venres

XINCANA POLA IGUALDADE.

 Queriamos ofrecer unha actividade para todo o alumnado que de xeito lúdico (pero non por iso menos eficaz, ben ao contrario) afondase na educación en igualdade. Pretendiamos que fose máis preto do Día da Muller pero problemas de axenda o impediron. De todos os xeitos é un tema a traballar todos e cada un dos días do ano, así que non tivemos ningún problema en pospoñelo.

Aí que con axuda da ANPA (a quen lle agradecemos moito o seu apoio constante) trouxemos ao equipo de Dinamo Xestión de Actividades Socioculturales que organizan esta e outras actividades educativas.


sábado

JARA ORTIZ. LÚA TRIANGULAR. CONTOS POLA IGUALDADE

 Con motivo do Día Internacional da Muller convidamos a Jara Ortiz a ofrecernos o seu espectáculo na biblioteca.

Tod@s con mascarillas, separados por grupos burbulla e con toda a biblio aireada disfrutamos moito desta actución na que participamos con alegría.

Canto tempo sen xuntarnos na biblio!!! Xa nos tardaba!!!

Mirade que ben o pasamos.


martes

MULLERES QUE PINTAN MULLERES

 Seguindo co proxecto anual "Isto pinta ben" que como xa sabedes trata sobre a pintura galega e as súas pintoras e pintores, polo 8 de marzo, Dia da Muller Traballadora, quixemos poñer o foco en pintoras galegas e as figuras femeninas nos seus cadros.

Para iso preparouse a seguinte actividade que nos leva a coñecer máis e mellor a pintura galega e arte da pintura en xeral.

Disfrutádea!













venres

PERSONAXES DO ENTROIDO GALEGO

 En 3º e 4º de Primaria traballaron sobre personaxes do Entroido en Galicia.

Consultando nos fondos da biblioteca e na Internet elaboraron cadanseu pequeno traballo documental que ademais conta cunha presentación artística e espectacular.

Bravo por el@s e pola súa profe Bego!!