venres

XINCANA POLA IGUALDADE.

 Queriamos ofrecer unha actividade para todo o alumnado que de xeito lúdico (pero non por iso menos eficaz, ben ao contrario) afondase na educación en igualdade. Pretendiamos que fose máis preto do Día da Muller pero problemas de axenda o impediron. De todos os xeitos é un tema a traballar todos e cada un dos días do ano, así que non tivemos ningún problema en pospoñelo.

Aí que con axuda da ANPA (a quen lle agradecemos moito o seu apoio constante) trouxemos ao equipo de Dinamo Xestión de Actividades Socioculturales que organizan esta e outras actividades educativas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario