ben o pasamos!












venres