mércores

25-N. LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.


Así comenza o título que escollimos para celebrar unha sesión especial de lecturas na biblioteca, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

"As mulleres que cultivaban néboas", de Bea Gregores e editado por Edicións Xerais é o primeiro álbum ilustrado que esta autora asina por completo (texto e ilustracións).

Cando o trouxemos para a nosa biblioteca xa sabiamos que era fime candidato a unha sesión de lectura colectiva, aínda que determinamos que se ofertaría ao alumnado de 3º a 6º de educación primaria.

Foi unha fermosa sesión na que deu tempo a unha lectura comentada, tanto do texto como das ilustracións e na que o alumnado entendeu perfectamente a mensaxe e disfrutou da súa marcada dimensión metafórica.

Fermoso momento e triste motivo.









25 DE NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No noso cole estamos desexando deixar de celebrar este día. Isto querería dicir que xa non é necesario, que non se exerce ningún tipo de violencia sobre as mulleres só polo feito de selo. Ningúntipo de violencia, repetimos. Ningún.

Pero a verdade é que o seguimos a celebrar. Se é que hai algo que celebrar. Preferimos dicir que seguimos a educar todos e cada un dos días do curso (e do ano) para que se acabe dunha vez o 25 de novembro, e que nesta data amosamos o noso enoxo porque aínda temos que seguir a recordalo. 

E o seguiremos facendo mentras sexa necesario. Unha e outra vez. Incansables.

Participamos coa iniciativa do Concello de Mugardos "Camiño ao respecto".

Un autobús recolleunos no cole e trasladounos ao Pavillón do Cristo de Mugardos, para dende alí, e xunto co alumnado do CEIP. Unión Mugardesa e o IES. de Mugardos trasladarnos a pé ata a praza do Concello onde, xunto ao alumnado do Colexio Loyola e a veciñanza que quisexe participar, terían lugar os actos institucuionais: Lectura do Manifesto (que non dfomos capaces de atopalo nas redes), minuto de silenzo e solta de globos, un por cada muller asasiñada por esta causa no 2022 en España.

Nesta andaina levariamos uns panos proporcionados polo Concello.











































luns

NON DEIXES QUE SE APAGUE A TÚA CREATIVIDADE

 Este é o título da charla por streaming de Patricia García á que asistiu o alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria o pasad 17 de novembro a través da oferta educativa de Afundación.

Patricia García, finalista dos premios Educa ABANCA 2021, falounos da súa particular forma de achegar coñecemento ao alumnado a través da creatividade.


 Segundo a definición máis habitual, a creatividade é a capacidade de creación. Refírese á posibilidade de innovar con orixinais ideas ou conceptos. Orixinalidade, inventiva e innovación. A creatividade é íntima amiga da imaxinación, trátase de xerar algo novo. Pero para todo isto debemos ofrecerlle aos nosos nenos e nenas a oportunidade de facelo, darlle tempo e espazo real para imaxinar.

(Extraído da páxina de Afundación)


mércores

REXEITAMOS A VIOLENCIA DE XÉNERO

 A 3º charla que solicitou o centro dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos foi a que trata sobre a violencia de xénero.

Os puntos básicos da charla foron:

As relacións sanas baséanse na confianza. Respecta a liberdade da túa parexa.

Non aceptes o control e os ciumes. Poden ser o comezo dunha relación de maltrato.

Rompe con este tipo de ralacións. Se che resulta difícil pide axuda.




martes

RECIBIMOS UNHA MALETA NATURALISTA!

 Dentro do programa de CEIDA que temos posto en marcha no cole, ademais da charla que tivemos o outro día (sobre as Fragas do Eume) e a saída que faremos máis adiante, tame´n se trae á escola unha maleta cheíña de libros relacionados co tema, para que melloremos a nosa formación sobre a natureza.


Clicade na imaxe para saber máis


Estes e outros libros procedentes dos fondos da biblioteca escolar nos serviron na búsqueda de información e para aprender máis sobre o Medio Natural.

Aquí vos deixamos unha relación do contido da maleta recibida.