martes

PULPI POLA IGUALDADE

 Isto que ides ver é un proxecto que xa está moi avanzado e que ten só é necesario poñerse mans á obra.

Sabedes que na fachada do cole o curso pasado Leando Lamas (pintor, ilustrador, actor e director teatral da nosa contorna) deseñou un mural pola igualdade que encheron de cor as nenas e nenos do cole.


Pensamos que a parede que queda baixo as ventás da biblioteca podía acoller a Pulpi, seguindo a esas mozas tan estupendas do mural de Leandro.

Así que puxémonos mans á obra, e despois de fotos diversas e varios ensaios fomos obtendo o desexado.

Pero como ademais Pulpi é o "Rei dos libros" pensamos que estes non podían faltar no deseño. Así que Pulpi aparece con libros máxicos coma os da nosa biblio, que se van convertendo nas mariposas que acompañan ás nosas rapazas.

A idea é esta, máis ou menos.








O que vedes é unha montaxe fotográfica. Agora só resta pintar a Pulpi na parede e enchelo de cor!


Qué vos parece?

domingo

ENTÉRATE!

 Promovida pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Mugardos para a celebración do Día da Muller levouse a cobo no cole esta actividade.

O Concello de Mugardos puxo en marcha esta campaña de sensibilización á cidadanía mugardesa co obxectivo de educar e concienciar en materia de educación afectivo sexual, relación sans de parella, violencias de xénero e violencias sexuais partindo do protagonismo das súas rapazas e rapaces que actúan como axentes reais de cambio.

Logo de desenvolver diversos obradoiros nos centros educativos do concello, o alumnado saiu ás rúas para sensibilizar ao comercio, ás empresas locais  e á cidadanía sobre a prevención e identificación da violencia de xénero. 

A imaxe da campaña son 4 cartaces deseñados polo alumnado, nos que figuran os valores da igualdade e os teléfonos aos que se pode acudir para denunciar ou solicitar información sobre violencia de xénero, ciberseguridade, violencia contra a infancia, e Diversidade sexual (LGTBI).

Esta campaña publicitaria enmárcase dentro da programación de prevención da violencia de xénero financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. e foi realizada integramente polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO dos centros de ensino mugardeses. 

O noso alumnado de 5º e 6º recibiu dúas sesións de obradoiros nos que ademais deseñaron carteis que o pasado 27 de maio pegaron polos comercios e tendas da contorna.











sábado

COÑECER GALICIA XOGANDO

 En Ciencias Sociais de 6º aprenden os contidos da materia a través de traballos de todo tipo. Para aprender máis sobre Galicia e dun xeito lúdico idearon o seguinte xogo.




Se queredes xogar co voso propio xogo non tedes máis que poñeros en contacto co cole e se compartirán os materiais baixo a seguinte licenza que les mesmo tamébn redactaron.






mércores

XOGOS MATEMÁTICOS. DA BIBLIOTECA ÁS AULAS

 Moitos dos xogos da biblioteda son levados ás aulas para complementar o traballo e afianzar o currículo.

Así traballaron en 3º e 4º cos xogos matemáticos e STEAM da biblio.


luns

ROBÓTICA PARA TOD@S

 A profe Ana, encargada das TICs no cole e unha "crac" coa robótica encargouse de impartir sesións de robótica e ciencia nos diferentes cursos do cole. Ademais como materia de libre configuración imparte robótica en 6º.

Con materiais propios e outros en préstamo apolo CEF de Ferrol as nenas e nenos disfrutaron moito con esta activdade,

Aquí vos deixamos algúns momentos´



E en 1º e 2º tamén teñen sesión de experimentos!


domingo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 NO COLE

 Esta semana das Letras Galegas cada clase/aula realizou deiversas actividades das propostas polo Seminario Galán xa que son moitas, variadas e fáciles de adaptar ás nosas aulas. 

En E. Infantil tralo visionado dun vídeo de YouTube colorearon dibuxos propostos polo Seminario Galán.

En 1º e 2º  as actividades de busca de información nos carteis da exposición propostas na Guía Didáctica dos carteis gañadores.

3º e 4º. Traballaron tamén co material do Seminario Galán e fixeron unha busca nos cartesi da exposición con preguntas prantexadas pola profe.

En 5º tamén escolleron as actividade propostas polo Seminario Galán e ademais aprenderon o Himno Galego.

Queredes ascoital@s? Clicade na imaxe!




E así de bonito foi ver ao alumnado traballando polos corredores!!









martes

APRENDEMOS A LER FOLLETOS E MAPAS

A biblioteca propuxo aprender a ler e interpretar todo tipo de textos, de maneira que en 2º de E. Primaria escolleron un folleto do Oceanográfic de Valencia.


Cada alumna e cada alumno contaba cunha fotocopia tamaño A3 para a súa lectura e comprensión.

Durante unha primeira sesión traballaron sobre o folleto interpretando cada un dos símbolos e todas e cada unha das sinalizacións da "lenda" do folleto.

Ademais situaron cada espazo no mapa e inventaros rutas que lles gustaría seguir segundo os seus propios intereses.

Nunha segunda sesión, e co folleto diante fixeron unha visita virtual a través da web do Oceanográfic coa que comprenderon ademais como están agrupados os animais no parque.

Para completar o traballo decidiron inventar unha excursión na que visitarían co cole o parque.

A redacción foi a mesma para cada alumno e alumna xa que se fixo de xeito colectivo. A profesora ía escribíndoa nun word proxectado na pizarra o texto que entro tod@s ían creando e perfeccionando e o alumnado copiaba o texto en folios que posteriormente pegaron detrás do plano.

Ademais fixeron cadanseu dibuxo e tamén o pegaron pola parte traseira.

Así quedaron os seus traballos





Sentíronse moi orgullosas e orgullosos de sí mesm@s, xa que nunca tiñan escrito un texto tan longo e máis sendo de creaci´´on propia. Líano unha e outra vez xa que lles gustaba escoitar o resultado dun texto propio.
De maneira que o expuxeron ante o alumnado de 1º.
Primeiro explicáronlles como fixeran a actividade e logo repartiron a lectura do texto .






Fixéronno tan ben e sentíronse tan importantes e seguros que pensan repetir a exposición para tod@s na biblioteca do cole. Xa vos iremos contando!


domingo

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Xa sabedes que temos nos corredores os carteis para Primaria gañadores do concurso-exposición das Letras Galegas 2022, que foron feito no CEIP. Plurilíngüe Virxe do Camiño de Rubiá (Ourense) e que recollen a información básica sobre a súa vida e obra. 

Pois ademais diso vos deixamos por aquí algúns sitios onde podedes obter máis información sobre FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN homenaxeado deste ano.


PRIMAVERA DAS LETRAS. REAL  ACADEMIA GALEGA

Clica na imaxe

O PORTAL DA LINGUA GALEGA

Clica na imaxe

AS LETRAS DE FLORENCIO DELGADO

Clica na imaxe

SEMINARIO GALÁN
Clica na imaxe



Nestas páxinas atoparedes moitísima información sobre Florencio así como proposta de actividades e unidades didácticas para os diferentes cursos.

E si ademais pásavos coma a Pulpi que gusta moito de cantar os poemas, deixámosvos aquí esta versión do seu poema "Aí vén o maio" do CEIP. do Carballal de Marín a quen dende aquí agradecémoslle que compartan este traballo. Hai outras versións na rede pero Pulpi escolleu esta!



sábado

MAIOS 2022

 Un ano máis celebramos Os Maios como é debido.

Grazas á Asociación cultural Apelón, do noso concello puidemos disfrutar unha vez máis desta festa, xa que eles encárganse de proporcionarnos os maios para que nós os adornemos e tamén de acompañarnos co grupo de gaitas Trouleada en directo.

Pola nosa parte adornamos os maios con flores que cada nena e cada neno aporta, cantámoslles unha copla que elaboramos entre tod@s nas diferentes aulas e conservando a melodía, métrica e estructura dos maios típicos de Ourense e tamén lles bailamos utilizando na danza paus, fitas, arcos e moita, moita, moita arte.

O podedes ver nos seguintes vídeos.


ADORNAMOS OS MAIOS



CANTAMOS A NOSA COPLA


BAILAMOS AOS MAIOS

mércores

O PODER DA ILUSTRACIÓN. APRENDENDO A LER IMAXES

 Na área de Valores Sociais e Cívicos de 5º e 6º de Primaria traballamos sobre o poder da ilustración como expresión que combina a arte e a mensaxe.

Seleccionamos unha serie de imaxes de ilustracións de denuncia social e traballamos con elas nas clases, interpretando o seu significado e favorecendo a expresión oral e o espíritu crítico así como un maior coñecemento da nosa realidade social.

Estas foron as imaxes coas que traballamos:


Despois cada alumn@ debería escoller unha delas para realizar un traballo escrito sobre a imaxe baseándose nunha ficha que deberían cubrir en primeiro lugar:

Unha vez cuberta a ficha deberían escribir no ordenador unha redacción sobre a imaxe.  Para iso, ademais debería facer unha busca por imaxe en Internet para atopar á autora ou autor da ilustración correspondente e así acreditalo no seu traballo.
Coas diferentes redaccións e as diferentes imaxes estamos a editar un libro colectivo que paseará a formar parte dos fondos da biblioteca e agardamos chegue a todo o alumnado do cole.


martes

A MAXIA DOS LIBROS

 Chegaron libros novos á biblio e abriron as caixas en 1º e 2º de E. Primaria e libremente disfrutaron deles.

Había un libro de "Rochas e minerais" que xa sabiamos que ía a ser moi ben recibido por Darío xa que sempre na biblio pregunta por libros desa temática. E non nos equivocamos.

Pero lle gustou tanto, tanto, tanto que non soubo que outros libros había nas caixas!!

Ademais foi quen de contaxiar o seu entusiasmo ou cando menos espertar a curiosidade de outros ao velo tan contento e concentrado sempre no mesmo libro.

Outros inventaros xogos con eles. Outros atoparon libros de mates que escolleron para compartir a lectura e os retos. Outros repartiron e compartiron a lectura e outros inventaban rituais para ler: "TocToc! Quen hai? e pasaban a páxina...

Foi un pracer para eles e para as profes (que tamén quedaron "enganchadas" con algúns títulos....! Pero o mellor foi compartir con elas e eles estes momentos.